Páginas

12 de xuño de 2011

CAMBADOS 12 DE XUÑO DE 2012

POR FIN O BNG SUPEROU O PP EN CAMBADOS... NA III CARREIRA POPULAR
Xaquin Charlin do BNG superou
a Alfonso Rueda do PP na carreira,
unha anécdota máis da proba. 
E explicamonos, hoxe disputouse en Cambados a III Carreira Popular de Cambados, un percorrido urbán de 10 kms. , cunha participación de luxo, a nivel deportivo contou nada mais e nada menos con todo un campión do mundo (na epecialidade de triatlón) o galego Gomez Noya, así como do gañador da primeira edición o santiagués Pedro Nimo. Tamén a nivel político disputabase unha batalla silenciosa entre o concelleiro do BNG Xaquin Charlín “Chon” e o Vicepresidente da Xunta do PP Alfonso Rueda, ainda que nas duas primeiras voltas o popular ia diante na terceira volta foi adiantado por Chon quen fixo o chegar a meta un tempo de 49´24” (rebaixando en casi catro minutos a marca do ano anterior) e o popular fixo un tempo de 49´55”. A organización foi perfecta ainda que parece ser que a derradeira hora houbo unha reclamación importante pero de seguro que estos dias seremos informados polo animador deportivo do Concello Alfredo Oliveira. Votamos de menos tamén algúns corredores a camiseta conmemorativa, sobre todo os que xa tiñamos as duas de anos anteriores, sustituida este ano por unhas gorras donadas prla Depuradora de Masricos “Joaquin Fariña”. A destacar tamén a posta de largo en Cambados do Club Atletismmo Cambados, que dirixe Tito Fariña, partipando bastantes dos seus membros. A medida que nos vaian enviando fotos da carreira iremolas engadindo a COLUMNA DA DEREITA ONDE PODES VER UNHA AMPLA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA MESMA.


XUGA BONITO 0 HEPWORD UNITED 1
Moita ilusión tiñan onte en Cambados os que ian desputar o encontro internacional entre o equipo ingles de Hepword United de Holmfirth (preto de Liverpool – England) e a selección oficiosa de Cambados o “Xuga Bonito”, de feito o encontro despertara moita espectación e con númeroso público nas bancadass, o encontro comenzara con emoción e os ingleses no minuto 8 adiantaronse no marcador, pero no minuto 17 un balon que estaba en clara posesión de Chon é entrado alevosa e imprudentemente por un xogador inglés que sea mal parada xa que sufriu rotura de tibia e perone, a partir de ahí ambulancia , traslado hospital e os ingleses non quixeron seguir xogando o encontro co disgusto de uns e a a sorpresa de outros. Unha vez pasaou o susto soluciuonaronse todos os problemas no “Galo Negro” donde gozaron todos dunha e carallada ata altas horas da madrugada. Unha magoa o contratempo sobre todo para os organizadores do evento e mais que ningén o sentiron os que levan o peso de todo isto Jacobo Dominguez e Juan Chatarra. PODES VER UNHA AMPLA REPORTAXE FOTOGRÁFICA NA COLUMNA DA DEREITA.


SÓ TRES DOS ONCE CONCELLEIROS DO PP DE CAMBADOS XURARON O CARGO EN GALEGO.

A nova corporación municipal cambadesa.
Luís Aragunde Aragunde recolleu onte o bastón de mando de Cambados ante preto dun centenar de persoas. No seu discurso, o alcalde manifestou que unha das súas prioridades será "combater o drama do paro"cousa que non fixo ate o de agora. Para iso, expón "traballar á beira dos sectores produtivos", potenciando sectores como a agricultura, a pesca e o marisqueo, o comercio, a hostalería e o turismo, se potenciar sectores productivos chamaballe facer as comportas de Tragove , mal empezamos.
Aragunde comprometeuse tamén "a pór todo o meu empeño para que Cambados siga no camiño da prosperidade" Omitiu de xeito descarado a oposición a quen non lle ofreceu a man para traballar en común por Cambados, a inda que sexa unha frase protocoloria.
Acudiron á sesión de investidura, celebrada ao mediodía, outros exediles de BNG e PSOE, como o alcalde nacionalista da década dos oitenta, Xoán Antonio Pillado Silvoso, Ramón Ulloa, José Daporta ou o líder socialista durante máis de 20 anos, Domingo Tabuyo, que este ano renunciou ao acta de concelleira tras os malos resultados do 22M.
O pleno transcorreu sen incidencias, agás que cun desprezo total o galego, so tres concelleiros do PP xuraron o cargo en galego, os demais fixeronno en castelán incluidos galego parlantes, os seis concelleiros da oposición prometeron en galego.. Compuñan a mesa de idade os populares Candelaria Martínez Eiras e Juan Ramiro Gómez Branco, que son, respectivamente, a maior e o máis novo dos concelleiros. A votación do alcalde foi secreta, mediante un papel depositado nunha bandexa, e arroxou o resultado esperado: 11 apoios para Luís Aragunde, tres para Víctor Caamaño, e outros tres para Rafael Branco Guerreiro. Finalizado o escrutinio, a interventora fixo público o arqueo. O Concello posúe agora mesmo nas súas arcas 1,8 millóns de euros, o que non se entende é que se teñen tantos cartos como di a intervetora como é que hai empresas que teñen facturas sen pagar dende hai varios meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.