A ministra "Carma Machacón" posando co tripulación do avión. |
SABADO DE ANTROIDO
O sábado de Antroido deu moito de si, as 19 horas fumos buscar o avión de “Unha Grande Chea Air Lines” o angar de Tragove, primeira parada para “repostar” a Ribeira de Fefiñans, logo subimolo polas ruas de Triana, onde lle houbo que desmontar unha ala ata a Praza da Leña e dali levamolo a Praza de Alfredo Brañas donde a Ministra “Carma Machacón” procedeu a inauguración do mesmo previo revista a tripulación. Logo subimos o Hotel os Pazos donde fumos cear, aquí hai que facer un apartado especial xa que Carmelo, o seu propietario, portouse con nos de xeito marabilloso, deunos todas as facilidades para facer aali a onde nos serviu un suculento e abundante cocido que foi a delicia de todos os presentes, a un prezo moi asequible, recomendamos encarecidamente este lugar a grupos e pandillas para facer as súas celebracións non se van a arrepentir, e ten ademais a enorme ventaxa de que queda no centro mesmo do pobo.Como non poidamos ser enos co Concello tamén inauguramos e unha estatua. Do Restaurante saimos pasadas as catro da mañán.
NOMEAMENTO DE TRES NOVOS CHALEQUEIROS
Unha Grande Chea nomeou os que poden ser os tres ultimos chalequeiros desta asociación, e nomeamos a tres persoas entrañables, tres persoas cun percorrido profesional distinto pero envidiabel e tres grandes amigos foron o gaiteiro Xaquín Xesteira, o Educador e Pintor Tomas Caula e o mestre e papiroflexista casi profesional Juan Maceira, os tres amosaron o seu agracecemento a Asociación polo seu nomeamento e amosaronse gratamente sorprendidos pola súa designación. O primeiro foi nomeado polas innumerables veladas que nos ten feito pasar coa súa gaita e sobre todo por ter tempo libre para iniciar na percusión a Domin a Chon que cando tocan co mestre gozan como enanos, os dous restantes porque levan xa dous entroidos traballando desinteresadamente pola asociación e impregnandose da súa filosofia.
![]() |
Grazas a Carro, Rosa Mary e Toño Chaves pola sua desinteresada colaboración. |
AGREDECEMENTOS SINCEIROS
Aparte do Hotel Os Pazos, a quen lle reiteramos o noso agrecedemento maís sinceiro pola acollida que nos deron e polo seu fenomenal, abandante e económico cocido, queremos agradecer tamén primeiramente a Carro (pai de Rosa Mary) que nos deixara o garaxe para a construcción do avión, ali estivemos quince dias traballando de arreo baixo a supervisión de Tomás Caula e de Juan Maceira. Queremos agradecer tamén a Rosa Mary especialmente que nos dera todas as facilidades para facer o avión e ademais ainda por riba nos traia o almorozo o traballo, gracias mil Rosa, eres encantadora. E por último e non por iso menos importante queremos agradecer o excelente mecánico naval Toño Chaves o seu traballo tamén desinteresado pois sen a súa colaboración o avión no podería “rodar”.
Podes ver un gran número de fotos do sábado do entroido na columna da dereita.
DIA DA MULLER TRABALLADORA
Un poema, unha homenaxe: palabras de muller
para ELAS, AS QUE SEMPRE LEVAN...
Auga leva auga.
Terra leva terra.
Lume leva lume.
Aire leva aire.
Elas escoitan os pedidos elementais...
O CLUB ATLETISMO CAMBADOS EN MARCHA
![]() |
Aragunde en pleno esforzo. |
A media maratón mais popular do calendario galego con mais de 3500 corredores na ultima edición xa ten aberta a inscripción .A Vigo Baiona (Vig-Bay) que se vai a celebrar o próximo Domingo 10 de Abril con saída en Samil e remate no paseo marítimo de Baiona ten un coste por persoa de 15 € ata o vindeiro 22 de Marzo e de 25 € ata o día 29 de Marzo sempre e cando non chegue o limite máximo de corredores (4000). Nela partiparan varios atletas do Club Atletismo Cambados.
Asemesmo o debut do Club Atletismo Cambados nunha proba do calendario galego foi o pasado 6 de febreiro en Porriño coa presencia de catro corredores chegando ademais todos xuntos cunha diferencia de 15 segundos.
E no referente a unha proba internacional o debut foi este domingo 6 no Maratón de Barcelona onde Jose Aragunde fixo saltar as agullas do reloj marcando un tempo espectacular de 2 h 53 m na distancia de Filipides sendo o peche das clasificacions individuais o terceiro Galego en categoría non profesional, o outro participante foi Tito Fariña pechando o Crono nun meritorio 3 h 24 m a pesares de toparse co temido muro para os maratonianos no Km 35 e perdendo nos ultimos 7 kms mais de 12 minutos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario