Os gaiteiros de Volandeira Chon, Javi e Raul coa presentadora do programa Nieves Rodriguez |
O PROGRAMA DA GALEGA “VAIA TROULA” GRAVOUSE EN CAMBADOS
O sábado pasado pola maña tivo lugar no mercado de Cambados a gravación do programa “Vaia Troula” da TVG no que participaron entre outros o grupo Con de Xido e a Asociacón Obradoiro Volandeira. Tamén particicipou o Club “Motos Vellas do Salnés”. A actuación central estivo a cargo da orquestra D,Tacón, e o programa foi presentado pola popular presentadora Nieves Rodriguez. Se o perdeches podes velo neste mesmo espazo na columna da dereita. A intervención de Volandeira comeza en 1H. 6´16”. Actuan os nenos e nenas da asociación Volandeira interprando unha cantida e logo bailando unha muiñeira, tocoado polo grupo de gaitas da Asociación.
O FINAL “TOÑO, EL DIABLO SOBRE RUEDAS” DO PROGRAMA "EL HORMIGUERO" DE CUATRO É O DIA 23 DE ABRIL.
Por motivos técnicos os organizadores da actuación de “Toño, El Diablo sobre ruedas” , perxonaxe fixo no programa de Pablo Motos “El Hormiguero”, trocaron a data do evento e vai ser o vindeiro 23 de Abril ás 22 horas no lugar xa acordado o Salón de Congresos de José Peña. O prezo das entradas e de 8 euros , anticipada e de 10 euros en taquilla. Podes mercar as entradas con prioridade na Oficina de Turismo de Cambados, no Pub a Leria, no Pub Rif-Rock, no Pub En B e no Tetuán.
LUIS ARAGUNDE E CHON NA DIRECTIVA DO GDR
O GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural) do Salnés publica a nova Xunta Directiva elixida na 5ª Asamblea do 10 de marzo de 2011
Na 5ª Asamblea Xeral do GDR O Salnés renováronse os membros da Xunta Directiva do grupo segundo os estatutos desta asociación e a propostas das mesas sectoriais.
Na reunión da Xunta Directiva celebrada a continuación desta Asamblea Xeral designáronse, de entre os membros propostos, os seguintes cargos:
Presidente: D. Jorge Domínguez Rosal, presidente da Mancomunidade do Salnés.
Vicepresidenta: Dna. Catalina González Bea, alcaldesa do Concello de Sanxenxo.
Secretario: D. Ramón Huidobro Vega, secretario do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas.
Tesoureiro: D. Eduardo Dopazo Suárez, presidente da Estación Náutica Rías Baixas.
Tamén forman parte desta directiva na calidade de vocais o Alcalde de Cambados Luis Aragunde representando a mesa institucional e o candidato do BNG Xaquin Charlin “Chon”, en representación da mesa das asociacións deportivas, culturais e de veciños.
A COMISIÓN DE FESTAS DA PASTORA RECAUDA 2400 EUROS PARA RESTAURACIÓN DE SANTOS DA CAPELA
Marisa Pérez: "Estamos moi agradecidas ao pobo, porque a xente portouse moi ben".
A comisión de Festas da Pastora que levou a cabo unha recollida de donativos para restaurar as imaxes de San Xusto e San Pastor recadou algo máis de 2.220 euros. Con ese diñeiro conseguiron arranxar as figuras dos dous santos coñecidos popularmente como “vos miniños", e ata lles sobrou algo para acometer a posta en valor de Santa Rosa, que tamén se conserva no interior da capela.
O traballo cos santos realizouse no taller de restauración de Estelo, en Cambados, e custou 1.850 euros, segundo Marisa Pérez, unha das tres veciñas que percorreron diferentes puntos da localidade recollendo donativos e que tamén forma parte da comisión de festas da Pastora. Co diñeiro sobrante, 374 euros, custean unha parte da restauración de Santa Rosa, que tamén encargaron a Estelo e que ten un custo total de 550 euros.
Segundo Marisa Pérez, xa non van saír porta a porta para xuntar o diñeiro que lles falta, posto que as veciñas asumen do seu peto os 180 euros que, unidos aos 374 que lles quedaron en reserva do petitorio, permitiranlles devolver o esplendor a unha santa á que dedican unha festa en agosto.
Policromía e carcoma
Tanto as esculturas dos "meniños" como a de Santa Rosa atopábanse en moi mal estado. perderan a súa cor orixinal debido ao paso do tempo, e ata sufrían os estragos da carcoma. San Pastor ata perdera unha das súas mans. Por iso, un grupo de veciñas de Cambados decidiu iniciar unha recollida de fondos, visitando durante algo máis dunha semana ducias de domicilios e comercios da vila.
"Estamos moi agradecidas con todo o pobo, porque a xente colaborou connosco estupendamente e portouse moi ben", declara Marisa Pérez. As veciñas tamén pretenden confeccionar unhas postais novas dos santos, nas que se aprecie a evolución experimentada polas figuras tras a restauración.
Así, San Xusto, San Pastor e Santa Rosa volverán brillar con esplendor nas procesións do próximo verán.
A SOCIEDADE GALEGA DE CETRERIA BUSCA SOCIOS
A Sociedade Galega de Cetrería comprace comunicarlles a apertura do prazo para facerse SOCIO, cuxo prazo remata o vindeiro 30 de XULLO.Podes afiliarte como SOCIO CETREIRO ou SOCIO NON CETREIRO, este último para os que queiran achegarse a este mundo tan apaixoante. Se desexas máis información non dubides poñerte en contacto a través do noso correo electrónico: - galegadecetreria@gmail.com
A Sociedade Galega de Cetrería fúndase no ano 1986 e atópase inscripta no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia co Nº de rexistro 935. Dos seis socios fundadores, na actualidade só se atopa en activo José Luís Ogando Galo, quen segue practicando este deporte.
Ten tamén esta sociedade o seu propio blog http://sociedadgallegadecetreria.blogspot.com/
![]() |
Logan |
PACO CHARLIN NOVAMENTE EN CAMBADOS ESTA VEZ CON LOGAN RICHARDSON
O próximo 15 de abril o Auditorio de Cambados será o escenario no que o saxofonista americano Logan Richardson e o contrabaixo de Paco Charlín, acompañados ao piano por Xan Campos e Max Gómez na batería, farannos gozar ao ritmo de Jazz no Festival Free Minds Radio Jazz Station. A entrada é gratuíta
![]() |
Charlin |
Logan é un dos dez saxofonistas altos máis relevantes do momento, o norteamericano , estudou en Boston e Nova York e actuou con Joe Chambers, Greg Tardy, Carl Allen ou Jason Moran, entre outros.O músico, que leva unhas semanas en Pontevedra impartindo clases dentro do Seminario Permanente de Jazz, está encantado de volver á urbe, segundo dixo onte mesmo, porque é unha "cidade mística e moi agradable", que coñeceu nunha anterior actuación. Logan indicou que máis que as "habilidades" á hora de tocar, o verdadeiramente importante está "no concepto". E nese aspecto xa non hai as diferenzas de antes entre un lado e o outro do Atlántico.
CONCERTO DE ROI CASAL EN VIGO
Con grande éxito está a percorrar o noso pais Roi Casal, a xira "Maxicamente Vello" chega por fin a Vigo. Roi Casal e a súa banda ofrecerán o repertorio incluidso en Maxicamente vello é o título do novo disco en solitario de Roi Casal, un conxunto de cancións coas que Roi consolídase como un dos referentes da música feita en Galicia. Coa sonoridade característica que lle confire a arpa, a zanfona ou o bouzouki, Maxicamente vello é un disco que mira cara a tradición dende a modernidade, dando como resultado un traballo maduro repleto de matices e no que participa o grupo habitual dos directos de Roi nos dous últimos anos Máis info. http://www.roicasal.com/
“LOS PABLOS” NECESITAN DA VOSA AXUDA
Entrando nesta direccion podedes votar pola cancion de Los Pablos que se chama "cando chove" para que poida gañar o concurso de novo son. Non costa nada e é de gran axuda para eles. http://ww2.crtvg.es/mu/novoson/category/pop-rock/
O prazo para votar por internet as cancións finalistas de Novo Son rematará o día 18 de abril ás 7 da tarde.
O segundo prazo de votacións, nas que competirán as sete cancións máis votadas en cada categoría, comezará o día 19 de abril ás 12 da mañá.
Lembramos que as 21 cancións finalistas serán as que teñan máis votos dentro da súa categoría unha vez que se sumen os votos emitidos a través da web, os enviados por sms e os efectuados en directo nos distintos programas da Radio Galega
LUIS COSTA E O NACIONALISMO MUSICAL EN GALICIA
Di Luis Costa que as bandas de música foron por tradición os «auténticos conservatorios», especialmente na provincia pontevedresa. «É esa tradición bandística “comenta” a que deu un humus, unha base, que proporcionou unha cultura musical importante e que agora todos os conservatorios puideron aproveitar. E temos hoxe moitísimos talentos, e un nivel que está a sorprender».
O actual director do Conservatorio Manuel Quiroga, ao que chegou como docente hai dez anos, tivo precisamente esa base. Comezou a estudar música aos 7 anos na Banda de Castrelos de Cambados. «Como a moitos rapaces da vila "explica", o meu pai levábame a unha casa da aldea onde me ensinaban a tocar o clarinete entre barrís de viño. Dábame clases Ángel Padín, ao que considero o meu mestre. Aí pasei a miña adolescencia, porque se aprende de música e apréndese como rapaz». Cando acabou o Bacharelato, foise a Santiago e estudou Historia. Despois Musicología, que referendou cunha tese sobre O nacionalismo musical en Galicia. «Investigaba os autores galegos, a súa repercusión na formación dunha identidade galega, a conciencia de galeguidade, os Montes, Veiga, que conforman ese cadro de persoal de músicos galeguistas», sinala.
Tras aprobar as oposicións traballou en Oviedo e Santiago, antes de conseguir a súa praza en Pontevedra, a cidade na que vive «aínda que durma en Cambados».
Empezou de docente, e logo, tocoulle asumir hai sete anos, como secretario, a mudanza desde a antiga sede de Alfonso XIII ao moderno edificio da Parda. Hoxe, no conservatorio que dirixe estudan preto de cincocentos alumnos 17 especialidades, baixo a tutela de 64 profesores, e Costa destaca que se deu un salto importante. «O centro pegou un cambio, pero sobre o que había “refire”. O conservatorio cumprirá en dous anos 150 de vida ininterrompida. Creo que non hai outro en Galicia que teña esa lonxevidade e continuidade. E isto é un capital da cidade e a institución, que creo que está pendente aínda dun recoñecemento histórico. Espero que ese aniversario, se sigo á fronte do centro, sexa unha ocasión para achegalo máis á sociedade».
Competitivo
Destaca que o edificio actual «é específico e preparado para os avances que implica un conservatorio profesional, e propiciou un crecemento do alumnado e unha situación competitiva, para traballar en condicións».
E, mentres cuestiona a escasa carga lectiva que ten a música no ensino, quere desterrar o tópico das listas de espera para acceder a estes estudos. «Este ano fixemos cambios no proceso de inscrición e tivemos poucas listas de espera. O que ocorre é que os ensinos de música non son obrigatorias e coa realidade de prazas que existen, dáse unha competitividade moi alta entre nenos moi novos. Aos pais cústalles asimilar que para que o seu fillo entre ten que facer unha proba de acceso e sacar un 9».
Alumnos e ex alumnos integran a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, que empeza a protagonizar concertos. «O que falta é que valoremos o noso. Hai certo prexuízo en música de que talvez non temos o mellor, pero carece de fundamento e deberiamos empezar a saír de aí».
Ningún comentario:
Publicar un comentario