![]() |
Preme na imaxe para vela ampliada. |
ROBERTO CACABELOS FERNÁNDEZ “CHOPI” CON 18 ANOS.
Magoa os que no viron xogar nos seus bos tempos pero os que tivemos a sorte de velo e gozar con él do seu xogo e incluso compartilo no campo sempre soubemos que cun pouco de sorte “Chopi” podia chegar moi alto dentro do fútbol, pero a mala sorte e as lesións non o deixaron progresar todo o que debia, formou parte daquel mítico equipo de Cambados que chegou a conseguir 104 goles nunha soa tempada. Era un debensa a vez que contundente técnico, sabia salir co balón controlado da súa defensa e facerllo chegar a Rial (Chatarra) ou Ramoni para que eles organizaran o ataque, unha especia de Beckenbauer a cambadesa. Grazas ó facebook de “Joaquin Aguiño” un cambadés “exiliado en Vilagarcia” e que fora un gran corresponsal de “El Correo Gallego” pudemos rescatar esta entrevista a Chopi que contaba daquela con tan só 18 anos.
ACTO NACIONAL POLA LINGUA.O GALEGO É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO.
Acto nacional pola lingua. 30 de abril de 2011. SALA CAPITOL, Rúa Concepción Arenal nº 5, Santiago de Compostela As entradas reservadas poderanse recoller a partir das 19.00. Este formulario permanecerá activo até que se completar o aforo do local. RESERVA DE ENTRADAS ACTO NACIONAL POLA LINGUA en www.queremosgalego.org
O acto vense a chamar “Voces e sons da lingua que nos une” e estarán no escenario: Roi Casal, Ugia Pedreira, Miro Casabella e Roberto Sobrado coa súa música e Manuel Rivas, Teresa Moure, Margarita Ledo, Cesareo Sanchez, Pilar Garcia Negro e Carlos Callón coa súa verba.
EMPEZA A NOVA TEMPADA EN “DON OLEGARIO”
A famosa adega de viños cambadesa “Don Olegario” comeza a súa tempada de mini concertos esta vindeiro sábado 22 de abril as 22 horas coa actuación do grupo cambadés “Manso e Amigos”, previamente tamén actuarán as “Pandereteiras de San Miguel”. A terraza de “Don Olegario” é un lugar agradabel donde podes pasar unha velada interesante gozando do seu peculiar viño e de boa música.
FAI 25 ANOS CELEBROUSE UNHA GRANDE EXPOSICIÓN DE ASOREY NA IGREXA DE FEFIÑANS
Este ano cumprese o 25 aniversario da exposición que o concello de Cambados, daquela gobernada polos nacionalistas cambadeses, organizou na Igrexa de Fefiñans que non tivo parangón ate o de agora, foi recollida na prensa da época con todo o seu esplendor e os que tivemos a sorte de gozar dela ainda non nos esquencemos da mesma. Estos dias precisamente a que daquela era concelleira de Cultura Adela Leito tivo a amabilidade de pasarnos un documento extenso da exposición que os que non tivestedes a sorte de vela podedos facelo agora premendo AQUÍ.
NOVA PAXINA EN INTERNET EN CAMBADOS: “SALÓN MERCHY PINTOS”
No Salón Merchy Pintos teñen como premisa de traballo o benestar dos seus clientes; a súa dilatada experiencia no mundo da estética, barbería e masaxe non é óbice para que non se atopen en contacto coa innovación, e por iso, contan con modernos tratamentos e aparatoloxía.
Para eles é importante que os seus clientes cheguen a sentirse relaxados e en armonia, e porque, non? sentirse guapos e gozar da súa beleza.
Tes un pequeno adianto na sua páxina en http://merchypintos.jimdo.com/ e se che quedas con ganas de máis... Achégache a coñecelos en Corvillón 99 B (Cambados) !!!
ASINA CONTRA O CAMPO DE GOLF NA SIRADELLA
O Colectivo Ecoloxista do Salnés , anda a procura de sinaturas virtuais para enviar o concello do Grove e á Xunta de Galicia contra o disparatado proxecto en plena Rede Natura da construcción dun campo de golf no monte Siradella, amén de ter mesmiño o seu carón na Toxa concretamente outro campo de golf. Podes asinar no facebook en “NON AO CAMPO DE GOLF NA SIRADELLA, COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS” ou senón tamén nos blogs http://www.siradellasengolf.wordpress.com/ , http://www.cesalnes,wordpress.com/ , http://www.nonaocampodegolf.blogspot.com/ .
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.