11 de xuño de 2011

11 DE XUÑO DO 2011

O VICEPRESIDENTE DA XUNTA PARTICPARA NA III CARREIRA POPULAR DE CAMBADOS

Rueda Crespo
A terceira edición da Carreira Popular de Cambados, que se maña, conta xa con máis de cincocentos atletas inscritos, procedentes de Galicia e Portugal. Trátase dun circuíto urbano de dez quilómetros que sairá e terminará na praza de Fefiñáns. Entre os atletas sinalados están nomes como, Pedro Nimo, Hassan Lekhili, ó Claudia Pereira, vencedores de pasadas edicións; ou outros recoñecidos como Elías Domínguez, José Antonio Ramallo, Rui Teixeira, Iolanda Gutiérrez, Filomena Costa e Dorotea Alves, tamén está prevista a participación do vicepresidente da Xunta Sr. Rueda, e o concelleiro de Cambados Xaquin Charlin. “Chon”..
Establécense categorías de xuvenís, junior, promesas, senior e veteranos, tanto en homes como en mulleres. Entregaranse premios en metálico para os tres primeiros clasificados, e trofeos en todas as categorías. Toda a proba estará controlada a través dun chip que os atletas deben colocar nas súas zapatillas antes da saída. O percorrido estará indicado, controlado e sinalizado por quilómetro.
Os participantes deben dar tres voltas ao circuíto, que partirá de Fefiñáns cara á Avenida da Coruña, rua do Pombal, Ribeira de Fefiñáns, paseo da Calzada, praza do Concello, paseo marítimo, alameda de San Tomei, Avenida de Galicia, Avenida de Vilariño ata o cruzamento coa Avenida de Madrid, rúa Real, e meta en Fefiñáns. A Policía Local cortará estas rúas ao tráfico desde primeira hora da mañá ata a unha do mediodía.
A inscrición estará aberta ata a medianoite de mañá na páxina web http://www.championchipnorte.com/  ó na oficina do animador deportivo do Concello.

Ningún comentario: