20 de xul. de 2012

PARADOS E XUBILADOS TRABALLAN NO PINAL DE MAZA

Segundo fontes fidedignas o personal que está a traballar no Pinal de Maza componse na súa maioria de parados e xubilados. A xa execrable forma de levar a cabo unha obra tan alegal como inmensa co permiso do Concello de Cambados e por ende de Luis Aragunde, agora sabemos que  en vez de
empregar no pinal xente debidamente legalizada laboralmente  , chega os nosos oidos que están a poñer a traballar a xubilados e parados, así tampouco gastan un peso en seguridade social.


Hoxe sen ir mais lonxe fumos quitar unhas fotos o pinal e vimos como un dos obreiros se largaba do lugar, un que está en bañador e outro señor de avanzada idade nos amenazaba o mesmo tempo que nos insultaba. Así é como funcionan as cousas en Cambados, o pior de todo é que a ciudadania permite estas falcatruadas dos nosos gobernantes, non esquezamos que aquí están implicados un concelliero popular e un Delegado Provincial da mesma formación que ainda non tiveron a vergoña de dimitir por decencia política. Así lle vai o país. 


1 comentario:

Anónimo dixo...

Cajon dios e perdon pola expresion,eu na casa sin ganar un peso e sin atopar traballo por ningun lado e estos ... cobrando do estado e ganando en negro,e ajora diran que van gratis por amor o arte.