10 de xul. de 2011

PAZ COLOCA UNHA OBRA SUA PRETO DO AEROPORTO DE LABACOLLA

A rotonda da entrada principal ao aeroporto de Santiago de Compostela lucirá desde este mércores a escultura dun cambadés. Aena encargou fai uns dez meses a Manolo Paz unha obra "que fose representativa da nosa terra", e o artista arousán creou un enorme menhir de dez metros de altura, que empeza a montarse o mércores. A peza é de granito, e inclúe uns pequenos ocos que emparentan a obra co conxunto escultórico que Manolo Paz ten xunto á Torre de Hércules, na Coruña. 
Manolo Paz explica que esas aberturas na pedra serven para reflexionar sobre os conceptos aparentemente contrapostos de peso e lixeireza. "Do mesmo xeito que parece imposible que algo tan pesado como un avión poida voar, a pedra tamén pode adquirir un aspecto de liviandad".  Unha liviandade que é só aparente. De feito, ao principio pensouse en colocar a escultura no interior do aeroporto, pero a operación demostrouse inviable debido ao peso do menhir “unhas 120 toneladas”, polo que ao final optouse por colocala nunha da entradas principais a Lavacolla.  Manolo Paz tamén ten obra pública en Cambados, no Museo do Viño e o acceso ao porto de Tragove. 

Ningún comentario: