20 de dec. de 2011

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS EN CAMBADOS

O Centro Comarcal do Salnés -ubicado no Paseo da Calzada, s/n, en Cambados, acollerá o xoves día 29 de decembro, dous cursos de manipulador de alimentos. O primeiro impartirase pola mañán, en horario de 10:30 a 13:30, e o segundo pola tarde, 17:00 a 20:00. Dirixido a calquera persoa que traballe ou queira traballar no sector da alimentación: hostalería, comercio, pesca e marisqueo, industrias, bodegas, agricultura, etc.
Está organizado por Enatop e será impartido por entidade de formación autorizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, con número de rexistro 101/Ga. Os interesados poderán inscribirse e obter máis información no teléfono 654 25 24 50.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: