Páginas

7 de xuño de 2011

Cambados 7 de Xuño de 2011

TREIXADURA É O “MÁXIMO”.
Varios membros de Treixadura na presentación do
disco.
O sábado pasado os que tivemos a sorte de acudir o incomparable marco do “Pazo A Capitana” en Cambados propiedade da empresa familar JOSE MARIA DAPORTA LEIRO E HIJOS, S.L., tivemos a gracia de acudir a presentación do derradeiro CD de “Treixadura”, un CD cargado de calidade e emoción, en CD cargado de amor o amigo, o compañeiro que se foi para sempre, en CD cargado de amor a terra , de amor o noso idioma as nosas raices e as nosas costumes. Fai vinte anos tivemos a ocasión de escoitar a cinco mozos que se facian chamar Treixadura dianta da praza do Concello de Cambados, apenas eramos 30 persoas, vinte anos despois esa mesma xente con amigos que se “subiron e baixaron do tren” encheron a mesma praza e fixeron cantar a centos de persoas e unha soa voz “Fisterra” o segundo himno de Galicia. Hoxe Treixadura son o espello donde se miran centos de grupos de musica galega que comezan a súa andaina polas ruas , prazas e vilas de Galicia. Din que unha persoa chora cando realmente sinte o que ve, escoita ou fala, hoxe no Pazo da Capitana vimos chorar o moita xente escoitando temas como “Canto o meu compañeiro” un berro desgarroador a un amigo que se foi pero que está con eles. Treixadura a partir de hoxe non é un grupo mais de música galega , Treixadura pasa a historia de nosa terra con letras maiusculas, o dia de mañan os nosos fillos e os nosos netos non poden entender a musica en Galicia sen ter presente a estes rapaces que fai vinte anos case non os escoitaba ningén e pasaron a ser uns verdadeiros idolos que ate se permiten o luxo de asinar autografos, quen llo diria os Campaneiros que uns gaiteiros un dia non moi lonxano asinarian autografos. Os Da Asociación Unha Grande Chea, hoxe xa desaparecida tivemos a sorte inmensa de tocar con un membro deste grupo cun mestre da música galega, un xenio incontestabel de nosa música: Xaquin Xesteira, este home que é un purista da música non puxo inpidementos para tocar outras pezas mais “charangueiras” cando Domin llo pedia, a veces oimolo dicir “Domin non me fagas tocar isto”, pero tocaba temas coma “Obladi”,Yellow sumarine”, ou “Galicia” do duo Pimpinela”. Xaquín Xesteira é un monstruo da música, seguramente Roberto, o seu pai , si estivera con nos estarianlle caindo as lagrimas de ver como o seu fillo , aquel neno que comenzou tocando o tamboril cos Campenerios con apenas sete anos, triunfa na música galega, triunfa en Treixadura, triunfa na “Banda de Música de Castrelo, triunfa en Faiscas de Solobeira e triunfou en Unha Grande Chea, pero estaba a súa nai Pitusa para chorar polos dous. Moitas grazas amigos de Treixadura por ter a amabilidade de citarnos no voso disco, como xa dixemos un grande epitafio para unha Asocación que como di a canción adicada a Morgan “Anque me vou non me vou, aunque me vou non me ausento, aunque me vou de palabra, non me vou de pensamento” porque ainda que desaparezamos como asociación ficamos no corazon dos e das cambadesas.
Deixamosvos co video desta peza adicada o desparecido Morgan, grazas a Treixadura por existir a facer que bailemos, riamos, choremos, e gocemos o seu carón. Gustarinanos que o vindeiro disco, dentro de un ou dos anos o titulo sexa “Sen vos non somos nada”.  Tamén podes ver unha reportaxe fotográfica da presentación do disco na columna da dereita. Unha aperta Treixadura.



Portada do libro
“LUME DA COBIZA” PRESENTASE EN CAMBADOS
Editorial Galaxia e a Libraria Ramón Cabanillas comprecense en invitalos a presentación do libro “Lume da Cobiza” do polifacetico Miguel Anxo Fernández
Estárán acompalando a Miguel Anxo o artista Saúl Otero (que fixo aquela portada tan xeitosa para a "desaparecida" FRANK SOUTELO E O MANUSCRITO DE CABANILLAS), e finalmente polo cineasta Ángel de la Cruz, con dous premios Goya por O BOSQUE ANIMADO e O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN, ademáis de director de OS MORTOS VAN ÁS PRESAS, na que este autor fixo a súa primeira irrupción no cine como... crego.
Miguel Anxo Fernández é licenciado en xeografía e historia, na rama historia da arte, arte, Xeografía e Historia de Galicia. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, onde prepara a súa tese de doutoramento sobre Carlos Velo.
Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.
Ademais de dedicarse á docencia é autor de numerosas obras de historia do cine galego e de obras de ficción, así como ensaios e colaboracións en numerosas publicacións, exercendo de crítico de cine e televisión diariamente en La Voz de Galicia. Director da revista Audiovisual Galego. Colaborador do programa Planeta Cine da TVG e do espazo Diario cultural da Radio Galega.
É membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e do do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores da Consellería de Educación. Coordinador do programa Audiovisual nas Aulas para o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación.
Director do curso de verán que anualmente promoven a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo desde 2005.
Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión, á Academia Audiovisual Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, ó Padroado do Museo do Pobo Galego e ó Pen Club de Galicia.

O partido de ida
WELCOME HEPWORTH UNITED
O vindeiro sábado ás 18 horas no Campo Municipal do Pombal vai ter lugar o encontro internacional que van disputar os equipos Hepworth United de Holmfirth- Inglaterra e o equipo da recén creada asociación cambadesa “Xuga Bonito”-selección oficiosa de Cambados. Este ven a ser o partido de volta xa que os nosos rapces xiraron visita o ano pasado a England donde xa se impuxeron os donos de Peñón. A entrada é gratuíta e os nosos amigos ingleses esperán ver a bastante xente no campo , logo , como non,  levarannos de festa polos lugares máis tipicos da movida cambadesa.
Ptrocinadores.

Antón Sobral
ANTON SOBRAL EN BORRÓN 4
BORRÓN 4 ten o pracer de convidaloa ver a Exposición “Xerfas” Do 3 de Xuño ao 5 de Xullo de 2011.ANTÓN SOBRAL (Marín, 1952) Profesor da Escola Superior de Restauración de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia en Pontevedra
Desde sempre gustou de todo o relacionado coa cultura, poesía, teatro, música ou arte. Estudou na década dos setenta na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, onde, seguindo o seu interese polo ámbito cultural, participou en diversos proxectos relacionados con Galicia. Antón asegura estar moi comprometido co seu pobo, polo que, ademais do seu labor académico e artística, traballou en varias asociacións culturais en defensa da cultura galega como “O Galo” de Santiago de Compostela, “Ateneo Santa Cecilia” de Marín e, na actualidade, no “Ateneo de Pontevedra”, colaborando tamén en mostras en beneficio dos pobos como Ruanda, Cuba ou Nicaragua, cos que estableceu un intercambio internacional de artistas desde a presidencia da Asociación de Artistas Plásticos de Pontevedra. Antón Sobral realizou desde 1968 ata 1994 máis de 100 exposicións, a maioría delas en Galicia, aínda que tamén presentou en diversas ocasións as súas obras en países europeos como Alemaña, Austria, Francia, Italia ou Chequia e noutros puntos do mundo como Cuba, onde participou na exposición colectiva “¡Galegos! 7 miradas á pintura actual” no Salón Branco do Convento de San Francisco, na Habana, en 2000. Entre as exposicións que realizou en Europa destacan a que tivo lugar en 1997 no Museo Kloser Asbach, en Landkereis, Alemaña; a que se celebrou en Arquívelos Départamentales da Mayenne, en Francia, no mesmo ano; a exposición que rotou por Alemaña, Austria e Chequia baixo o título “Fiahnen fur frienden” ao longo de 2000; ou a que tivo lugar en Milán (Italia) en 2001 na Galería Sargadelos. En 2002 foi comisario con Teresa Táboas a mostra “Arquitecturas”, onde tamén participou como artista.
En canto aos premios que obtivo na súa traxectoria artística destaca o primeiro premio do XI Certame Nacional Xuvenil de Arte da Coruña que recibiu en 1969, mesmo ano no que conseguiu o primeiro premio do IV Certame de Pintura e Debuxo ao aire libre da Coruña; o primeiro premio do II Certame Xuvenil “Artes Plásticas” de Santiago de Compostela, que recibiu ao ano seguinte, cando tamén conseguiu o primeiro premio do I Certame Universitario “Fonseca” de Santiago de Compostela. Artista preocupado polo mar, defínese a si mesmo como un “mariñeiro en terra, creador de illas máxicas e inexistentes”. Na súa obra mostra a súa predilección pola bruma, a choiva, a liña do horizonte e o mar en calma. Os críticos din del que é un pintor de ceos e mares, que traballa en busca da súa musa, nun mundo pictórico tinguido de “fervenzas” poéticas, con certas reminiscencias románticas, dun interesante panteísmo que elimina a figura humana dos seus lenzos. A súa gran paixón, ademais da cultura e a propia arte, é viaxar, e nos últimos tempos incorpora ás súas composicións e exposicións varias obras realizadas a través da fotografía no seu aspecto máis creativo.
GALERÍA BORRÓN 4. Av. Galicia, 39 Cambados (Pontevedra) Telf. 986.52.01.22. borron4@terra.es
De martes a sábado de 11,30 a 14,00 e de 18,30 a 21,30








SEMINARIO SOBRE DIALECTOLOGÍA GALEGA E A CONFORMACIÓN DO GALEGO ESTÁNDAR, QUE OFRECEU O CAMBADÉS ACADÉMICO DA LINGUA GALEGA FRANCISCO FERNÁNDEZ REI
Euskadi conta con dous centros de estudos galegos
Paco Ferdez. Rei.
A lingua e a cultura galega chegan a máis de 300 alumnos das universidades do País Vasco
Máis de 300 estudantes aprenderon lingua e cultura galega en universidades do País Vasco durante o curso académico 2010-2011, a través dos centros de estudos galegos cos que conta actualmente a Secretaría Xeral de Política Lingüística na Universidade do País Vasco (UPV) e na Universidade de Deusto.
O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, reuniuse na Facultade de Letras da UPV cos responsables dos dous centros de estudos galegos e cos seus profesores lectores de galego, a quen lles trasladou o seu parabén polo importante labor que están realizando a favor da proxección exterior da lingua e da cultura galegas desde o País Vasco.
Así mesmo, aproveitaron este encontro para tratar algunhas das principais cuestións previstas para o próximo curso académico, así como temas de interese respecto das actividades e do funcionamento dos dous centros de estudos.
Por parte da UPV participaron neste encontro o decano e responsable do Centro de Estudos Galegos da Facultade de Letras, Iñaki Bazán, e a súa profesora lectora, Débora Álvarez. Da Universidade de Deusto acudiron a directora do Centro de Estudos Galegos da Facultade de Filosofía e Letras, María Luz Suárez, e o seu profesor lector, Alexandre Gaiferos Parrado.
Cursos preparatorios
Ademais de impartir materias de lingua, literatura e cultura galegas que están integradas nos programas académicos das universidades, os profesores lectores de galego tamén ofrecen cursos preparatorios para as probas de certificación do coñecemento en lingua galega (Celga) e desenvolven un importante programa de actividades para reforzar o contacto e a aprendizaxe da lingua galega.
Entre a oferta de actividades complementarias que se organizaron no curso académico 2010-2011 no País Vasco "algunhas delas en colaboración cos centros galegos da contorna das universidades" destaca, entre outras, iniciativas musicais, literarias e propiamente lingüísticas.
Algunhas destas actividades materializáronse na xornada impartida por Xavier Valiño sobre a música galega nos últimos trinta anos, no relatorio da escritora Inma López Silva acerca das empresas editoriais de Galicia e das obras literarias galegas máis recentes ou no seminario sobre dialectología galega e a conformación do galego estándar, que ofreceu o académico da lingua galega Francisco Fernández Rei.
Anxo Lorenzo visitou o País Vasco para reunirse cos responsables do instituto vasco ?Etxepare? e do instituto catalán “Ramon Llull”, Aizpea Goenaga e Vicenç Villatorio, respectivamente, cos que analizou propostas de colaboración para a proxección exterior de galego, eúscaro e catalán desde universidades do Estado español e do exterior.
Así mesmo, o secretario xeral tivo ocasión de manter un encontro institucional coa súa homóloga vasca, a viceconselleira de Política Lingüística, Lourdes Auzmendi. Durante a entrevista, que tivo lugar na sede do Parlamento de Euskadi, ambos os responsables puxeron en común as principais liñas de actuación que están desenvolvendo os dous gobernos para a extensión social das súas linguas propias.



ESCUMA QUERE VOLTAR OS 80
Dende Escuma mercan calquera artigo ochentero que podades ter gardado no voso faiado. Válenlle tanto scalectrix, como teléfonos, pósteres, cómics, cassetes, pegatinas, vinilos, patíns, chinitos da sorte, xoguetes..., é dicir, dáme igual o que sexa. (Non necesito que os aparellos eléctrónicos funcionen). O único que pido e que sexan da época. Razón a esta dirección de facebook: bfikaz@hotmail.com.

UNHA XIVA DE CASE 5 KG.
O outro día na lonxa de Cambados bateseu todo un record, a menos que nos saibamos, que na na venda normal do peixe da parte vendeuse un exemplar de case 5kg de xiva. O nova pasaria sen pena nin gloria senon fora porque Perto Pisalleira colgouna no seu facebook, e despois din que non vale para nada esta ferramenta.





Beiras.
ENCONTRO IRMANDIÑO A PIQUES DE ORGANIZAR UN “ENCONTRO ABERTO”
Estando a prol dun necesario novo referente político para facer fronte ás necesidade socio-económico-políticas do País, ante a situación de crise no seo do nacionalismo galego organizado e a súa contorna social co afastamento do BNG dos sectores que tradicionalmente o apoiaron, e as derivadas do seu fracaso electoral e os procesos de interlocución aberta e sen compromiso encetados.
O Encontro Irmandiño quere escoitar, pulsar a opinión, debater, tomar nota, informar e informarse con todas aquelas persoas -militantes ou non do BNG e das súas correntes- cidadáns preocupados e preocupadas polo que está acontecendo.
Para iso, dende o Encontro Irmandiño, estamos a preparar un Encontro Aberto para datas próximas, arredor do próximo 18 de xuño, que será debidamente publicitado. O Encontro Aberto non terá máis compromiso que falar e escoitar.
No Encontro Irmandiño, antes de tomar decisións ao respecto do proceso de diálogo no BNG, queremos coñecer o que pensades e o que cada quen está disposto a facer polo que nos gustaría contar coa túa presenza e a de cantos estean interesados nun necesario novo referente político para facer fronte ás necesidade socio-económico-políticas do País. Preme AQUI para acceder a páxina de Encontro Irmandiño.


Bill Gallo con Gogue
MORRE BILL GALLO MESTRE DO HUMOR GRÁFICO E AMIGO DE GOGUE
O mundo do humor grafico perde a un dos maiores mestres. Bill Gallo faleceu a semán pasada os 88 anos en New York. Gogue estivo con él fai un ano no seu estudio no periodico donde traballaba o New York Dayly News.
Con só 12 anos, Bill Galo tivo que sobreporse á morte do seu pai e converterse no principal soporte económico da súa familia, pouco despois do crack do 29. Un dos traballos que atopou foi o de redactor en prácticas no New York Daily News. E alí quedou 70 anos máis, exercendo como columnista e caricaturista deportivo e deixando un legado de 15.000 debuxos publicados. O último mostraba a un dos seus personaxes comprando un vestido que lucir na voda real inglesa.
Pero no medio desta extensa carreira xornalística, Galo aínda tivo tempo de unirse aos marines en 1942. Fixo o servizo durante a Segunda Guerra Mundial, o que lle levou ata territorios como Saipan e Iwo Jima. O seu bolígrafo volveu soltar tinta pouco logo de 1946.
A pesar de ser un fanático de todos os deportes, as súas verdadeiras paixóns eran o boxeo e o béisbol. De feito, as bandeiras ondean a media hasta no International Boxing Hall of Fame (Nova York) pola súa morte. Unha das súas primeiras crónicas foi a dun combate. O xornalista que debía ir cubrir o acto atopábase indisposto e o xefe de sección de Galo mandoulle, a última hora, a cubrir a pelexa. Ante os seus nervios, o seu superior recomendoulle que tomase algunhas notas durante o enfrontamento e que logo escribise o artigo coma se fose unha carta a un amigo, onde lle contase a loita. Ao parecer, esta técnica funcionoulle e o columnista utilizaba este recurso frecuentemente.
Os seus debuxos fixeron de Galo, cuxo último premio recibido foi o Ellis Island Medal, unha institución no xornal. Os bosquexos reflectían a mestura de culturas da cidade e o xeito como estas conseguían unirse a través do deporte. Os nenos tamén tiñan protagonismo nas súas viñetas, posto que cría que eles eran os verdadeiros fans desta actividade.
Morreu aos 88 anos de pneumonía. Mentres permanecía tombado na na cama do hospital, Galo seguía creando e mandaba as súas obras ao xornal.

Valentin Paz Anmdrade
O CAMBADÉS PACO FERNANDEZ REI A NUNCIA O NOVO PERSOEIRO DAS LETRAS GALEGAS 2012
Valentín Paz Andrade será o personaxe do Día dás Letras Galegas de 2012. Decidiuno por maioría de votos o plenario da Real Academia Galega (RAG), reunido onte na súa sede por espazo de dúas horas e cuarto, tras debater 22 propostas. Participaron 23 dos 28 membros -faltou o presidente Méndez Ferrín por unha doenza lumbar-, e tras a reunión o secretario Xosé Luís Axeitos -acompañado polo arquiveiro-bibliotecario Euloxio Rodríguez Ruibal, o tesoreiro Manuel González González e o vicesecretario Francisco Fernández Rei-, foi o encargado de dar a coñecer á prensa a determinación.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN-HOMENAXE AO ESCULTOR DO IES ASOREY
O vindeiro mércores 8 de xuño as 20 horas no Instituto de Ensinanza Segundaria Francisco Asorey sito nos Olmos-Cambados tará lugar a presentación da exposición homenaxe a un dos nosos escultores máis famosos. Ademais proxectarase un video documental e presentarase unha páxina web. O remate servirase un viño coa colaboración da adega “Terra de Asorey”.





Membrops do 15-M cambadés.
ASEMBLEA PÚBLICA EN CAMBADOS
O vindeiro venres 10 de xuño ás 21 horas terá lugar na Praza do Concello de Cambados unha asemblea pública que como o seu propio nome indica aberta a calqueira cidadán que se queira achegar o lugar. Esta asemblea está organizada polo movemento “Democracia Real Cambados”.

Yayo Daporta.
YAYO A VALENCIA
Yayo Daporta promociona esta semana os berberechos, as ostras e o albariño nunha destacada feira gastronómica levantina .
A raíz de Yayo Daporta atópase na cociña tradicional. Pero a transcende. A materia prima é a mesma que fixeron famosos os fogóns galegos “os mariscos, as hortalizas, o viño”, pero Daporta combínaos dun modo novo e confírelles unha nova dimensión. Así, experimenta coas texturas, coa temperatura dos alimentos, coas súas cores... Pero tamén ensaia con novos ingredientes. Así, o ceviche peruano serve para acompañar unhas ostras, e os berberechos aparecen á beira dun alga. Sabores que Daporta presenta esta semana en Valencia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.