22 de xul. de 2012

O COMERCIO CAMBADÉS EN GUERRA CONTRA O PP. ESTÁN BEN AS VERBAS DE PROTESTA, PERO HAI QUE SAIR A RÚA.

O presidente do Consorcio de Comercio do Salnés, Marcos González, cualificou de “aberración” a liberalización do horario comercial ao considerar que beneficiará ás grandes superficies pero nunca ao pequeno comercio. O cambadés rexeita de plano os argumentos ofrecidos polo Goberno central
de que se fomentará o consumo, “e menos con estes recortes tan drásticos que se están aplicando”, engadiu.
Segundo el, os pequenos comerciantes da comarca non poderán competir coas grandes superficies se abren as 24 horas do día e menos crear postos de traballo, como augura o Executivo de Mariano Rajoy, pois a crise económica tamén lles está prexudicando e non poden contratar a máis persoal para manter aberto o seu negocio tantas horas ao día. “Logo fálannos de conciliar a vida laboral e familiar”, engadiu. E é que cre que os comerciantes terán que esclavizarse para poder competir coas grandes superficies e as multinacionais que “pagan as campañas publicitarias dos políticos e para que recuperen ese investimento agora danlles a posibilidade de abrir as horas que queiran”, explicou. González di que o sector está moi molesto porque “non se cansan de dicir que somos a locomotora da economía” e o tamén o cre porque “quen está aguantando o país senón os autónomos con todos os impostos que pagan”. Con todo, medidas como esta é como “tirar pedras contra ela”
Este non é o teu amigo Marcos, este é o que vos fode vivos.
É máis, cre que tamén contribuirá a empeorar as condicións laborais nos grandes, con quendas de traballo excesivos. Xa era hora de que o comerció cambadés se revelara contra as destructivas politicas do PP e de Luis Aragunde en Cambados, pero agora hai que pasar das palabras a acción é hora de que o comercio cambadés se poña en “pe de guerra” contra Mariano Rajoy, contra Feijoo e contra Aragunde, hai que sair a rua a loitar e decirlle a estes mequetrefes que non se pode seguir “fondendo” o pequeño comercio. "O que cala otorga" e as rúas están para protestar.

Ningún comentario: