Páginas

13 de abr. de 2011

MANOLO PAZ EN OURENSE
Manolo Paz o esccultor cambadés por excelencia, vai a ser protagonista na provincia de Ourense, concretamente o vindeiro venres 15 de abril ás 20 horas vai ter lugar no Centro Cultura Deputación a inauguración da exposición “AS CATRO ESTACIÓNS de MANOLO PAZ”. A Asociación Unha Grande Chea foi invitada a esta exposición dun dos nosos “chelequeiros” máis universais, o cal agracedemos sinceiramente.

FLORENANO QUERE ACABAR NO CINE.- É BORRACHÓN, PERO NA SÚA XUSTA MEDIDA
Gogue e Chon
O debuxante Gogue (O Grove, 1953), o pai era de Cambados, vive un momento de satisfacción na súa carreira artística. O seu fillo creativo “Floreano”, o personaxe nacido do seu puño e que leva acompañando aos lectores de FARO desde fai 22 anos, abandonará o papel e tomará volume. O escultor pontevedrés Lucas Míguez ultima o bosquexo dunha escultura de “Floreano” a tamaño real que se instalará nun lugar tan simbólico para Gogue como é a praza fronte á súa casa natal.
-Como xorde a idea?
Gogue.- O soño de cada creador é materializar o seu personaxe nunha escultura. Logo de 22 anos de sacar diariamente a Floreano en FARO. ..
Por fin decidiu independizarse.
Gogue.-¡Xa era hora de deixalo que decidise o seu futuro! (Risas).
E para cando o veremos en tres dimensións?
Gogue .- A primeira quincena de xullo, se non hai contratempo, instalarase a escultura.
Unha vez que salga do papel, quen sabe que será o próximo que lle ocorra a Floreano?
Gogue .-O seguinte soño é levalo ao cine. Xa hai un proxecto, pero aínda non callou. Xa está nun estudo pero aínda non quero dicir nada. Cando creei a Floreano nunca pensei que tería a transcendencia que está tendo. É como un premio.
Agora en serio, que sente cando un deseño seu salta a unha escultura?
Gogue .- Sinto sensación de alegría. Satisfacción de proporme obxectivos e cumprilos. Por exemplo, en Bruxelas está Tin-Tin; na Bretaña, Astérix...Non me estou comparando, pero era unha das miñas metas. Traspasalo a figura, e logo ao cine de animación.
Quen promove a iniciativa da escultura no Grove?
Gogue.- Engroves, unha asociación de empresarios do Grove, e non se quen máis porque me mantiven un pouco á marxe.
Sae nunha fotografía co escultor e co bosquexo da escultura, entendo que está seguindo o proceso.
Gogue .- Lucas [di polo escultor, Lucas Míguez] puxo o primeiro anaco de barro ante min. Consúltame permanentemente. Vese como vai crecendo. E será tal cal...
Ten todo luxo de detalles.
Gogue .- É unha maqueta, que se fará a tamaño real en bronce. Terá a dimensión real dunha persoa. Coa súa mesa, os detalles, as cuncas de viño, o xornal e as moscas.
Moscas?
Gogue.- Irán perfectamente pegadas.
É dicir, tal e como o vemos no xornal
Gogue .- Igual, igual.
Sabe que todo o mundo fotografarase con ela.
Gogue .- Claro. Non é unha homenaxe a min. É a cesión da figura para o pobo e un dos obxectivos é esa. Teño lectores de EE UU que me dixeron que virán facer unha fotografía con Laureano este verán.
Coñece ao escultor?
Gogue .- Coñecino fai uns anos, cando fixo o conxunto escultórico dos personaxes de Val Inclán en Vilanova de Arousa. Gustoume moito como traballa.
Por que lle chamou Floreano ao protagonista da súa viñeta?
Gogue .- Pensei nun nome que se adaptase á súa personalidade.
Deixará algún día a cunca de viño e farase abstemio ou vai ser sempre tan borrachón?
Gogue .- É borrachón, pero na súa xusta medida. Eu digo que é un degustador de viño...
Fai un humor de taberna moi próximo á realidade, canto hai de verídico e canto de inspiración nas súas viñetas?
Gogue .- Fago humor social, para o pobo. É o que pode suceder realmente; sempre saco algún trazo cómico dunha conversación. Por iso, os meus chistes son atemporales.
Floreano nunca votou.
Gogue .- Fago humor para sacar un sorriso á xente. Ás veces, para facela recapacitar, pero case sempre para que me diga: “alegráchesme ou café dá mañá, que chiste máis bo”. Esa é a clave de que tanto tempo despois, a xente queira a Floreano.
O seu público xa ten canas ou lle seguen os mozos.
Gogue .- estiven en exposicións e en Santiago uns rapaces chegaron coas tiras colgadas e pegadas nun bloc, tipo álbum para que llas asinase.

HOTEL RIBADOMAR, UN HOTEL O PE DA PRAZA DE FEFIÑANS.
O apelido Ribadomar, en Cambados, é sinónimo de hostalería. O patriarca desta familia foi o encargado, no seu día, do restaurante O Arco, o primeiro en dispor dunha estrela Michelín na localidade. O seu fillo, Manuel, é tamén o propietario do establecemento que conserva o apelido familiar, o Ribadomar. E agora decidiu dar un paso máis e recuperar a tradición hostaleira que tamén tiña esta familia. No mesmo lugar no que no seu día había unha hospedaxe, este restaurador abriu un pequeno e acolledor hotel que conta cunha gran vantaxe: está situado a escasos metros do principal atractivo turístico de Cambados, a praza de Fefiñáns.
-Este é un hotel con moita historia...
Manolo Ribadomar-Esta casa, que era a miña casa familiar, xa tivo hospedaxe entre os anos 50 e o 65, que foi cando puxemos a funcionar o restaurante O Arco. Pero, daquela, era outra forma de hospedaxe. Nesta mesma casa había catorce cuartos. Sempre diciamos que se caías da cama non che facías moito dano, porque enseguida tropezabas coa parede. Eran cuartos pequenos, cunha palangana e unha jarra de auga. Pero viñan todas as persoas que chegaban a Cambados. O cura, José Aldao, estivo connosco cinco anos, tamén o tenente da Garda Civil. Custaba vinte pesetas o cuarto con pensión completa.
-E vostede decidiu recuperar a tradición.
M.R.-Facía xa anos que nesta casa non vivía ninguén e estaba feita unha ruína. Había queixas dos veciños. E foi cando tomei a decisión. A miña nai, que foi quen me cedeu a casa, sempre dicía que non quería morrer sen ver o hotel aberto. E, como o sitio é estupendo, puxemos o hotel.
-¿Como é o novo hotel?
M.R.--Son só oito cuartos, todas moi bonitas. Todas son distintas, decoradas en distintas cores e de forma diferente. Unha delas ten un patio. Son moi acolledoras e están decoradas con moito gusto, con antigüidades. Os pisos e os teitos son de madeira e puxemos un ascensor. Queremos que a xente senta como en casa. Nós non vivimos aquí, pero será a familia a que se encargue de atendelo. Eu ou os meus fillos estaremos sempre por aquí.
-Contan cunha gran vantaxe, a súa localización tan preto de Fefiñáns.
M.R.--A localización que temos é preciosa. En parte, por iso decidinme a abrilo. Porque sempre tiven a idea e facíame moita ilusión poder abrir este hotel. Agora queremos que veña a xente e véxao porque o sitio é estupendo. Eu estou moi ilusionado, aínda que tamén un pouco asustado, porque o investimento é moi grande.
-Vostede leva toda a vida na hostalería ¿como está a pasar a crise o sector?
M.R.--Desde o 2008, as cousas cambiaron moito. No restaurante antes traballabamos moito con empresas, que viñan unha vez á semana. Agora, se veñen unha vez ao mes é para dar grazas. Antes, todos pedían marisco, agora a xente mídese moito. E se escoitas a televisión dá medo. Pero eu quero pensar que isto se vai acabar. Ilusióname moito que as cousas vaian un pouco mellor. Nós pechamos o 2010 mellor que o 2009 e creo que as cousas non se van a pór máis negras.
Coa que está a caer ¿como se lle ocorre pór en marcha un novo negocio?
M.R.--Animeime porque se me ía o tempo. Deica pouco terei setenta anos e xa non poderei facer nada, porque os bancos non che dan créditos a esa idade. A familia non quería que o fixese, porque dicía que non tiña que meterme en batifondos. Pero eu quería arranxar a casa e empezamos, con nada. Empezas a facer e despois cambias cousas e cando terminas o investimento creceu. Pero eu creo que, entre o hotel e o restaurante imos saír adiante. Porque traballar nunca foi o problema.

MAIS MULLERES PARA LEVAR UN PASO
As veciñas de Cambados que portarán o vindeiro venres Santo a imaxe da Virxe das Angustias comezaron onte pola noite cos ensaios. Así, déronse cita na igrexa parroquial de Santa Mariña Dozo e posteriormente percorreron as rúas da localidade coa plataforma sobre a que levarán a imaxe da santa.
Realizaron o simulacro sen a escultura, pero para facerse unha idea do peso que terán que soportar durante a procesión cargaron a plataforma con sacos. Están anotadas 24 mulleres, das cales 20 levarán ao mesmo tempo a imaxe, mentres que outras catro tomarán a substitución en determinados momentos.
Con todo, a comisión de veciños que coordina a celebración da Semana Santa en Cambados apunta que aínda poden anotarse máis mulleres se o desexan, xa que cantas máis sexan máis levadío será o esforzo. As interesadas poden inscribirse na igrexa parroquial ou contactando con Manuel Rial, que é un dos membros da comisión organizadora. "O que lle diría a quen llo estea pensando é que non teña medo, porque é algo bonito para todos e tampouco se trata dun peso excesivo", expón Manuel Rial.
Este ano sairá por primeira vez un paso procesional exclusivamente feminino na Semana Santa de Cambados. As mulleres portarán a imaxe da Virxe das Angustias durante a marcha do Santo Enterro, que sae a media tarde do Venres Santo e que dura unhas dúas horas. A escultura da Virxe restaurouse o ano pasado, pero entón portouna un grupo de media ducia de homes.
A Semana Santa de Cambados vive este ano un impulso grazas a que unha comisión de veciños levou a cabo unha recollida de donativos polos domicilios e os comercios da localidade. Co diñeiro recadado restauráronse desde a urna do Santo Sepulcro “que ten entre 300 e 350 anos de antigüidade”, ata varias imaxes dos pasos “como un Poncio Pilato ou unha María Magdalena”, teas e vestidos ou candelabros. Así mesmo, este ano saen dúas bandas de música no canto dunha soa durante as procesións, e puxéronse á venda unhas balconeras para que os veciños decoren as fachadas das súas casas.
As celebracións relixiosas da Semana Santa cambadesa inícianse este domingo, 17 de abril, coa bendición dos ramos na praza de Fefiñáns ás 11.30 horas e a representación da entrada de Jesús en Xerusalén a lombos dun burro. Ás 20.30 horas é a procesión das Dores. En días sucesivos hai ata media ducia máis de procesións, ademais de liturxias sobre o Lavatorio de Pés, a vixilia da Adoración Nocturna ou a celebración comunitaria da Penitencia.

CAMBADOS EN “GALICIA PARA O MUNDO”
Atopamos na rede este video do cal ignoramos data de emisión sobre Cambados e as excelencias do municipio contadas por alguns veciños da vila, entre eles queremos destacar a presencia do propietario dunha das adegas do Pazo de Fefiñans, ironias do destino, por culpa deste home e de Touris non está en Cambados a Sede do Consello regulador. Se queredes ver o video miradeo na columna da dereita..

 
EN DEFENSA DA LEI DE NORMALIZACIÓN LENGÜISTICA
Como sabedes (http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/un-simbolo-case-sagrado/idEdicion-2011-04-10/idNoticia-658011/ ) o sábado entregamos no rexistro central da Xunta, unha carta dirixida a Feijoo demandándolle o compromiso de non reformar a LNL de non ser por unanimidade, como foi promulgada no seu día en 1983. Viña isto a conto da pretensión de Carlos Negreira (e non só el, senón que tamén outros están á espera) de modificar o artigo 10 da LNL sobre a toponimia, último reduto de exclusividade da lingua galega en toda a normativa existente.
A maiores, a carta está no noso sitio web, http://prolinguagalega.org/ ,  e no sitio de peticións online http://www.ipetitions.com/petition/endefensadalnl/ .Alí poderedes lela enteira e asinala, se esa é a vosa vontade. Dende a tarde do sábado asinaron a carta máis de oitocentas persoas. Tamén vos pediría, de estardes de acordo co contido da carta, que a fagades chegar aos vosos contactos, xa que cantas máis sinaturas máis forza ten a nosa acción.
Moitas grazas a todas e a todos e adiante.
Xabier P. DoCampo de Prolingua.

O GLOBO AEROSTÁTICO
Un home camiña por unha das rúas de Cambados, cando de súpeto se dá conta que encima del hai un globo aerostático flotando.
Dese globo colga unha canastra, e nesa canastra hai un señor, que lle fai acenos desesperado. Con curiosidade, aproxímase o máis que pode e escoita con atención. Por fin, o piloto do globo logra que o aparello descenda un pouco e grítalle:
- "Desculpe podería axudarme? Prometín a un amigo que me atoparía con el ás dúas da tarde, pero xa son as dúas e trinta, e non sei onde estou."
O transeúnte, con moita cortesía respondeulle:
- "¡Claro que podo axudarlle! Vostede atópase nun globo de aire quente, flotando a uns vinte metros encima desta rúa. Está a corenta graos de Latitude Norte e a cincuenta e oito graos de Lonxitude Oeste."
O aeronauta escoita con atención, e despois pregúntalle cun sorriso:
- "Amigo, é vostede do BNG?"
- "Se señor, pero como o soubo?"
- "Porque todo o que vostede me dixo é tecnicamente correcto, pero esa información non me serve de nada, e sigo perdido".
O home do BNG queda calado á súa vez, e ao final pregúntalle ao do globo:
- "Vostede, non será por casualidade do PP ?"
- "Se, son do PP. Como o pescudou?"
- "Ah! Moi fácil. Mire, vostede non sabe nin onde está nin para onde vai. Fixo unha promesa que non ten nin idea de como cumprir, e espera que outro lle resolva o problema. Está exactamente tan perdido como antes de preguntarme pero agora, por algún estraño motivo, resulta que a culpa é miña.
Adicado con todo cariño a Manolo o de Tita.

RAIBA PRESENTA: "XIRA POR VIVIR 2011".
Boas a TODOS e a TODAS!!!!!!
Raiba anunciavos a xira do seu primeiro album chamado "Por vivir".
Esperamos vervos a todos.
abr 21 SALA OXIDO
SALA OXIDO Lalin, Pontevedra, GZ- 23:00
abr 22 Sala ZONA ZERO
Sala Zona Zero Caldas de Reis (Pontevedra), GZ- 23:30
abr23 Sala FARANDULA
Sala Farandula VIGO, GZ- 23:00
abr 28 Sala CAPITOL
Sala Capitol Compostela, GZ- 21:00
abr 29 Sala BARANDA
Sala Baranda O Barco de Valdeorras, Ourense , GZ- 23:30
abr 30 Sala LONDON
Sala LONDON Ordes, GZ - 23:30
mai 27 Sala The STAR
Sala The STAR CARRAL, Coruña , GZ - 22:30
xun 25 Sala CLAVICÉMBALO
Sala Clavicémbalo Lugo, Lugo , GZ - 23:00
ago 12 BARQUEIROCK
BARQUEIROCK O BARQUEIRO, GZ - 19:00
set 9 Sala MOBY DICK
Sala Moby Dick Sada, Coruña, GZ - 22:30
out 28 Sala GATOS
Sala Gatos Melide, Coruña , GZ - 23:30
out 29 Sala RESERVA
Sala Reserva, Carballo, Coruña , GZ - 23:30

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.