OUTRA FOTO HISTÓRICA DA MARCED
![]() |
Joaquin González Pazos "·O Fico", no centro con garabata. |
Esta foto e historia viva de Cambados, nela podemos ver a Joaquin González Pazos “Fico” (xa finado) que foi presidente do Cambados durante varios anos a finales da década dos 70. Joaquin é o da garabata e nela tamén podemos ver a outra xente coñecida entre eles a un xoven Xoan Silva con perilla e bigote e outra xente de Cambados. A grada era a que daba a do “Cangraxeiro”, e na mesma foto podemos ver o típico mirón que sempre via o partido de valde. Joaquin foi todo unha perxonase en Cambados, contructor afamado aparte de presidente do Cambados tamén foi presidente da Sociedade Cultural e “Cambadés do ano”. Esta foto foi recollida do facebook do cambadés Joaquin Aguiño que mediante o mesmo estanos a amosar a historia viva de Cambados.
O CINEASTA CAMBADÉS JUAN GALIÑANES BUSCA DISTRIBUIDORA PARA A SÚA LONGAMETRAXE ANIMADA
![]() |
Juan Galiñanes con Chon. |
Ola, logo de moito tempo sen pasar por aquí preséntome de novo para tratar de ir informando dos avances en "Holy Night!", que está pendente de ver quen é distribuidor simpático que a leva ás pantallas estes Nadais.
Nós pola nosa banda, aí estamos, co fillo "xa parío", e deixándoo ben mono para as visitas. En serio, supoño que se pode crer, xa teño ganas de que podades velo. Pero haberá que esperar uns meses.
Mentres tanto irei colgando de cando en vez algunha imaxe para abrir boca. Agora déixovos un enlace do meu paso por Murcia, no sicarm, onde estiven fai un par de días. Dura só 72 minutitos de nada.
A todos os meus amigos aclárolles que non é obrigatorio velo e que non penso sometelos a un terceiro grao para saber se me viron. Pero aquí o menda, iso si, intentou que fose ameno. ¡Ah! É sobre estereoscopía.
Quen guste? xa sabe, pode seguir en enlace e anímovos a botarlle unha ollada aos demais relatores e contidos da páxina. Saúdos.
Juan Galiñanes http://juangalinhanes.wordpress.com/
Tamnén vos deixamos esta entrevista a Juan Galiñanes, director de Holy Night, produción coa que Dygra Films sitúase no mercado audiovisual internacional como un dos estudos en vanguardia, coa súa aposta pola tecnoloxía Dixital 3D estereoscópica, que lle fai unha vez máis pioneira en España.
Podes vela premendo AQUÍ
ISI VAAMONDE NO PRESTIXIOSO "FESTIVAL DE MÚSICA DIVERSA" DE SEGOVIA
![]() |
Isi con Chon e Domin , nunha acutación no Rif |
Un dos nosos cantantes favoritos, o cambadés Isi Vaamonde e a súa banda van actuar o proiximo día 5 de xuño ás 21.30 horas no prestixioso "Festival de Música Diversa de Segovia"
O festival ofrecerá unha trintena de actuacións ao longo dun itinerario musical por, no que soarán desde a música clásica, ao rock, pasando polo flamenco, ou o blues.
Preto de trescentos músicos, a gran maioría segovianos, participarán no festival concibido para ofrecer os máis variados estilos e fomentar o traballo dos artistas locais.
O festival está organizado pola asociacion "Festival de música diversa" e está patrocinado polo Concello de Segovia .
O CHOIVA DESLUCEU A QUE PODIA SER A MELLOR SEMANA SANTA DA HISTORIA CAMBADESA.
![]() |
O paso das "ANGUSTIAS" portado por mulleres. |
Unha magoa que o tempo non acompañara neste semana santa no que a procesións se refire, ágás o "Dia de Ramos" e na procesión das Dores do mesmo domingo a tarde. Xa o xoves na procesión "Dos caladiños" tivose que reducir así como todas as do venres, incluso "O encontro" tivose que suspender na rúa e celebrarse na Igrexa. De todos os xeitos notouse en especial a man dun dos organizadores do evento Manolo Tirado (Floristeria Tabaiba), coa recuperación de paso das Angustias, do Poncio Pilatos e da Magdalena e restauración do Santo Sepulcro, coa novidade de que o paso das Angustia foi levado por mais de vinte mulleres as cales fron aplauidas unha vez chegaron a parroquial. Unha magoa que a chuvia desluicira as procesións , esperemos que para o ano teñamos mellor tempo.
MARGOT FERNANDEZ CRESPO EN EXPOSALNES
A xoven Margot |
Centro Comarcal do Salnés acolle dende hoxe ata finais de maio a exposición de fotografía " VELLOS MARIÑEIROS". MARISCADORES DE CARRIL, de MARGOT FERNÁNDEZ CRESPO (24 anos), xornalista e deseñadora de moda.
Nesta mostra pódense atopar os personaxes máis míticos dos viveiros carrilexos, así coma a presenza da muller mariscadora, esa gran esquecida. Fermosos paisaxes, marabillosos retratos escenas cotiáns da vida do mariscador.
MAIS INFORMACIÓN: 695.394.305
Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés, Paseo da Calzada s/n, 36630 Cambados (Pontevedra)Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12, Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com
O CAMBADÉS FRANCISCO FERNANDEZ REI PARTICIPA NUNHA HOMENAXE A ALVARO CUNQUEIRO
![]() |
Paco disertando sobre Cunqueiro |
A Real Academia Galega (RAG) celebrou recentemente no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo unha sesión extraordinaria pública na que se conmemorou que facía 50 anos ingresaba nesta institución Álvaro Cunqueiro, de quen se conmemora este ano o centenario do seu nacemento cun programa de actividades e exposicións.
Os académicos que realizaron unha intervención nesta data sinalada foron Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana, Euloxio R. Ruibal, Víctor F. Freixanes;Francisco Fernández Rei e Xosé Luís Méndez Ferrín. Este último, director da RAG, foi o encargado de pechar a sesión, segundo informou esta institución académica.
A xornada converteuse nunha festa celebrando como en 1961, Cunqueiro ingresa na Real Academia dá Lingua pronunciando o discurso Algunhas imaxinacións sobre tesouros contando cunha resposta a cargo de Paco Fernández del Riego
UN GASOL EN CAMBADOS
![]() |
O pequeno dos Gasol. |
A selección española sub-18, que a a pasada semana santa participou na Vilagarcía Basket Cup, tivo un invitado moi especial nos adestramentos previos ao torneo celebrados no Pavillón dos Deportes do Pombal. Foi Adrià Gasol, o máis novo da saga e nacido en 1994, que compartiu sesións ás ordes de Juan Antonio Orenga -o seleccionador nacional da categoría-, pero que non participará no torneo.
UNHA GRANDE CHEA LIDERA OS “FACEBOOKS” CAMBADESES
Cambados é un dos pobos da nosa contorna con máis presencia de perfís dedicados en Facebook. Estes perfís funcionan como un sistema de microblogin difundindo noticias, eventos e imaxes do noso pobo. Algúns deles son unha evolución de webs e blogs con dilatada presenza na Rede, como Cambados TK, a decana das web-blog non oficiais do noso pobo, Unha Grande Chea, a segunda máis antiga, Rif Rock ocupando o terceiro posto e Cambados Web a última en chegar fai máis de 3 anos.
A estas veteranas sumáronselle na rede social interesantes proxectos como Cambados, Cambados Para O Mundo, Cambados InLove e Cambados Calidade.
A día de hoxe o número de seguidores que teñen estes perfís na coñecida rede social mostra os seguintesdatos:
Unha Grande Chea: 3192 amigos
Cambados Para O Mundo: 1018 amigos
Rif Rock: 719 amigos
Cambados : 704 persoas
Cambados InLove: 580 amigos
Cambados Web: 577 amigos
Cambados TK : 393 persoas
Cambados Calidade: 112 amigos
Os datos son só unha curiosidade máis, o importante é a magnífica presenza que o noso pobo ten na principal rede social, algo ao que todos contribuímos. Agora ninguén ten escusa para non estar decatado do que pasa no pobo, pódese seguir a todos estes perfís, porque podemos ser perfectamente complementarios. Espero non haberme esquecido de ninguén e que a antigüidade das web sexa na orde correcta, porque o fixen de memoria e xa se sabe que algunhas veces esta xoga malas pasadas.
Un traballo de http://www.cambadosweb.net/
P.D. esqueceuselle seguramente involuntariamente neste traballo os de Cambados web que o segundo en amigos é BNG de Cambados con 2157 e o terceiro é o Club Juventud Cambados con 1880 amigos.
ACTO PUBLICO A PROL DA EDUCACIÓN EN GALEGO.
![]() |
Xosé-Henrique Costas González |
A Comisión Promotora Galiza co Galego, en colaboración coa plataforma Prolingua, invítao a participar no acto público a prol da educación en galego que terá lugar o venres 29 de abril, en horario de 20:00 a 21:30 horas, na Casa Galega da Cultura situada na Praza da Princesa do Concello de Vigo.
Programa:
Presentación a cargo de dona Iolanda Veloso Ríos, concelleira da Área de Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
“Razóns para educar en Galego.” Relatorio a cargo de D. Manuel Bragado Rodríguez, licenciado en Ciencias da Educación, mestre de educación infantil e primaria, ex presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega e director xeral de Edicións Xerais de Galicia.
“Linguas minorizadas europeas en proceso de normalización.” Relatorio a cargo de D. Xosé-Henrique Costas González, lingüista, director de Normalización Lingüística e vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.
“Construíndo futuro; escolas en galego.” Relatorio a cargo da Comisión Galiza co Galego, con información sobre o traballo desenvolvido cara a facer efectivo o noso dereito á educación en galego.
Grazas ao apoio das/os nosas/os socias/os e dos preto de 3.000 compromisos acadados do movemento popular de Galiza co Galego, podemos realizar actos divulgativos como este.
Agradeceriamos a súa asistencia a este acto, así como a divulgación deste comunicado.
O presidente.
Francisco X. López (de Limiar)
Mais información en: http://limiargalego.blogspot.com/
Apoio económico, participación e afiliación en: http://limiargalego.blogspot.com/p/afiliacion-cgg.html
Contactos: comisiongalizacogalego@gmail.com
Telf: 629891145
Situación do lugar do acto: Casa Galega da Cultura
Enderezo: Praza da Princesa, 2, 36202 Vigo
Coordenadas de localización conforme Google Earth:
42º 14' 18.68” N / 8º 43' 32.21” O
Ningún comentario:
Publicar un comentario