Páginas

21 de mar. de 2011

21 DE MARZO DE 2011 (FESTA DE SAN BIEITO DA PRIMEVEIRA EN FEFIÑANS)

O FESTA DO MOMO EN "LAND ROVER" O PROGRAMA DA GALEGA.
Fragmento de Land Rober, programa da Televisiónde Galicia, na que sale un breve resumen, feito por profesionais pero de aquela maneira, na que se mostra moi por encima o que é a Festa do Momo e sobre todo os protagonistas da carroza principal no que se pode per a Toñito de Poi e o presidente de Unha Grande Chea, a Manolo o de Tita e Luis o Loino, grandes animadores do Momo.




O ALTRUISMO TAMÉN PINTA, E ADEMAIS MOI BEN

"Chiño" explicando un dos seus cadros sobre o Camiño de
Santiago"

As salas do pazo de Torrado, en Cambados, xa teñen nova exposición. Pero esta mostra é diferente a todas as organizadas anteriormente. E é que os beneficios que nela se recaden irán destinados a financiar as arcas de Esperanza Salnés, esa asociación sen ánimo de lucro que axuda aos nenos con algunha minusvalía. O autor dos cadros é Miguel Ángel Martínez Chiño. «Paisaxes do noso contorna» é o título desta solidaria iniciativa que permanecerá aberta ata o próximo 17 de abril a mesma asistiu o presidente  Xaquin Charlin en presentación da nosa Asociación. A exposición é digna de ver polo que animamos a todos os cambadeses e a todos os visitantes da nosa páxina que non a perdan porque para estar feitos os cadros por un autodidacta son dunha calidade suprema.

UN CAMBADÉS ENTRE OS 125 MAIS INFLUINTES DE GALICIA: FRANCISCO LEIRO.
O periódico capitalino “El Correo Gallego”, leva a cabo unha especia de ranking que titula “TOP 125 GALEGOS MÁIS INFLUINTES”. No posto 76 atopamos o único cambadés da lista Francisco Leiro Lois. O mais curioso é que dentro da biografia do noso paisano que podes ler premendo AQUI di textualmente “hijo de cantero”, evidentemente trátese dunha erro garrafal xa que o pai non era pricisamente canteiro senón que era carpinterio despois reciclado a vendedor de mobles. De todos os xeitos sentimonos orgullos do noso paisano. O número 1 non pondia ser outro , e tratándose dun periódico “moi de dereitas”, que o presidente da Xunta.


CAMBADOS EN “TONTERIAS LAS JUSTAS”
“Tonterias las justas” . Iso é o que fan (ás veces) Florentino Fernández co seu equipo formado por Anna Simón, Dani Martínez, Romina Belluscio e Paula Garber. De luns a venres ás 15h30, logo dos Manolos, Flo ten un programa preparado para evitar que caiamos na monotonía. O formato producido por 7 e acción (O Formigueiro) que se estreou o 3 de maio, e está feito a medida para os que queren entretemento en estado puro, para os que queren que a actualidade social, televisiva e política (sen abusar) teña outro ritmo e outro enfoque. Pois ben neste programa teñen o “Ranking” e nal un dos colaboradores de Flo, Dani Martinez imitando a Fraga fala de Cambados. Podes ver o video premendo AQUÍ.

CURIOSO SORTEO
Un xa non sabe a que aterse e cales son os criterios que seguen deteRmindas sociedades e asociacións a hora de facer os sorteos. O equipo alevín A do Portonovo SD, tivo a iniciativa de facer ún para sugrafar gastos e pon como primeiro premio unha camiseta do Barsa e do Pontevedra e como segundo Premio unha do Madrid e unha do Celta. Está claro que o encargado das rifas non é nin do Madrid nin do Celta, pero pódese dar a paradoxa de que lle toque o primeiro premio a un do Madrid e teña que quedarse coa camiseta do Barsa, non era mais lóxigo que o gañador escollera a camiseta.

HAI CADA TITULAR
A veces un non sabe si a Voz de Galicia o fai a propósito, se o fai sen querer, se non saben o simplemente ou  só queren foder. Porque o autor ou aturoa do titular desta nova deberia como mínimo volver a Universidade para repasar un pouco a asinatura donde se trata dos titulares. O mellor se os autores do roubo falaran castelán tiña menos delito ou quizais serian mais finos. Creedes que  que si os autores falaran en castelán o autor ou autora de nova pondría o mesmo titular, verdade que non?. Xa todos sabemos que este periodico e pro Galicia Bilingüe e sabemos perfectamente de que pe coxea neste senso, o máis vergoñento é que dende a propia Galicia se fagan titulares deste calibre.
E seguindo co mesmo periódico que ten a súa edición en galego, facendo unha traducción totalmente automática e nos encontramos a veces con curiosidades varias como cando foi o caso do falecemento da actriz Florinda Chico que aparece a nova como titular “Morre a actriz Florinda MOZO”.








SON RETIRADAS AS PEDRAS DO “CAMIÑO DA DISCORDIA”
A propietaria retirou as grandes pedras que obstaculizaban o acceso traseiro ao colexio San Tomei esta semana, dando cumprindo ao auto xudicial que tamén contemplaba a necesidade de repor o cimentado que posuía anteriormente ao litixio, informaron fontes do Concello.
Ante esta situación, os responsables municipais decidiron remitir un escrito ás autoridades xudiciais do número 2 de Cambados para que esixa á dona a reposición do carreiro ao seu estado anterior á data de modificación, e por completo. Lembremos de todas as formas que estó e unha execución provisoria toda vez que o asunto está pendente de apelación na Audiencia Provincial e o millor ainda pode ter razón a propitaria do camiño, "tempo o tempo".

DIA NACIONAL DO AUTISMO
O sábado 2 de Abril celebrase en todo o mundo o dia nacional do Autismo. Polo que diversas asociacións entre elas a máis próxima que temos “Por dereito” veñennos a solicitar e a pedir a nosa colaboración para unha iniciativa mundial que consiste en colocar un globo azul na túa ventá ese día, é sinxelo, só é un pequeño xesto, veñennos a pedir que tiñamos de azul as cidades. ¡¡¡Todos xuntos polo autismo!!!.





Preme na foto para vela ampliada
UNHA PRECIOSA FOTO DUNHA GRAN CAMPIONA
Non todo é malo no facebook, a veces encontranse cousas verdadeiramente fermosoas como a fotografia que ilustre esta nova, unha posta de sol de Cambados. Foi realizada por unha rapaza de catorce anos e estudiante o I.E.S. Asorey de Cambados , trátase de Raquel Martinez Pillado,campionisima como todos sabedes no tenis de mesa deporte que domina de maneira maxistral, o que non sabiamos é que era unha gran fotografa, porque a instantanea é para encarmar. Parabens Raquel

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.