Páginas

22 de maio de 2011

IN MEMORIAM

A MONCHO FONTAN
Insustituible Moncho Fontán.
Querido Moncho, o venres a noitiña soubemos do teu pasamento, outra vez a estrada, outra vez un desaprensivo  e imprudente conductor segou a vida dun bo home. Moncho tiñas tres familias, unha a tua,  a primeira,  sempre diante Mercedes e Matias e despois teus irmáns, tuan nai e os teus achegados, para ti  primordias e que ambas e respetabas con locura. Outra era o fútbol do cal Moncho eras un apasionado, directivo con varios presidentes, pero sempre duas máximas responsabilidade e traballo, sempre dando o callo no futbol e sempre defendendo a capa i espada as cores do Club Juventud Cambados, que levabas a ferro marcado no teu peito, o mellor delegado que tivo o Cambados na historia, psicologo cos árbitros, amigo e defensor dos xogadores, e sempre dando bos consellos e apaciguando a veces os técnicos. A terceira das tuas familias era o BNG, sempre loitando por esa Galicia que tanto que querias e defendias, sempre loitando contra os caciques de Castrelo e sabes ti moi ben Moncho a quen me refiro, sempre dando o callo como sempre fixeches en todos  aspectos da túa vida, ata neste domingo de eleccións estabas deginnado apoderado polo BNG, como ti ben diseches ata a hora de comer que logo tiñas que facer de delegado en Burgáns. Un gran sentido  do humor, sempre te disfrazabas no Entroido como Delegado ata que un árbitro de Illa cho prohibiu e fixote mais famoso do que ti esperabas. Díficil Moncho, sumpllirte no BNG, casi que imposible no Club Juventud Cambados e IMPOSIBLE sustituirte para os teus. Estou seguro que donde esteas vas estar mirando polos teus, polo Cambados e por Galicia. Ata sempre Momcho.

Xaquin Charlin "Chon".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.