28 de xuño de 2012

FARO DE VIGO DEIXA A ARAGUNDE COMO UN TRAMPON.

Primeiro darlle os meus parabéns a Miguel Anxo Martinez, autor do impresionante traballo publicado hoxe por Faro no que amosa claramente o que xa o BNG viña preconizando e que Victor Caamaño amosou no pleno do martes,  que Luis Aragunde é un trampon e esta a ser manipulado por Touris quen tomou a decisión final  de facerlle a estatua a Fraga, e este está tranquiliño en Pontevedra e o parbo de Aragunde parando
os embates en Cambados, xa fixo Touris o mesmo co do Pinal de Maza. Faro de Vigo fixo un enquisa no case 100%  das adegas do Salnes e só unha o parecer está a favor do homenaxe a Fraga. O Faro di que as declaracións do alcalde no pleno do martes contradicen as que fixo a Faro o día seguinte de coñecerse o proxecto da escultura e nunha entrevista o 7 de xuño. E segue a decir Faro que o 30 de maio Aragunde non negou que foxe un proxecto municipal e ademais di este periodico que o Alcalde admitiu o 7 de xuño que levou a ver a maqueta a altos cargos do PP. Luis Aragunde é un trampon, e ademais non sabe comportarse como un alcalde democrático como xa amosu no pleno, interrumpindo continuamente a Victor. 
Encantoume  o artigo da páxina “Vivir en Cambados” titulado “Unha Gran parte do sector de viño nega haber impulsado o homenaxe a Fraga”, por certo unha páxina que non é nada sospeitosa de ser simpatizante do BNG, na que di que Luis Aragunde “meteuse nunha lameira e resultaralle complicado sair sen unha mancha de barro” e continua decindo “Aragunde non necesita esta homenaxe para consolidar a súa carreira politica en Cambados” aconsellovos  a lectura deste artigo así como o de Cambados Tk. Xa pensei, vendo a o que están a facer os fachas en Cambados, que era eu o unico capaz de chamarlle trampon a  Aragunde pero por fin  vexo que hai moita mais xente  que acabe de descubrir a este personaxe que temos como Alcalde, o malo é que non minte nesto só, tamén minte en moitas mais cousas. Volvendo o artigo de Faro teño que dicir, nesto coincido on Oscar de Cambados TK que tamén son critico coa prensa , pero sempre aclaro non cos peridositas que traballan en Arousa aos que coñezo a case todos, e me parecen uns grandes traballadores o si critico e a liña editorial destes periodicos na nosa bisbarra e no noso pais. Por eso o traballo de Faro pareceume profesional, valente, e sobre todo veraz por fin alguen lle quita a careta este facha que temos como Alcalde. 
A continuación deixovos a segunda parte do artigo do Faro de Hoxe que non sae na edición dixital e onde amosa as claras que Aragunde minte coma un cosaco: 


Preme na imaxe para vela ampliada.


                              
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Bueno,decir que aquí miente todos,ni a mi,como responsable de una de las bodegas mencionadas en este articulo, ni a nadie de nuestra bodega nos han hecho tal encuesta sobre ese tema,por lo tanto no es cierto que diésemos tal opinión,por lo que intentaremos comunicarnos con el responsable de dicha publicación para que rectifique tales afirmaciones.