19 de dec. de 2011

TREIXADURA, TRIUNFO CLAMOROSO EN VIGO.

O sábado pasado  a tarde a iso das 20.30 horas tiven a sorte de ser testemuña de excepción dun feito sen precedentes na música tradicional galega. O mellor grupo de musica tradicional da historia de Galicia,  Treixadura e Orfeón encheron un auditorio de 1500 persoas e a entrada non era libre senón con invitación. Perante un auditorio abarrotado Treixudura tivo
unha memorable actuación ali poidemos escoitar o emotivo “Canto a un compañeiro, Foliada de Xil de Cambados, Se Chove, Caraveliños etc”, rematando o acto co que xa é un himno nas actuacións de Treixadura “Fisterra”, cantado a unha voz por todo o auditorio, realmente emocionante. 
Toniño López, César Longa, Pablo Nogueira, Magoia Bodega ( por ela algremonos doblemente polo éxito e pola súa recuperación) , o noso paisano e mago Xaquin Xesteira e todos os membros do Orfeón simplemente fixeron Historia eu coido que ningún grupo de Galicia tivo sentadas a 1500 persoas diante de si nun concerto nun local pechado.
O día 24, Noiteboa, na TVG,  poderemos ver novamente a Treixadura xunto con Cantigas e Agarimos, Toxos e Froles, Ruada e a Banda de música do Rosal. Ás 23:00 h.Non o perdades!!.
De seguido podes ver un video coas cancións “Se chove e Ven ver o mar” premendo AQUÍ,  no que o final se ve o aspecto do Auditorio. Tamén podes ver o video de “Carabeliños” na columna da dereita.

  


A amiga Josefina Carracelas envianos tamén esta crónica dente vigo:


TREIXADURA PUXO EN PÉ AO AUDITORIO MAR DE VIGO NA SÚA PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO "ESA SI QUE É MUIÑADA"


O Auditorio Mar de Vigo encheuse o sábado, 17 de decembro, para asistir á gala que a Fundación INADE, Instituto Atlántico del Seguro, organizou baixo o título “Gracias a ti”.
Treixadura fixo un repertorio baseado no seu novo disco “Esa si que é Muiñada” e no que, ademais, se escoitaron outras pezas xa coñecidas do seu repertorio histórico. Houbo tamén algunhas sorpresas montadas expresamente para esta ocasión, como a participación de varias parellas de baile do grupo “Froles Mareliñas” en diferentes momentos do concerto, e ademais a estrea da panxoliña “A campá que resoa”, como agasallo especial para un público que vibrou emocionado escoitando a estes mestres da nosa música e do noso canto tradicional. 
Dende 1990 TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares  coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce  bailando, cantando e escoitando aos seus 15 compoñentes, que teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para  que hoxe representen e dignifiquen este proxecto. 20 anos de gravacións e concertos, 5 discospublicados, unha variada gama de colaboracións discográficas, e vida en común. Dúas décadas compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.
O NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO: “Esa si que é muiñada” é un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que aínda se agochan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural.
Para desenvolver este proxecto o grupo contou coa colaboración dos coros decanos galegos “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela) , “Cántigas da Terra”  (A Coruña), “Real coro Toxos e Froles” (Ferrol), a “Coral De Ruada”  (Ourense) e tamén coa “Agrupación Musical de O Rosal” (O Rosal, Pontevedra)

Enlaces relativos a Treixadura:
__________
         

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: