O MOMO DE VILANOVA
Onte tivo lugar en Vilanova o desfile que pecha o Entroido en Arousa, O Momo, este ano tocoulle merecidamente a Berlusconi, na carroza principal ian as suas "nenas", carabinieri, mafiosos en fin de todo un pouco. Nesta carroza ia como invitado o presidente da nosa asociación Chon quen ia disfrazado de carabinieri. O desfile dura presto de tres horas de bo humor e de diversión, deslucido o remate do mesmo pola choiva eso si que respetou desfile. Si tes conta en facebook podes ver moitas fotos do evento en "Festa do Momo" que si no tedes engadido como amigo si o temos nos na nosa conta.
VIDEO DO BNG SOBRE A PEONALIZACIÓN DA PRAZA DE FEFIÑANS
Onte tivo lugar en Vilanova o desfile que pecha o Entroido en Arousa, O Momo, este ano tocoulle merecidamente a Berlusconi, na carroza principal ian as suas "nenas", carabinieri, mafiosos en fin de todo un pouco. Nesta carroza ia como invitado o presidente da nosa asociación Chon quen ia disfrazado de carabinieri. O desfile dura presto de tres horas de bo humor e de diversión, deslucido o remate do mesmo pola choiva eso si que respetou desfile. Si tes conta en facebook podes ver moitas fotos do evento en "Festa do Momo" que si no tedes engadido como amigo si o temos nos na nosa conta.
VIDEO DO BNG SOBRE A PEONALIZACIÓN DA PRAZA DE FEFIÑANS
O BNG de Cambados presenta unha proposta que leva defendendo moitos anos: que Fefiñáns sexa para os peóns e que non circulen os vehículos de motor. Unha medida que iría parella a impulsar o comercio da zona, o turismo e a calidade de vida dos veciños e veciñas.
No vídeo pódese ver unha entrevista con Iago Pillado, impulsor da última iniciativa pro-peonalización e unha intervención do candidato a alcalde, Víctor Caamaño.
O xulgado de instrución número 2 de Cambados atendeu as peticións do Concello e ordenou que, de forma inmediata, procédase á reapertura do acceso traseiro ao colexio de San Tomé . Un viario no que a propietaria da parcela pola que transcorre colocou unhas inmensas pedras para impedir o paso. Agora, dispón dun prazo de dez días para liberar o camiño e devolvelo ao seu estado orixinal.
Os problemas co viario que dá acceso pola parte posterior ao colexio de San Tomé comezaron duranteo pasado mes de setembro. Entón, a nova propietaria da parcela decidiu levantar o formigón que botara o Concello e colocar unhas inmensas pedras para prohibir o paso. En vista de que non se conseguía chegar a un acordo coa dona da parcela, o equipo de goberno decidiu levar o caso ao xulgado. Este, por agora, deulle sempre a razón.
Boas, hoxe traio un poema dunha das rapazas máis impresionantes que coñezo. Unha “poeta” de pés a cabeza. Unha xove discipula de Euterpe que coas súas doces e augadas verbas crean música na miña cabeza. Ademais de ser outra cambadesa artista, gañou o premio de San Valentín do IES F. Asorey. Vai por bo camiño. (Ramón Nogueira)
Minguante
Estás ó meu carón,
pero non me ves,
non miras.
Non.
E fágome pequena,
diminuta.
Alienación de min,
centésima de muller.
Son un anaco do que fora,
case invisíbel
ós teus ollos.
E cando por fin miras,
son tan pequena,
diminuta,
que non me ves.
Xa non estou,
xa non son nada.
E miras a outra.
[Que non te mira a ti].
Moita máis poesia e textos en http://pingasdecores.blogspot.com/
A única forma de considerarnos cidadáns responsables é exercendo os nosos dereitos e cumprindo coas nosas obrigacións. Sen cumprir este mandato cívico, todo o demais non ten sentido. Quedar de brazos cruzados é renunciar á nosa condición de cidadáns. Xusto o que queren os que están manexando os fíos do noso futuro e as nosas vidas.
José Luís Burgos está exercendo de cidadán e vaino a seguir facendo. A partir do próximo día 21 de marzo está previsto que José Luís inicie unha xira por diferentes cidades de España para desenmascarar a tiranía dos mal chamados mercados; as entidades financeiras, que se ocultan detrás da palabra baleira dos nosos políticos, estará en Vigo o 11 e 12 de Abril.
Xa que os principais medios de comunicación seguen silenciando o seu caso e o de centenares de miles como o seu, el vai acudir a diferentes cidades para intentar establecer contacto con tantos cidadáns que están sufrindo a prepotencia consentida dos bancos, vai mover conciencias e dar voz a tanto abuso silenciado.
É un proxecto ambicioso e necesitan a colaboración de todo aquel que senta que é un deber ser cidadán. Todos somos necesarios para conseguir vencer a conformidade, o medo, o silencio cómplice. Calquera axuda é importante, pois é unha iniciativa colectiva, sen donos, construída por todos os apoios que consigan durante estas dúas semanas e os días que el estea fóra de casa.
Pódese colaborar de calquera xeito: informando no teu blog, ideando accións, cooperando na asistencia a José Luís durante a súa estancia na túa cidade, participando na axuda económica, “por pequena que sexa”, para cubrir os gastos da campaña, gravando vídeos, organizando actos e conferencias de prensa... calquera cousa que se che ocorra. ¡Todo, absolutamente todo, é importante, porque a súa loita é a nosa!
Ti, que estás lendo isto, elixe entre quedarche de brazos cruzados ou ser un cidadán. Esa é a elección. Se elixes responsablemente ponte en contacto con eles en joseluisenhuelga@gmail.com.
Teñen pouco tempo e moitas ganas de construír unha sociedade máis xusta.
Mais información en http://joseluisenhuelga.drupalgardens.com/
Que vergoña que peste, o home é o animal mais depredador e destrutor que pode existir
POLA DEFENZA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.....``QUE FAN Os nosos GOBERNANTES HA....QUE HORROR``
A mar tínguese de vermello, pero non se debe a un efecto climático da natureza.
Débese á crueldade coa que os seres humanos (ser civilizado) matan centenares dos famosos e inteligentísimos Golfiños calderons.
Todo isto sucede ano tras ano na illa Feroe en Dinamarca, nesta masacre participan principalmente xente moi nova. Porque???.... Para demostrar que estes mesmos mozos xa chegaron a unha idade “adulta” madurez.
A esta celebración regularmente ninguén falta por non perderse “a diversión”.
Todos participan dun xeito ou outra, matando ou vendo a crueldade “apoiándoa como espectador”.
Cabe mencionar que o golfiño calderon, como case todas as outras especies de golfiños, achégase ao home unicamente para interactuar e xogar co como xesto de amizade.
Asi xogamos os seres humanos: todo terminámolo botando a perder xa sexa violentamente ou destructivamente ata o mais insano que nos permite a natureza.
Eles non morren ao instante, son penetrados unha e outra ves con filosos ganchos,neses momentos o golfiño produce sons tan parecidos aos un bebe chorando!!!!!!....
Pero sofre e non hai compaixón ata que este dócil ser se desangra lentamente e sofre por tremendas feridas ata baterse e morrerse no seu propio sangue.
Finalmente estes heroes da illa, agora xa son adultos razoables feitos e dereitos, xa demostraron a súa madurez!!!! Xa basta!!!!!!!....... Fagamonos eco deste feito ata que chegue a algunha asociación protectora de animais, non o miremos soamente. Iso convértenos en cómplices ESPECTADORES. Podes ver máis fotos do feito premendo no seguinte arquivo:
![]() |
MATANZA DE GOLFIÑOS EN DINMARCA |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.