24 de xul. de 2012

CAMBADOS TK DESVELANOS EN QUE CONSISTE A PROTESTA CONTRA A ESTATUA DE FRAGA ¡¡¡EU VOU PARTICIPAR!!! E TI?

“Nós SI merecemos unha estatua! “Unha orixinal forma de protesta.
Xa abondou de “ocultalo”. A protesta que barallaban nas últimas semanas é case arte, arte reivindicativa e participativa.
Queren  contar con todos e todas vós. De todas as idades, de todos os lugares. De calquera orientación política.
É moi sinxelo:
O mércores 1 de Agosto, ás 13 horas e coma todos os anos, os políticos inauguran a Festa do Albariño no Paseo da Calzada. Arredor da 1 o alcalde, algún conselleiro e outros asesores-concelleiros-cargos cortan unha cinta e durante uns minutos a comitiva popular dá unha volta polos stands.
A idea de www.cambados.tk  é que xusto ao cortar a cinta e mentres eles paseen polo entorno, os participantes da protesta fagan de estatuas humanas ao longo do Paseo. Sen moverse. Pode ser individualmente ou en grupo. Pode ser representando unha estatua que exista ou unha imaxinaria, ou simplemente quedándose conxelados. Podes levar “complementos” ou deixalo todo á imaxinación.
Pedínlle aos participantes que vaian cunha parte de arriba branca (para darlle algo de homoxeneidade ás estatuas) e repartiran unhas pegatinas co logo da acción. Tamén terán uns sinais para colocar a carón de cada “estatua” co título da mesma, se procede, e o motivo real da protesta.
Trátase de non quedar quietos ante a falta de consenso e de transparencia que ocasiona a actitude do Partido Popular no Concello de Cambados. Diante deles, de xeito pacífico (até pasivo) pero firme. E tamén de facelo sen danar a Festa do Albariño nin o propio sector, ao que tamén de paso piden maior contundencia logo de que foran utilizados polo Concello como excusa para poñer a citada estatua.
Cando se dea por rematada a acción, quedará inaugurada para todos a 60º edición da Festa do Albariño e celebrando, como non, tomando unha copa do mellor viño branco no Paseo da Calzada.

A NOVA NA VOZ DE GALICIA
A NOVA NO DIARIO DE AROUSA:

Ningún comentario: