25 de xul. de 2012

“A TI MEU CAMBADOS” MANSO E AMIGOS ADICANLLE ESTA CANCIÓN A NOSA VILA

"Manso e amigos” cantan a Cambados e ao seu viño.O Grupo  presentou onte ao alcalde as novas melodías.
O grupo formado por Salvador Cores "Manso", Ramón Vieites, Xoán Silva, Blas Domínguez, José Antonio Vilas e Olegario falcón entregaron ao alcalde de
Cambados Luís Aragunde, as partituras musicais orixinais de dous das cancións que acaban de compor, das cales unha está dedicada a Cambados e outra á festa do Albariño.
Xoan e Blas, duos pilares básicos nesta formación
"A ti Meu Cambados" titúlase a primeira delas, que leva música de Gonzalo González e os arranxos son a cargo de "Manso e amigos", e a segunda delas titúlase "Amante Albariño" e inclúe versos de Ramón Cabanillas, Emilio Álvarez Blázquez e Álvaro Cunqueiro, e coa música de "Manso" e Arturo Gulías. Imos ter que cooler o tema como "himno oficial" desta páxina.
Tanto unha como outra canción verán a luz diante do público durante a gala de elección da raíña e as damas de honra da "LX Festa do Albarino", que será celebrada o vindeiro domingo día 29 de xullo, a partir das 22,30 horas, na praza de Fefiñáns. No transcurso desta actuación, o grupo "Manso e amigos" será acompañado musicalmente polo trompeta solista da Orquestra Sinfónica de Granada, Esteban Batallán. 
A canción titulada "A ti meu Cambados" conta cun refrán que coincide coa dedicatoria incluída no libro de Ramón Cabanillas "Vento Mareiro" de 1915 e escrito na Habana: "A ti meu Cambados, probe, fidalgo e soñador, que ó cantareiro són dous pinales i ó agarimo dous teus pazos lexendarios, dormes deitado ó sol, á veira do mar".
Por outra banda, a canción "Amante Albariño" contén versos moi populares de Álvarez Blázquez “da xeración de poetas do 36”: "Fumos ó viño Albariño,/ fror dá terra vendimada/ como quen vai de camiño/ e quedamos de pousada". Como tamén se parecían estrofas do poeta Ramón Cabanillas de novo: "Albariño ouro dá terra/ sol que encendes vos amores/ alumeas corredoiras/ e fas esquecer doures..." 
Outras estrofas corresponden ao de Álvaro Cunqueiro “o que foi escritor polifacético, e a súa extensa obra literaria abarca os campos xornalístico, poético, narrativo e teatral, así como traballos de tradución”: "Ven, ven ven amante albariño, ven ven ven ó meu lado, ven ven, ven delicioso albariño, ven ven, ven meu amigo".
"Manso e amigos" musicalmente falando é un mundo aparte , son seis músicos coma a copa dun fino, pero tamén teñen o seu corazónciño politico e así o grupo dividese nos conservadores, ou sea os do PP que son Manso, José Antonio e Olegario e os progresistas (o bipartito) que son Monchiño, Xoan Silva e Blas Dominguez, pero sempre unidos polo seu amor a música.

Ningún comentario: