4 de maio de 2011

CAMBADOS 4 DE MAIO DE 2011

A TERAPEUTA ALEMÁ MARIANNE FRANKE IMPARTIRÁ POR PRIMEIRA VEZ EN GALICIA UN CURSO DE PEDAGOXÍA SISTÉMICA O PRÓXIMO MES DE MAIO
Marianne Franke
Desenvolverase en gabinete de psicoloxía e formación Gapsi de Vilagarcía de Arousa
O curso “Tendendo pontes entre a Familia e a Escola” está dirixido a pais, profesionais da educación e persoas vinculadas a actividades de apoio social
A recoñecida terapeuta alemá Marianne Franke, que dedicou máis de 25 anos á docencia e a través das Constelacións Familiares na área escolar, atopando solucións para problemas que presentan os fillos na escola, nas súas relacións interpersoais, con amigos, profesores, etcétera, impartirá por primeira vez un curso en Galicia.
O curso terá lugar no centro de psicoloxía e formación Gapsi de Vilagarcía de Arousa os días 13, 14 e 15 de maio.
Esta actividade está dirixida a pais e nais co desexo de recibir novas perspectivas e ferramentas para a relación cos seus fillos na famlia e fóra de casa, así como a mestres e profesionais da educación que queiran mellorar o seu labor profesional e ter máis heramientas para unha "mirada" diferente de educar e ao os diferentes sectores implicados: pais, profesores, alumnos, sociedade, etcétera.
Cartel anunciador do evento (preme na
imaxe para velo ampliado).
O curso pode resultar así mesmo de sumo interese para directivos e mediadores de escolas e institucións educativas, persoas dedicadas a profesións de axuda que teñen por obxectivo o apoio social, e alumnos en formación pedagóxica, psicopedagógica, maxisterio, educación social, psicoloxía, etcétera.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través dos teléfonos 679 897 299 (mañás) e 986 502 233 / 655 981 224 (tardes).
"A través das miñas experiencias comecei a entender que como profesores, para poder dar clases con éxito, non só temos que facer un espazo no noso corazón para os nosos estudantes, senón tamén para os seus pais... Ao mesmo tempo, fíxolleme claro canto un profesor é fortalecido cando el ou ela teñen éxito no encontro da paz co seu propios pais. Isto quere dicir unha aceptación sen reservas do que os pais ofreceran/pasado, os seus procesos e o seu destino particular...", explica a propia Marianne Franke achega do curso ?Tendendo pontes entre a Familia e a Escola?, que impartirá por primeira vez en Galicia.
Marianne Frank
Naceu en Munich, Alemaña en 1942. Durante máis de 28 anos traballou como mestra en escolas de ensino primario e secundaria.
Formouse en Terapia Primal, Constelacións Familiares con Bert Hellinger, Hipnoterapia con Gunter Schmidt e Terapia Breve con Steve de Shazeer. Actualmente é coordinadora e formadora en Constelacións familiares a nivel internacional e realiza terapia individual e de parella.
Tarxeta de inscripción (preme na inaxe para vela ampliada)
O seu principal interese é a aplicacion destes coñecementos na supervision de mestres, terapeutas e impartir ferramentas de axuda a pais de familia.
É autora de "Es un de nós. Miradas e solucións para docentes, alumnos e pais" (Alma Lepik Editorial, 2009), do que en España levan xa publicadas tres edicións.
Pedagoxía Sistémica
Os nosos fogares e polo tanto as nosas escolas están nun proceso de cambio. Non só están cambiando os conceptos daquilo que os alumnos "nenos e adolescentes " deberían aprender e como adquirir coñecementos, senón tamén o xeito de levar unha vida familiar. Estes procesos de transformación confrontan aos pais e docentes con tarefas novas e descoñecidas.
Xa que logo, propomos, a través dunha comprension sistémica, achegar un espazo de reflexión e traballo acerca dos cambios na demanda profesional a docentes, educadores, e profesionais de axuda psicosocial así como ferramentas válidas para o día a día no aula e no fogar.
A relación entre a escola, as asociacións de pais, e as familias mesmas é de importancia maxima dentro deste contexto.

HOXE INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN EXPOSICIÓN: HOMENAXE DOS CENTROS DE ENSINO A FRANCISCO ASOREY


Victor Caamaño , entre os asistens a inauguración da
exposición.
Descrición da exposición:
CENTROS PARTICIPANTES                                                   TEMA
C.E.I.P. ANTONIO MAGARIÑOS                           Palabras ilustradas para Asorey
C.E.I.P. CASTRELO                                                  Roteiro Asorey
A Asorey gustábanlle os animais
C.E.I.P. VILARIÑO                                                   Monumento a Curros Enríquez
C.E.I.P. CORVILLÓN LEMBRANDO A ASOREY Escultura de Míguez
C.E.I.P. SAN TOMÉ                                                  Obradoiro de escultura
E.E.I. A PASTORA                                                    A Naiciña
O Tesouro
I.E.S. RAMÓN CABANILLAS                                  Poema de Cabanillas pezas muller-cerámica
I.E.S. FRANCISCO ASOREY                                   Biografía en fotos (2)
Acto de inauguración:
Presentación: Correu a cargo de Adela Leiro (Presidenta da Asociación Candea) e o alcalde de Cambados.
Proxectaronse Multimedia con imaxes de obras de Asorey e do ambiente do seu tempo. Lectura de textos por parte de profesorado e alumnado.
Contouse coa asistencia do Fillo de Asorey e de Cao Lata, o autor do monumento da Praza de Asorey. Tamén estivo presente o candidato do BNG Victor Caamaño.

ANXO RODRIGUEZ, UN ARTISTA MECO EN CIERNES
Hoxe mércores a partires das nove da noite inauguración da obra do xoven meco Anxo Rodriguez. A súa obra estara exposta no “Mesón do Abó” dende o 3 de maio o 15 de xuño. Anxo descubrenos a cór como un mundo novo parece que abusa dela pero o remate o que fica nas nosas retinas son futuras obras de arte. Anxó ten uns antecedentes artísticos que son toda unha garantia o seu pai e o caricaturista meco-cambadés Gogue. Todos aqueles que queirades asistir a este inauguración será a partires das 9 da noite no meritado establecemento e poderedes degustar uns viños a saude do novo artista.



XULIA ALONSO E FRANCISCO CALO FORON Os GAÑADORES DA XXVI EDICIÓN DOS PREMIOS ANTÓN LOSADA O Xurado ESTIVO PRESIDO POLO CAMBADÉS FRANCISCO FERNANDEZ REI
Paco, segundo pola esquerda, presidiu o Xurado.
O xurado da XXVI edición dos premios Antón Losada Diéguez, composto por Francisco Fernández Rei representando á Real Academia Galega, Henrique Monteagudo polo Consello da Cultura Galega, Francisco Fariña polo Museo do Pobo Galego, José Luís Valladares representando á Deputación, Anxo Tarrío pola cátedra de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago, Xosé Henrique Costas pola universidade de Vigo e Xosé Ramón Freixeiro pola da Coruña, e actuando como presidente Cipriano Caamaño e vicepresidenta María Josefa Pérez, outorgaron o premio de creación literaria a Xulia Alonso, pola súa obra “Futuro Imperfecto”, editada por Galaxia. O xurado valorou nesta obra a gran intensidade emotiva que introduce a vida dentro da literatura. Narra unha experiencia vivida que representa tamén a historia dunha xeración que sucumbiu ao engano da droga como negocio manexado por xente sen escrúpulos.
Doutra banda o mesmo xurado outorgou en premio na modalidade de investigación e ensaio á obra “Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia” de Francisco Calo Lourido, editada por Xerais. Desta obra destacaron os membros do xurado o rigor documental da mesma, as diferentes fontes de aproximación ao problema histórico dos celtas e do celtismo, así como o seu reflexo en Galicia, nun debate aberto que tivo a súa importancia na configuración da identidade mítica dos galegos.

Victor Caamaño foi o gañador
do debate do luns.

HOXE DEBATE DOS TRES CANDIDATOS EN TELE SALNES
Hoxe volta de novo un debate a tres entre os candidatos as vindeiras eleccións municipais entre Victor Caamaño, Domingo Tabuyo e Luis Araugunde, esta vez será nas cámaras de Tele Salnés ás 23 horas, e sin "hooligans", so coa capacidade mental de cada ún e as suas propostas para un novo Cambados, segundo a maioria dos foros onte o gañador do debate foi Victor Caamaño, por edugación por elegancia , polas suas propostas e porque lle diu un repaso dos que marcan época a Aragunde.

Ningún comentario: