Páginas

16 de maio de 2011

CAMBADOS 16 DE MAIO DE 2010

Os dez máis coñecidos
FÍXOSE PÚBLICA A ENQUISA DE http://www.cambados.tk/
O blog cambadés www.cambados.tk  acaba de facer pública  a que por agora é a unica enquisa electoral en Cambados, nela podemos destacar o seguinte: No que se refire a propostas e candidatos o BNG é o millor valorado seguido de PSOE e PP. Aragunde é o mais coñecido pero o BNG situa a 7 dos seus candidatos entre os dez primeiros. Segundo o 57% dos enquisados o cambio é posibel en Cambados, esta porcentaxe sube a un 87% cando se lle pregunta se queren o cambio en Cambados. Parabéns a www.cambados.tk por este traballo que podes ver completo premento AQUI

PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO! . EN CAMBADOS MAÑÁ AS 11.30 DIANTE DO MONUMENTO A CABANILLAS
Cartel anunciador.
Este 17 de maio non quedes na casa: mobilización expansiva en defensa da lingua que nos une.
A Plataforma Cidadá Queremos Galego chama a toda a sociedade galega a seguirse mobilizando en defensa da nosa lingua e da nosa cultura propias este vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, desta volta mediante a metodoloxía da "mobilización expansiva": concentracións simultáneas no maior número posíbel de localidades galegas, e tamén no exterior.
Hai razóns máis que de sobra para seguir facendo do Día das Letras Galegas unha xornada reivindicativa e de mobilización social, demostrando que temos unha lingua e unha cultura viva e con futuro, non unha "cultura en lata" nin unha peza de museo para mirar para ela unha vez no ano e o resto agredila ou ignorala.
En dous anos que leva no goberno, Alberto Núñez Feijóo aínda non tomou nin a primeira medida en favor do galego. Moi polo contrario, a súa política é de desprotexer aínda máis o galego, de negar os nosos dereitos lingüísticos no ensino, na administración, nos medios de comunicación ou na xustiza. Paralelamente, descende ou desaparece o apoio aos creadores e iniciativas culturais de todo tipo coa escusa da crise económica. Con todo, si que parece haber cartos para traer cultura de fóra mentres se despreza e ignora a de aquí.
Debido á proximidade das eleccións municipais, este ano non haberá manifestación nacional en Compostela, como nos últimos anos, mais a Plataforma Queremos Galego chámanos a non quedar na casa. Como? Participando da "mobilización expansiva" e simultánea que están a preparar en ducias de localidades de todo o país para o 17 de maio ás 12 da mañá. O lema non pode ser máis rotundo: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO, no caso de Cambados será ás 11.30 horas.
Neste momento xa están confirmadas moitas das concentracións que haberá por toda a nosa xeografía e mesmo na diáspora: podédelas consultar, para verdes se está a vosa, en www.queremosgalego.org . Estade atent@s, porque a listaxe se irá actualizando a cada pouco coas novas adhesións que vaian chegando.
Se vedes que a vosa vila non está na listaxe e tendes interese en organizardes algo, poñédevos en contacto coa plataforma a través do correo-e queremosgalego@queremosgalego.org e explicarémosvos as posíbeis maneiras de colaborardes para que a onda expansiva en favor da nosa lingua molle tamén o voso concello.
En Cambados acadaran especial protagonismos os grupos Asociación Cultural Nos de Sobradelo e Asociación cultural Xironxa de Corvillón. Procederan a lectura de diversos textos de autores galegos, varios persoeiros entre eles Victor Caamaño e Castro Ratón, o remate por Xaquin Charlin “Chon” voceiro da plataforma “Queremos Galego Salnés” procederá a lectura do comunicado oficial da mesma.
Xoan Silva e Blas Dominguez.
"GUITARRADA" ESPECIAL DIA DAS LETRAS GALEGAS NO ENCONTRO DE BARRANTES
Hoxe luns a iso das 10 da noite na vinoteca cervexeria Encontro de Barrantes terá lugar unha "guitarrada" especial doa día das letras galegas coa actuación de Xoan Silva e Blas Dominguez, así como de outros amigos. Nin que dicir ten que a entrada é de balde. Xoan e Blas vannos a delitar con pezas de composición propia sen esquecer o "Ahí ven o Maio".

Cartel da Xira de Alis.
ALIS MINIXIRA “GALEGA” EN ACÚSTICO , O XOVES NO TETUAN (CAMBADOS)
Mais abaixo deixámosvos as novas datas confirmadas de Alis que continúa de xira presentación do seu novo disco ?Material de disección?. Alis estará en formato “acústico” en Santiago de Compostela, Vigo e Cambados os días 18, 19 e 20 de maio respectivamente. Non volo perdades…
Santiago de Compostela- Salga Ultramarinos 18/05/2011 (acustico) entrada 7 € concerto 22:30
Cambados (Pontevedra) Sala Tetuan 19/05/2011 (acustico) entrada anticipada 6 € concerto 22:00
Vigo-Salga Contrabaixo 20/05/2011 (acustico) entrada anticipada 6 € concerto 23:00





Cartel do evento.

ROBER BODEGAS NA PERA
O vindeiro venres 1º de xuño, espéralle unha grande noite os cambadeses, Rober Bodegas será o seu invitado de luxo e de seguro que nos vai facer pasar unha noite inesquencible cun dos seus monólogos. Como sempre, as entradas estarán a venta na discoteca A Pera, Café Copacabana e Bar O Paseo, cun prezo de 8 euros en venda anticipada e de 9 euros o día da actuación no despacho de billetes. A hora de actuación aproximada será as 23.30 horas.







O NACIONALISTA EMILIO INSUA RECIBIOU O PREMIO CABANILLAS ARROUPADO POLOS CAMBADESES. NO ACTO COLABOROU UNHA GRANDE CHEA.
Francisco Fernandez Rei e Emilio Insua.
Onte tivo lugar no auditorio a entrega do 8ºPremio Ramón Cabanillas, que recaía no profesor Emilio Xosé Ínsua, natural de Viveiro e cambadés de adopción. Como adoita ser habitual, o acto estivo cheo de actuacións musicais (saxo, piano, acordeón e zanfona, guitarras e voz), de poesía e de entrañábeis intervencións como as do académico Fernández Rei, quen tameu leu unha carta de Luis Rei para felicitar a Ínsua, ou a breve de Saúl Otero para facerlle entrega dun regalo.
Xa que estamos en campaña comentar que no acto houbo representación ao máis alto nivel de BNG (Víctor Caamaño) e PSOE (Domingo Tabuyo) e ausencia do alcalde e candidato do PP, aínda que si é certo que asistiu o tenente de alcalde, Iglesias Pombo.
No discurso do académico Fernández Rei, houbo tamén mención ás eleccións municipais. Nun ton moi cordial, o membro da Real Academia pediulle ao próximo goberno que saia das urnas o vindeiro domingo que dea pasos adiante en relación coa cultura, por exemplo coa creación dun roteiro Cabanillas, coa defensa da mellora das condicións do lugar onde se atopan os restos do poeta cambadés (despois de tantos anos segue sen ter nin sequera o epitafio que el quería) e a posta en marcha da Fundación Ramón Cabanillas no noso Concello.
Sen dúbida, actos como o de onte, que nacen da ilusión, do esforzo e da vontade de colectivos ou persoas (como neste caso a dos libreiros de Contos e Cabanillas) son os que fan a diferenza. Para eles, e para tod@s os que participaron no acto de onte, parabéns. E parabéns tamén, por suposto, a Emilio Ínsua, quen a pesar de repetir do seu discurso que non era merecedor do premio, é unha persoa comprometida fondamente coa defensa da lingua, da cultura e do país. E como tal, merecedor dun premio cada vez máis respectado como o que entregan desde hai oito anos os libreiros. Por moitos anos!.
Nova recollida de http://www.cambados.tk/

Panorama
A ACTUACIÓN DE PANORAMA, UN FRAUDE ELECTORAL
Aínda que nos parece quen que se programen eventos culturais en Cambados, como por exemplo a actuación de Panorama o vindeiro martes no Campo da Festa de Vilariño, tamén é certo dicir que esta vez o Concello de Cambados e a Deputación de Pontevedra, estiveron “moi listos” e souberon disfrazar o que era unha inauguración en toda a regra como un evento das letras galegas e sobre todo diante da cita electoral do vindeiro domingo. Esta inauguración podería facer perfectamente en calquer outro día e non deixa de ser un fraude electoral.

CONCENTRACIÓNS O CATRO DE XUÑO POLO DÍA DA MÚSICA GALEGA O DÍA 04-06-2011
Cartel anunciador
Para que a música teña seu día unha vez o ano.
Para facelo coas institucións ou pola nosa conta.
Porque temos na nosa historia importantes personaxes, intérpretes e compositores e unha débeda con eles.
O catro de xuño (04-06-2011)dende as 12 a 12:30 nas prazas principais de tódalas cidades e pobos de Galicia. A cousa é tocar e cantar o himno de Galicia.
En Pontevedra na praza da Ferrería
En Santiago na praza do Toural
En A Coruña na praza de María Pita
En Ourense Praza Maior
En Vigo (Pte)
En Ferrol (Pte)
Noutros sitios nas prazas do Concello.
Será o primeiro sábado de xuño (04-06-2011), para deixar pasar as eleccións. Hora 12:00 da mañá. Lugar: Praza principal de todas as cidades e pobos de Galicia, nas máis concorridas. Duración: media hora na que non debe de deixar de soar a música....Que faremos? Tocar e cantar, o himno de Galicia por toda Galicia. Que todo o que queira apoiar leve un instrumento á rúa. En Pontevedra a praza dá Ferrería, en Santiago ou Toural, na Coruña María Pita... Narón praza do Concello. Grazas a todos. Estes días darei máis detalles e tratarei de solucionar dúbidas

ESCULTURAL COLOSAL.- O SIMEON ACOLLE A OBRA DE MANOLO PAZ EN OURENSE
Manolo Paz e unha das suas obras.
No Centro Cultural da Deputación -sala 1, da primeira planta- e ata o próximo día 29, expón baixo o título Catro Estacións o escultor Manolo Paz (Cástrelo, Cambados, Pontevedra, 1957, con residencia actual en Pontevedra e taller en Quintáns, Cambados). A súa biografía artística iníciase, xa, cando aínda neno tallaba espontaneamente a navalla a madeira. Estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (1978 e 79); e foi logo profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio, Pontevedra (1980-1990). Para rematar, viviu e traballou en Nova York (1992-1994). Expón, en fin, desde 1979.
O catálogo mensual de exposicións do Centro Cultural da Deputación anuncia así moi sintéticamente a presente mostra: «A obra deste escultor galego é unha metáfora onde as pedras destacan polo seu movemento e a súa linguaxe, delas brota a enerxía». Efectivamente, o profesor e crítico José Jiménez afirma referíndose á arte deste escultor: «o que mellor define o seu talante artístico é o seu traballo coa pedra». E é certo, ata o punto de que traballa a pedra coa antiga técnica dos canteiros galegos. No entanto, nesta concreta mostra Manolo Paz inclúe, ademais de pedra, auga, madeira e, tamén -por vez primeira na lista das súas exposicións-, ferro.
David Varro di: «Son as de Paz unhas obras de clara conciencia antropolóxica, que fusionan a súa condición galaica coas formas hoxe tradicionais da escultura contemporánea»; e polo demais destaca a súa relación -no que se refire á pedra- coa cultura castrexa e o megalitismo, na consecuente tesitura primitivista. Pero, ademais, subliña a súa proximidade a figuras artísticas do porte de Röckrein, Werthmann, Falkensteln ou sobre todo Noguchi. O escultor xaponés Isamu Noguchi (1904-1988) gañou en 1938 o concurso norteamericano convocado para decorar o pavillón da axencia de prensa Associated Press existente no Rockefeller Center de Nova York cunha enorme escultura de aceiro inoxidable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.