XESUS CRISTO É DO PP
![]() |
Xesús só traballa unha semana o ano. |
Tanta análise política do que aconteceu nas derradeiras eleccións municipais non valeron para nada, todos os debates que houbo o respecto nos medios de prensa tanto escritos, radiofónicos e televisivos foron baldíos xa que ningún dou ca clave. Tivo que ser como non podía ser doutra maneira a páxina de Unha Grande Chea a que definitivamente resolvera o misterio desta arróllante derrota do PSOE nas furnas e polo tanto a vitoria insultante do PP. Xesuscristo é do PP, descubrímolo de xeito casual pois ía na lista do PP de Meis, ía do número 7 , suplantando a personalidade dun tal Enrique Barros. Tiñamos precedentes de que Xesús, polo que predicaba era un heterodoxo comunista da época, pero os tempos cambiaron e hoxe o mais doado e instalarse no PP, porque dun xeito ou doutro sempre atopas chollo, iso si este Xesús está de vacacións todo o ano só ten que traballar unha semana nun lugar que lle chaman Paradela de Meis. O tío a verdade é que está moi cómodo.
“DEMOCRACIA REAL XA” DE CAMBADOS “INDIGNADOS” CO XANTAR DÁ TERCEIRA IDADE
Un grupo de xóvenes valentes cambadeses protestan en Cambados contra as invitacións masivas da Deputación e o Concello cos cartos dos nosos impostos.
Non é a primeira vez que o Xantar dá Terceira Idade de Cambados tínguese de polémica. En citas anteriores, a BNG protestou por celebralo en plena campaña electoral ou polos contidos dos discursos das autoridades políticas e incluso se lles negou a invitación a este partido pese a querer ir pagando . Onte, un grupo de membros do movemento "Democracia Real Xa" de Cambados presentouse no pavillón do instituto Ramón Cabanillas para despregar as súas pancartas de protesta. Os nosos xóvenes quéixanse de que as administracións públicas asuman en plena crise económica o custo dunha comida para uns 700 pensionistas e xubilados un total de 25.000 euros aproxidamente.
![]() |
Os reivindicacións dos nosos xóvenes. |
Os mais de 700 xubilados do concello de Cambados que participaron na comida anual que a Deputación e o Concello ofreceulles cos cartos de todos nos no pavillón do instituto Ramón Cabanillas vironse sorprendidos xa que á cita acudiron tamén un numeroso grupo de xóvenes pertencentes a “Democracia Rial Xa” de Cambados, que se presentaron no centro con pancartas de protesta.
Os manifestantes portaban lemas como "Coa boca chea non se protesta", "A vosa comida pagámola nós", "Nós tamén queremos comer" ou "Máis pan e menos chourisos". O grupo “formado por membros da plataforma cidadá que se está mobilizando por toda Europa baixo o lema "Democracia Real Xa" entrou no pavillón sobre as 16 horas e despregou as súas pancartas.
Aproximadamente un cuarto de hora despois chegou unha patrulla da Policía Local, quen desoloxou os manifestantes sen estes opoñer resistencia algunha. Estes querían mostrar a súa oposición ao evento, no que a Deputación e o Concello asumen o gasto íntegro dunha comida na que participaron ao redor de 700 persoas e que ascende a máis de 25.000 euros.
![]() |
Non só foroin xubilados e pensionistas o xantar, habia xente doustras idades entre eles. |
Non é a primeira vez que este Xantar dá Terceira Idade de Cambados vese tinguido de polémica. En anteriores edicións, o BNG protestou porque se celebrou en plena campaña electoral, e nunha ocasión ata censuraron que o presidente da Deputación, Rafael Louzán, aproveitase o acto para anunciar a obra do cambio de cuberta da piscina municipal. Unha actuación que, ademais, nunca chegou a facerse realidade.
Esta xantar é abonado integramente polo Concello de Cambados, con axudas de Deputación, é totalmente falso o que di o Diario de Arousa voceiro oficial do PP na ria.
“Hai que destacar que este evento xa se converteu nunha cita obrigatoria na axenda festiva de Cambados, como colofón ás numerosas actividades que organizan os maiores ao longo de todo o ano no municipio cambadés” .Esta foi unha forma de que o PP lle agredece os maiores o seu voto nas anteriores eleccións. O mais grave do asunto e que todos os medios de prensa agocharon a información agás Faro de Vigo.
Doutra bando tamén informamos que este movemento ten a súa propia páxina web que podes visitar premento AQUÍ a que queda xa tamén no noso grupo de amigos.
OS ENÓLOGOS CAMBADESESS CAYETANO OTERO E PATRICIA PRESAS RECOÑECIDOS EN EUROPA
![]() |
Santiago Otero e Patricxia Presas. |
De parabén están estes días moitas adegas de Rías Baixas. E é que nos premios que están a conceder os distintos certames internacionais están a triunfar, de novo, os albariños. En só unha semana, medio centenar de viños desta denominación de orixe cultivaron outras tantas medallas de ouro, de prata e de bronce. No Concours Mondial de Bruxelles e na revista británica Decanter hai moitos Rías Baixas entre os seus premiados. Os albariños volven brillar pola súa calidade.
Grandes triunfadores
Quen tamén está a festexar os numerosos premios que están a cultivar as adegas son os responsables do laboratorio Tecnoloxía Enológica do Salnés. Este centro, que abriu as súas portas en setembro do 2009, está dirixido polos enólogos Cayetano Otero Padín e Patricia Presas. Esta última é unha orgullosa granxeira, isto é, estudante do centro da Granxa de Ponteareas. Estes dous mozos demostraron estar máis que sobradamente preparados. A súa tarefa, ademais de ofrecer apoio e asesoramento aos viticultores, é a de encargarse dos labores enológicas de varias empresas do albariño. E catro delas lograron facerse cos premios que outorga o xurado de Bruxelas. Tendo en conta que nese concurso resultaron premiados un total de quince caldos, eles leváronse un cuarto dos galardóns. Unha cifra que non está nada mal e que proba o seu bo facer cos albariños.
UU.EE QUERE COÑECER O NOSO ALBARIÑO
![]() |
Un dos amaericanos que nos visitas estes dias. |
En xuño, a vila tamén recibirá a visita dun importante adegueiro californiano interesado en coñecer a esencia e orixe do albariño.
Cambados terá mañá un importante papel como capital do albariño. A vila convertirase no lugar de parada dun grupo de dez norteamericanos que viaxan polo sur de Europa para coñecer as rexións máis importantes para a produción vitivinícola. A comitiva estará encabezada por Adrian McManus, único británico Cabaleiro do Albariño e primeiro pregoeiro estranxeiro da festa. El será o encargado de actuar como embaixador e intérprete do grupo.
Dentro da súa estancia en Cambados, os visitantes farán un percorrido polo Conxunto Histórico cambadés, para despois coñecer dúas adegas próximas á vila: Mar de Frades e Pazo Señoráns.
Esta visita está organizada pola axencia americana Grape Hop, con sé central en Nova Jersey e que se dedica ó turismo relacionado coa enogastronomía. Precisamente esta axencia prepara outra importante viaxe dende Estados Unidos a Cambados: desta volta será o importante adegueiro californiano e presidente do Santa Bárbara Wine Club, Rick Longoria o que visite a vila cambadesa. Longoria chegará ó Salnés acompañado dunha comitiva de expertos o vindeiro 14 de xuño, co obxectivo de coñecer a esencia orixinal do albariño e o territorio onde se asenta da DO Rías Baixas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.