26 de xul. de 2012

BÚSCASE MÁSCARA DE MANUEL FRAGA

A propósito da convocatoria de www.cambados.tk para que fagamos a estatua o día da inauguración da Festa do Albariño , unha protesta catalogada de "pacífica" pola prensa, unha persona dirixeuse a esta páxina para ver se algún lector lle pode deixar, alugar o vender unha mascara do dictador Manuel Fraga parecida ou similar a da fotografía, porque ao parecer pensa ir disfrazado deste personaxe a concentración de estatuas que vai ter lugar dito día. Aquel que queira facerlle chegar a máscara a persoa en cuestión que se poñe en contacto ou ben por correo ou ben por e-mail que tedes neste blog. Grazas anticipadas.

Ningún comentario: