15 de mar. de 2011

15 DE MARZO DO 2011

O PSOE DE CAMBADOS EN MAIO DE CUMPREANOS.
O próximo 12 de maio cúmprense 80 anos da fundación do PSOE de Cambados. Por iso o partido está a preparar unha serie de actos cos que festexar tan sinalada data. O máis destacado será a publicación dun libro que recollerá a historia desta formación.
Os socialistas pediron o apoio de amigos e veciños para colaborar con esta iniciativa. Queren que todo o que teña no seu poder fotografías, documentos ou actas fágallos chegar, para que poidan formar parte da publicación. «Este partido ten unha longa traxectoria e fortaleza, xa que foi a agrupación máis numerosa», explica o portavoz do PSOE, Domingo Tabuyo.
Cea de campaña
Doutra banda, a formación organiza o próximo 1 de abril unha cea baile en Martín Códax para dar inicio á campaña electoral. Os interesados en asistir poden reservar no teléfono 676 069 088.

ROI CASAL EN CONCERTO
“Maxicamente Vello” chega este venres a Vilagarcía de Arousa este venres 18 de marzo as 21 horas no Audotirio Municipal. Este concerto está incluído dentro dunha xira de 15 concertos na que se está presentar o novo traballo discográfico de Roi Casal. Máis info. sobre a xira en www.roicasal.com
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO.
Maxicamente vello é o título do novo disco en solitario de Roi Casal, un conxunto de cancións coas que Roi consolídase como un dos referentes da música feita en Galicia. Coa sonoridade característica que lle confire a arpa, a zanfona ou o bouzouki, Maxicamente vello é un disco que mira cara a tradición dende a modernidade, dando como resultado un traballo maduro repleto de matices e no que participa o grupo habitual dos directos de Roi nos dous últimos anos.
Roy Casal naceu en 1980, é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo, xa que dende os 14 anos toca a arpa céltica, a zanfona, o piano e o bouzoki. Formado na arpa céltica co reputado Mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro, o grupo máis internacional da música galega, no ano 2000.
Tras case unha década de carreira co grupo na que grava seis discos, no ano 2008 inicia a súa carreira en solitario coa publicación de Lendas Douradas, un dos discos máis vendidos durante o ano 2009 en Galicia. Composto por doce cancións, neste traballo fusionábanse a música tradicional e a modernidade dunha forma natural e harmónica.

UN BOLETO SELADO EN CAMBADOS OBTÉN O ÚNICO PLENO AO QUINCE
Unha quiniela selada en Cambados obtivo o único pleno ao quince en ultímaa xornada de liga, polo que o seu posuidor cobrará algo máis dun millón e medio de euros, segundo informaron fontes de Apostas do Estado.
A xornada completouse onte á noite co partido Xetafe-Athletic de Bilbao, e o posuidor do boleto, do que se descoñece a súa identidade, puxera unha X nese encontro.

“ACHEGARTE” UNHA FESTA ARREDOR DA CREACIÓN CULTURAL
O partido finalizaba coa vitoria do Xetafe, pero no tempo de desconto Urko conseguiu o gol do empate.
Como é posíbel que saibas xa, o 2 e o 3 de abril de 2011 terá lugar na Coruña Achegarte, a cultura que queremos; unha festa arredor da creación cultural especialmente enfocada este ano cara ao público infantil e xuvenil, entendendo como tal todo o que non vai dirixido exclusivamente ao público adulto.
“Achegarte” invitate a participar no Foro sobre o estado da cultura que terá lugar na rede durante todo este mes. Todas as ideas serán recollidas nun documento cuxas conclusións serán redactadas nunha mesa redonda durante o Achegarte para darlles forma de manifesto. Un foro, unha mesa redonda e un manifesto por cada unha das áreas temáticas -Literatura, Música, Artes escénicas, Audiovisual, Artes plásticas, Lingua e Organizacións culturais-. E finalmente publicaremos e difundiremos un documento conxunto sobre o estado da cultura e un vídeo coas lecturas dos 7 manifestos.
Podes participar pinchando nesta ligazón: http://achegarte.org/
Se ademais desexas inscribirte en Achegarte como creador/a, editora, libraría, asociación cultura ou outro tipo de organización, podes facelo premendo AQUI.

Ningún comentario: