12 de xuño de 2012

DE ESTATUAS, FESTAS E PP (Peloteo Político) Por Ricardo Domínguez Rey

 (Conversación verídica)
- “Gallego, ¿Cómo decías que se llama tu pueblo?
(Debo aclarar que vivo fora de Galicia)
- “Cambados ¿por?”
- “Hablan de él en internet”
(Gran invento internet, a inmediatez das noticias, información ao instante ¿Qué aspecto destacara do meu pobo natal, a sua gastronomía, as festas, a sua xente, da sua…….?)
- “Parece ser que le vais a levantar una estatua  a Manuel Fraga”  
- ¡¡¡¡Comorrr¡¡¡¡¡ 
(Maldito sexas Bill  Gates por airear as nosas miserias, por facernos sentir  vergoña  a través de todo o mundo virtual). 
   Comprobo por mi mesmo a veracidade da mesma e tras  o escarnio do meu compañero, pregúntome en base a que se lle vai  dedicar unha estatua no meu amado pobo ao susodicho persoaxe,  fálase que é unha homenaxe pola sua promoción da Festa do Albariño, fálase de que dito monumento costaria 15.000, 20.000 euros, que en principio ian sair das arcas públicas pero que ahora son un grupo de adegueiros os que lle queren rendir tal homenaxe, fálase do Parque Torrado como lugar de instalación, sinceramente, non salgo do meu asombro ante tal noticia.
    Antes de seguir adiante demos un breve paseo por Cambados para ver que estatuas ou monumentos serian veciños, para maior gloria, do “ciclón de Villalba”. 
   Deixando o lado as  figuras ou monumentos de carácter relixioso, destacaría catro estatuas, catro puntos cardinais que sen dubida marcan de forma clara a idiosincrasia cambadesa  
      O primeiro é a estatua do pescador situada nos xardins da Calzada, persoalmente recordoa  de toda a vida, como vixiando a ría   ( e espero que siga moitos mais anos), a poucos pasos de esta, atopámonos unha magnifica estatua de Leiro dedicada a Baco, o deus do viño,  como non podía ser de outra manera, atopándonos na cuna do Albariño; tanto esta figura como a anterior representa dous dos pilares básicos da economía cambadesa coma son a pesca e o marisqueo, por un lado, e a plantación do viño (especialmente do albariño) por outra, creo que sobra decir que ambas estatuas son mais que merecidas. 
      Saltemos ó campo das artes, tamén na Calzada, atopamos o monumento dedicado, quizais, o cambadés mais universal, Ramón Cabanillas, poeta de raza, e autor entre outros moitos do “A ti meu Cambados” que todos os cambadeses, en algunha ocasión, temos recitado frente a dito monumento. Preto de ali, camiño da Praza de Fefiñans, atopamonos co monumento de outro cambades ilustre Francisco Asorey, un dos grandes  escultores galegos da primeira metade do século XX.
      Non creo que me equivoque se afirmo que estas catro estatuas, estes catro monumentos gozan da aprobación da totalidade dos cambadeses e cambadesas, sentímonos representados polos mesmos e son, sen lugar a dúbidas,  motivo de orgullo para todos os que temos nacido neste bendito pobo. 
      Despois de todo o exposto anteriormente cabe preguntarse ¿Qué méritos ten feito  Manuel Fraga Iribarne para que se lle levante unha estatua no noso pobo?¿pódese comparar acaso con Cabanillas ou Asorey? Falase da sua promoción da Festa do Albariño,  ¿de que promoción falamos?? ¿de deixarse caer o primeiro domingo de agosto por Cambados para que os pelotas da comarca lle extendesen a alfombra roja e comer a corpo de rei él e todo o seu séquito (iso si a conta das arcas municipais)? ¿de facer cabaleiros do albariño a persoaxes tan ínclitos como Sánchez Dragó, Norma Duval? ou, peor ainda,  Francisco Álvarez Cascos, o cal, cando era ministro de Fomento, e Galicia estaba ó borde da traxedia económica, social e medioambiental mais grande da sua historia como foi o hundimiento do Prestige, non tivo a dignidade de cancelar a caceria na que se atopaba para poñerse ó frente do gabinete de crise. ¿é esa a promoción á que se refiren os promotores da estatua?
      Hai moita, moitisima xente que promocionou e segue a promocionar a Festa do Albariño e non se lles levantou estatua coñecida, poderiamos empezar por Bernardino Quintanilla i Ernesto Zarate,  quenes, tras unha discusión, decidiron facer unhas catas para ver quen tiña o mello viño, e que , a larga foi o a xénesis da festa coma a coñecemos hoxe en día; promotores da festa son xente como “Unha Grande Chea” que co paso dos anos converteronse nun clásico e uns dos maiores animadores da festa; tamén grupos como “Cheghar e enche” que foron dos primeiros en identificarse como peña a través  dunhas camisetas e, en resumen, os verdadeiros promotores da Festa do Albariño son todos  os cambadeses e cambadesas,  que cada ano teñen marcado no calendario, de forma especial, eses días de exaltación de un dos mellores caldos que se poden probar; eles son quenes, realmente,  merecerían unha estatua. 
      No vou ser eu que xuzgue nin a carreira política nin humana de Don Manuel (Deus me libre) pero que lle pregunten ás familias de Julián Grimau e Enrique Ruano, por poñer un exemplo, do carácter e a sensibilidade que tivo hacia eles,( sendo ministro portavoz de uns dos seres mais despreciables e sanguinarios como foi Francisco Franco)………..  que a Historia o xuzgue, pero eu como cambadés, dende logo, no me sinto representado por este señor nin quero que o meu  pobo cargue con tal estigma. 
      Dende logo que  o señor Alcalde, os adegueiros ou o capellan maior da Catedral de Santiago de Compostela teñen todo o dereito do mundo a levantarlle unha estatua a Manuel Fraga si  así o desexan, faltaría mas, esa en unha das virtudes da democracia, o que non teñen dereito e a facelo nin cos cartos públicos, nin de colocala nunha plaza pública e moito menos en nome de todo un pobo; se os adegueiros queren facerlle unha estatua, que lla fagan pero que a coloquen nas suas adegas (se os seus socios así o consideran oportuno). 
      Quizás ó homenaxe mais grande que se lle pode facer a unha persoa nun pobo, villa ou cidade (aparte de dedicarlle unha calle ou facelo Fillo Predilecto), e levantarlle unha estatua, por iso nos lugares cun mínimo de democracia, faise nun pleno extraordinario e, sobre todo, coa unanimidade de todos, repito, de todos os  partidos políticos, pois enténdese que é todo o pobo está a favor e por tanto ríndenlle tal honor.   
      Neste caso non se cumpren tales premisas e temo  que mais que unir, a susodicha estatua, aparte de abrir vellas feridas, divida mais ainda a un pobo, que non merece tal “honor”.
      Coñecémonos  persoalmente Sr. Alcalde e eu o considero   unha persoa cabal, o mellor alcalde non é aquel que levanta estatuas (merecidas ou non), senón  ó que goberna para tódolos ós seus conveciños, promueve a unidade do pobo, e sobre todo, fai que todos os cambadeses e cambadesas nos sintamos orgullosos do noso pobo, ainda que alguns estemos lonxe.   
   
RICARDO DOMINGUEZ REY


3 comentarios:

Unknown dixo...

Impresionante, estou dacordo co autor dende a primeira verba. Sobre todo no últmo parágrafo. Saúdos!

Anónimo dixo...

PLATAFORMA AS PARROQUIAS TAMEN EXISTEN XA!!!!

Anónimo dixo...

Bueno bueno,por fin publicasme un comentario,casi me caen as lajrimas da emosion chon,iso das parroquias tamen vai por ti e,por todolos politicos que so vos acordades das paroquias cando veñen as eleccions.