19 de dec. de 2011

A ESTAS ALTURAS ARAGUNDE SEGUE SEN CUMPRIR A LEXISLACIÓN

O BNG ben de presentar un escrito no concello de Cambados solicitándolle que cumpra a lexislación vixente en materia do Regulamento Orgánico das Entidades Locais, concretamente o artigo 113.b do R.O.F. das Entidades Locais di: “no prazo de dez días deberá enviarse a tódolos membros da Corporación copia da acta”. , pese a elo o Alcalde segue
a entregar as actas das comisión de Goberno meses despois de celebradas ditas actas e así non hai maneira de fiscalizar a sua desastrosa xestión. Pero non só incumpren a lei neste senso senón en moitos outros. De seguido reproducimos o escrito íntegramente: 

Víctor Caamaño Rivas,, portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Cambados,
EXPÓN: que, hai uns días, o grupo municipal do BNG, recibiu un paquete de actas de Xunta de Goberno Local que comprendía varios meses de reunións; concretamente a primeira delas tiña data do 29 de agosto e, como vostede sabe, o BNG enviou o pasado 15 de outubro un escrito solicitando fora cumprida a lexislación, na entrega aos grupos da oposición de dita documentación e, se lle volve a recordar, que segundo o artigo 113.b do R.O.F. das Entidades Locais, “no prazo de dez días deberá enviarse a tódolos membros da Corporación copia da acta”. Recórdaselle, por segunda vez en dous meses, que con este modo de actuar está vostede a entorpecer a nosa labor de concelleiros, impedindo coñecer a  información puntual que precisamos para o desenvolvemento da nosa función, que a veces obtemos polos medios de comunicación;  o que é unha falla de respecto democrático aos veciños/as que representamos;  polo que
 SOLICITA: novamente que, de agora en diante, o Sr Alcalde teña a ben enviar aos grupos da oposición as copias das actas da Xunta de Goberno no prazo estipulado pola lei. De non cumprir coa solicitude do grupo municipal do BNG a este respecto, solicítaselle, sexa facilitada, unha resposta por escrito na que conste a causa pola cal a Alcaldía de Cambados está a realizar tal incumprimento da legalidade.
Cambados, 15 de decembro de 2011 
Asdo.: Víctor Caamaño Rivas
SR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBADOS

          

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


  

Ningún comentario: