Páginas

17 de mar. de 2011

17 DE MARZO DE 2011

Tres momentos da
gravación (Preme na
imaxe para vela ampliada)
ESA SI QUE É MUIÑADA!!
A produtora “Casa de Tolos” está a piques de rematar o espectacular disco de Treixadura "Esa si que é muiñada". O lanzamento será na vindeira primavera e probablemente en Cambados e virá cargado de emoción, non só polo propio quinteto e mailo Orfeón Treixadura, senón polas colaboracións: as catro corais lexendarias galegas e a Banda de Música do Rosal, con máis de 70 músicos.
TREIXADURA atópase mesturando ingredientes, sabores, amasando, peneirando, deixando fermentar e macerar o que será ESTA SI QUE É MUIÑADA, o seu vindeiro traballo discográfico.
Tivemos a sorte de escoitar un pequeño corte do novo disco e aseguramosvos que é espectácular e emocionante.



"O FUTURO ROUBADO", TERCEIRO LIBRO DAS AVENTURAS DE SHEILA E SAID DO CAMBADÉS DE ADOPCIÓN RAMÓN CARIDE
Reseña
Sheila e Said viven nesta ocasión a súa aventura máis arriscada. A súa amiga Irina visítalles no seu muíño e descobre que desapareceron misteriosamente. Que lles puido pasar? Said e Sheila viaxaron no tempo e teñen que enfrontarse a un poderoso grupo que, por intereses económicos, están dispostos a destruír unha importante zona de costa, sen importarlles as desfeitas ecolóxicas ou culturais que poden producirse.  
Ramón Caride naceu en 1957e vive dende fai moitos anos en Cambados. Licenciado en Bioloxía. Profesor de Ensino Secundario en Cambados. É colaborador de distintas publicacións literarias. Os seus primeiros libros foron os poemarios "Paisaxe de verde chuvia" (1986) e "Todo quanto há non mun...
Miguelanxo Prado Naceu na Coruña en 1958. Desde moi novo simultaneó o seu traballo como autor de cómic co de ilustrador e deseñador. É na actualidade un dos ilustradores galegos de máis proxección internacional.
Ficha técnica:
Autor: Ramón Caride; Ilustrador: Miguelanxo Prado ;Colección: SOPA DE LIBROS ;Idade: A partir de 10 anos ; Código Comercial: 1556149 ; ISBN: 978-84-667-9512-8 ; Prezo 7,90 €; Formato 13,2 x 20 cm. ; 200 páxinas ; Etapa Educación Primaria ; Ciclo 3er. ciclo ; Xénero Narrativa ; Temática , Ciencia ficción; Educación en valores :Amizade, amor, lealdade, Comprensión, tolerancia, xustiza (sentido de), autoestima, Valentía. ; Transversais : Ecoloxía e medio ambiente.
Podes lelo premendo AQUÍ.

“CHIÑO” ESPÓN A BENEFICIO DE ESPERANZA SALNÉS

"Chiño"

A sala do pazo de Torrado acollerá, a partir do venres, unha exposición benéfica. O pintor cambadés Miguel Ángel Martínez Suárez Chiño, exporá os seus últimos traballos co fin de recadar fondos para Esperanza Salnés, unha asociación que se dedica ao coidado de nenos con algún tipo de minusvalía.
Leva por título Paisaxes do noso contorna. Está formada por un total de trinta e un óleos de estilo costumista nos que predominan imaxes paisaxísticas e bodegóns. Nesta exposición poderán contemplarse lenzos ambientados en Vilalonga, Carril, Castrelo e Cambados, ademais de diversos aspectos do Camiño de Santiago. Nos cadrados adquiren gran protagonismo os ceos.
A mostra será inaugurada o vindeiro venres, día 18 e permanecerá aberta ata o 17 de abril. A maior parte dos beneficios que recade o artista destinaranse a financiar as actividades de Esperanza.

VENRES 25 "NIPPON-A-GO-GÓ" NO RIF-ROCK
Malos momentos para os xaponeses, terremotos que se suceden uns tras doutros, tsunami, e agora o uranio e o plutonio que saen de Fukushima, e o q aínda lles queda por diante cos políticos... Asi q dende a cabina do Rif-Rock querenlles rendir un homenaxe ó seu universo musical tan bizarro e particular, do que seguro que terán que facer máis entregas.




 
NESTE PAIS DISFRAZARSE DE GANSTER NON TEN CASTIGO, DE GARDA CIVIL SI
Elegante traxe de deseñador galego, chapeu anos 30 e puro en boca. Desta guisa, ataviado cal gánster, presentouse o pasado domingo Ramón Fontán Otero ante o trío arbitral do Mocidade Cambados-Pontellas. O delegado do conxunto arousán, sancionado cinco días antes cun partido de suspensión polo Comité de Competición da Preferente por «dirixirse aos árbitros» do Céltiga-Cambados «con actitudes de menosprezo» que lle valeron a expulsión segundo a acta do colexiado vigués Vázquez Martínez, exerceu o seu posto amparado na suspensión cautelar do castigo polo Comité Territorial de Apelación. E fíxoo para reafirmarse nos seus principios. Os mesmos que unha semana antes forzaron o encontrón entre Ramón Fontán e Vázquez Martínez, ante a negativa deste último a permitirlle ao cambadés sentar no banco visitante da Illa enfundado de cintura para arriba cun uniforme de axente da Garda Civil en domingo de entroido.
Como nas súas tres tempadas anteriores como delegado do Cambados, Ramón tamén acudiu disfrazado o domingo de piñata ao partido de Liga de quenda. E nesta ocasión, só sete días despois do seu desencontro con Vázquez Martínez, recuperou a súa liberdade de culto á festa carnavalesca coa aquiescencia do colexiado Ucha Fernández.
Fontán explica que, como fai sempre que o Cambados xoga en Burgáns, «dirixínme ao trío arbitral en canto chegou ao campo. En canto me viron, un dous auxiliares preguntoume érase eu ou que fora de garda civil a semana anterior na Illa». O seu ton xovial apuntaba xa a mellor sorte que a sufrida a xornada precedente, e unha simple consulta ao colexiado principal corroborouno. «Pregunteille se tal e como estaba vestido podíame sentar non banquiño», recorda o delegado do Cambados, e «díxome que non había problema ningún».
Ramón ten a súa propia hipótese sobre tan discrepantes criterios arbitrais en materia de indumentaria entre Vázquez Martínez e Ucha Fernández. Este último «é de Ourense, e alá ou Entroido víveno doutra maneira», por iso é polo que sexa «máis comprensivo», apunta o cambadés con esa sorna que sempre acompaña dun riso curto a modo de certeiro punto e final.
Claro que xa postos a especular, puidese ser que todo se deba a unha pura querenza, e que os de negro só sexan dos que preferían xogar a ser o gánster perseguido pola Garda Civil.
Rebaixaronlle a sanción:
Apelación acordou na súa reunión do pasado luns «estimar en parte o recurso interposto polo Cambados deixando reducida a sanción ao delegado don Ramón Fontán a unha amoestación». E iso, porque Competición non aplicaría o artigo correcto do regulamento disciplinar á hora de sancionar os feitos recollidos en acta polo colexiado do Céltiga-Cambados. Apelación castiga unha «desconsideración», non un «menosprezo». A directiva do Cambados non está de acordo, por dar por boa Apelación a versión do árbitro, que cualifica de falsaria.




QUEREMOS GALEGO ORGANIZA UN GRANDE ACTO POLA LINGUA O 30 DE ABRIL
A plataforma cívica convoca no Palacio de Congresos de Compostela un acto no que intervirán figuras de diferentes ámbitos sociais e culturais de Galicia
A plataforma cívica Queremos Galego "porá voz" á defensa do idioma propio de Galicia o próximo 30 de abril no marco de "un grande acto nacional", que se celebrará previsiblemente no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. En concreto, será un acto que contará con intervencións de figuras pertencentes aos diferentes ámbitos da sociedade e cultura galega e no que se pretende impulsar un manifesto "de reivindicación" e en defensa do galego, sobre todo, tras "dous anos nefastos" en materia lingüística co goberno do PPdeG na Xunta.
Este evento verase acompañado, o próximo 17 de maio e con motivo do Día das Letras Galegas, de diferentes concentracións de protesta cidadá ás 12.00 horas para dar lectura ao documento que sairá adiante nesa reunión en Compostela e sobre os que, polo momento, falta concretar a súa "extensión". En rolda de prensa e ao coincidir "días antes das eleccións municipais", o portavoz da plataforma, Carlos Callón, pediu aos votantes do Partido Popular desconformes coa súa actuación respecto ao idioma "que saian do armario", pois "non poden apoiar" a esta formación "se de verdade defenden" a cultura galega.
Callón lamentou, en pleno ecuador da lexislatura presidida por Alberto Núñez Feijóo, "é moito máis difícil vivir en galego que hai dous anos", ante a "falta de compromiso" no ámbito educativo, o peche de medios de comunicación no idioma propia e o "escándalo" da imposibilidade de acceder ao galego nas aplicacións informáticas da administración de Xustiza. "Non ten comparación con outras Comunidades Autónomas con lingua propia", constatou o tamén presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, tras lembrar que a lexislación insta á Xunta a ser a "principal defensora" do galego.
"CAMUFLAXE" PLURILINGÜE
Doutra banda, a plataforma Queremos Galego enmarcou o Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras, impulsado pola Consellería de Educación, nunha campaña "de pura propaganda" e "camuflaxe" para asestar unha "navallada" á cultura galega. Respecto diso, Callón sinalou que, mentres as competencias en inglés "non mellora en absoluto" nin "en materiais" dispoñibles, un 20 por cento do alumnado "non ten competencias comunicativas con fluidez" en galego e sen adoptarse "ningunha medida para corrixilo".

Nesta liña, o secretario nacional da CIG-Ensino e portavoz da plataforma, Anxo Louzao, considerou que este Plan se sustenta en tres alicerces encamiñados a que o galego "teña a menor presenza posible como lingua vehicular". Louzao apuntou, en concreto, á ausencia de recursos en galego na implantación do Plan Abalar e que supuxo que se impartan "en castelán" materias que deberían darse en galego, a Lei de Convivencia que posibilitará a consulta aos pais sobre a lingua das materias --eliminada no seu día do decreto do plurilingüismo por falta de cobertura legal advertida polo Consello Consultivo-- e, en definitiva, toda premisa que "vira ao redor do plurilingüismo" impulsada polo Executivo galego. "Non hai ningunha medida que se poida considerar positiva", criticou o sindicalista da CIG, quen avoga por dotar de "profesorado" e "medios" aos centros para traballar na mellora da competencia lingüística do alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.