Páginas

24 de xan. de 2012

AS DISTINTAS TENTENCIAS NACIONALISTAS ULTIMAN AS SUAS ESTRATEXIAS

BEIRAS E AIMERICH HOXE EN VIGO
As organizacións políticas integradas no BNG, +GALIZA e ENCONTRO IRMANDIÑO xunto con outros colectivos e grupos de independentes, teñen o gusto de convidarte, ao acto que celebraran  hoxe  martes 24 de xaneiro, ás 20:00 hs., no Hotel Coia. Localización_Hotel_Coia (R/Sansenxo,1)
Neste acto presentaran a tese conxunta “NOVO PROXECTO COMÚN, REFUNDACIÓN E REXENERACIÓN DO BNG”, elaborado como fusión das respectivas teses con aportes de outros colectivos e compañeiras e compañeiros independentes, e que será debatido no plenario da Asemblea Nacional .
Contaran coa presenza de Xosé Manuel Beiras Torrado e Carlos Aymerich Cano, que na candidatura conxunta, diante da XIII Asemblea Nacional do BNG optarán respectivamente, á Portavocia Nacional do BNG e a candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galicia.

ONTE PRESENTOUSE FORMALMENTE A CANDIDATURA DE ALTERNATIVA POLA UNIDADE
No día de hoxe, luns 23, presentouse formalmente a candidatura coa que as e os compañeiros da “Alternativa pola Unidade” concorreran ao Consello Nacional. Na mesma figuran Guillerme Vázquez como candidato a portavoz nacional e Francisco Jorquera como candidato á Presidencia do Goberno galego. Compóñena afiliados e afiliadas das distintas comarcas, algúns con responsabilidade orgánicas ou institucionais, e outros con experiencia de traballo nos movementos sociais.
Dentro da candidatura de Alternativa que consta como sabedes de 50 membros mais os suplentes  atópase no posto nº 4 a cambadesa Montserrat Prado Cores ,  xa no posto 39 tamén do Salnés atopamos o sanxensino David Otero Domínguez e como suplente número 12 a vilagarcíá Rosa Abuin Rodriguez, son as tres persoas que representan o Salnés na lista da APU.
Podes ver o video da presentación da candidatura premendo AQUÍ.
                       
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

  1. Chon,
    O acto de Beiras e Aymerich de hoxe 24/01/12 é en Vigo (Hotel Coia, rúa Sanxenxo).

    Apertas,
    Tino.

    ResponderEliminar

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.