Está claro que "As penas, son
menores co estómago cheo", é o que terán pensado os dirixentes do Partido
Popular que asistiron ao enterro de Fraga, xa que posteriormente se deron unha mariscada de
100 euros o comensal, nun coñecido restaurante da Coruña, Pablo Gallego,
en plena praza de María Pita. Polo importe do cuberto, parécenos que esta
vez houbo pouca mariscada ou tal vez houbo un trato de favor pola distinción dos
clientes e pola terrible e irreparable perda do político franquista.
Á mariscada asistiron o Presidente do Goberno Mariano Rajoy; José María Aznar e a súa muller a alcaldesa de Madrid, Ana Botella;
o Vicepresidente, Soraya Sáenz de Santamaría; o Ministro de Xustiza,Alberto Ruíz Gallardón; a Ministra de Sanidade, Ana Mato; a
Ministra de Fomento Ana Pastor; o alcalde Da coruña, Carlos Negreira,
o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juarez e Alberto Nuñez
Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.
Sen dúbida, un bo exemplo de austeridade, o dos dirixentes do Partido Popular.
O que descoñecemos é quen se faría cargo dos comensais, así como do pagamento
dos 300 gaiteiros da Real Banda de Gaitas de Ourense e Pontevedra,
que tocaron os acordes do himno do Antigo Reino de Galicia para despedir o Ex
Ministro franquista e fundador do Partido Popular:Manuel
Fraga.
FONTE:
ECO REPUBLICANO.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.