20 de xul. de 2012

MIRA QUE TEÑEN CARA GONZALO DURAN E OS SEUS SECUACES

Todos sabemos como se as gasta Gonzalo Durán (o irman malo dos Daltón, o bo é José Juan) en Vilanova de Arousa, sobre todo nos plenos onde a primeira de cambio bota fora a
quen simplemente lle alce a voz, e diso sabe moito carmela a nosa singular “heroína” no concello amigo, concelleira do BNG. 
Gonzalo Durán e os seus secuaces teñen “todo” controlado en Vilanova e cando digo todo é todo, clubs deportivos, asociacións culturais, de veciños, etc, ali non se move unha palla sin que se entere Gonzalo ou algún mando achegado a él. Realmente hai que ser un heroe para ser concelleiro en Vilanova do BNG ou do PSOE. Tamén sabemos que é un concello onde a democracia brila pola súa ausencia e que segundo a prensa está na ruina case total, ahora o colmo dos colmos é unha pancarta que vin o outro día vindo da praia do Terón, chamoume tanto a atención  que parei a quitarlle unha foto e dicia así “O PSOE E O BNG QUEREN FACERLLE A VILANOVA O QUE ZAPATERO LLE FIXO A ESPAÑA”, co anagrama do Partido Poular. Hai que ser burro, incoherente, desinformado,  e se me apurades hasta lelo para escribir este patochada, nun concello  que xa describin antes e onde o PP goberna dende que a Illa non pertenece , grazas a deus,  a Vilanova. Escudan a súa incompetencia nos demais que nin pinchan nin cortan no concello de Vilanova onde por certo teñon doce concelleiros de dezasete, xa me podesde explicar ¡Que carallo pode facer a oposición!. Esto so é cousa de INCOMPETENTES. Por certo que lle está a facer Mariano Rajoy a España querido  Gonzalito.


6 comentarios:

Anónimo dixo...

Notase que pouco saes de centro de cambados e,a de tempo que leva esa pancarta ali,pero bueno seguro que si estivese nalguna parroquia de cambados tampouco te ias enterar,como as parroquias para vos non existen nada mais que nas eleccions,por certo ¿cando son?¿en maio non?enton nesa epoca si que vos ides acordar delas,polo voto nada mais.

Anónimo dixo...

Como se nota que non sabes do que falas, xa que non eres de vilanova, os realmente afortunados fomos os de vilanova o quedar liberados dos alcaldes nomeados polos da illa,por que para ben ou para mal , agora estamos gobernados por alguien que loita por vilanova.As melloras estan a vista, os da illa tendran que pedir contas a quen os gobernou durante moitos anos pero que eran os seus propios vecinos,non me interesa a politica nin os debates inutiles de politicos coma ti ou. coma os do pp, politicos inutiles que solo traballades para vos sin importar o que os ciudadanos opinen ou os seus problemas,solo falseades a verdad moitas veces para fastidiar o do partido contrario sin importar nada nin nadie.

Anónimo dixo...

Sempre andas a criticar o BNG polo rollo das parroquias e seguro que sempre eres o mesmo. O BNG non manda no concello quen goberna non sei se o sabes é o PP. Ti preguntacheste algunha vez que fas ti pola tua parroquia?. Seguro que nada. No tema da estación eléctrica de Vilariño o BNG estivo sempre cos veciños e cando xurde outro problema noutra parroquia importante sempre hai xente que informa. Non é verdade o que dis que o BNG non se preocupa polas parroquias, de todos os xeitos si tes algún problema ponte en contacto con eles xa veras como se moven. As parroquias non deben ter moitos problemas cando son un saco de votos do PP.

Anónimo dixo...

Dirixido a Anónimo "22 de julio de 2012 19:20"
Realmente quen non ten idea do que falas eres ti, dime unha soa das mentiras que según ti o administrador di neste artigo, non eres capaz de atopar ningunha porque non exsten. Chon sabe perfectamente do que fala porque ten unha compañeira que sufre en todos os plenos a un dictador. Todos os do PP decides o mesmo que non sodes politicos e logo ben que estades a traballarar para o partido. A administrador deste blog non é un politico xa que vive do seu traballo non como Ganzalito e toda a camarilla que está oredor que viven de chupar do pobo de Vilanova e asi está de empeñado. E incrible que a estas alturas da pelicula ainda sexades capaces de defender a politicos do PP que realmente están a arruinar o pais mentras eles se fan millonarios.

Anónimo dixo...

Repitoche aqui tamen que non critico o bng,listo,critico os tres partidos politicos,as parroquias non so son estacion electricas...,pedimos un minimo,un mantenemento minimo,xa que estamos abandonados,e con respecto a chon cansnime de pedirlle porfavor que meteran man nos problemas que aqui temos.¿si non pa que collons cada partido pon un representante por parroquia?¿acaso esa xente esta a facer algo?e aseguroche que fixen na miña parroquia mais do que fixo o ou a representante de calquer partido,porque non so se fan cousas de boquilla,eu fixenas poñendo o meu tempo e sudor,e asta cartos,asi que non me veñas ti ajora con leccions,

Anónimo dixo...

¿fijacheste en que o lado desa pancarta ai outra que di NON O POLIGONO?pois esas duas pancartas fan referencia o poligono que querian facer nos montes de tremoedo cando gobernaba o bipartito psoe-bng,montes sospeitosamente queimados meses antes de que se fixera publica esa idea maxestuosa.por outro lado non sei que pintan inda ai postas despois de anos