20 de xuño de 2012

“A DOCE VITA SONS DE CINE” , UN CONCERTO QUE NON TE PODES PERDER NA PRAZA DAS RODAS (FEFIÑANS)

A Praza das Rodas este ano promete ser un dos lugares de moda   en Cambados, xa fora protagonista principal o ano pasado no Albariño, e o venres 29 de xuño a partires das 21 horas,  habera un concerto de altura  que promete romper coa pana, nada mais e nada menos que actuarán “A DOCE VITA
SONS DE CINE” . Este grupo é unha mantaxe de Rafa Otero (guitarra), a guapa, e fenomenal cantante a letona Vita Ivasjevica  e Pablo Vidal (contrabaixo. O grupo, orientado principalmente ao jazz, consiste na interpretación de temas de Cine arranxados a ritmo de Swing, Blues. Bossa Nova, Funk, ou mesmo baladas, con boas doses de improvisación o que os fai sempre sorpredentes e innovadores. Estes tres músicos posúen unha longa traxectoria cun denominador común “o amor polo cine e a súa música”.
Se non coñecedes a este fenomenal grupo aqui tedes tres mostras:







                     
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.




1 comentario:

Nuria dixo...

Totalmente recomendable!!! Onde eu traballo actuaron xa duas veces e teño que dicir que son impresionantes, ademais de unhas persoas estupendas. Recomendovos asistir o concerto, é do melloriño que hai.