26 de xul. de 2012

PATRIMONIO E MEDIO AMBIENTE SON OS DESTINOS DAS SEGUINTES DENUNCIAS DO BNG

O BNG de Cambados, hoxe mesmo ven de presentar denuncias perante SECRETARÍA XERAL DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO   DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCUTAS e
perante o XEFE DE SERVIZO DE PATRIMONIO CULTURAL DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN, denuncias as que hai que sumar a presentada xa perante Medio Rural.  nestes sete meses si algo se lle pode reprochar o grupo nacionalista e a insistencia en contarlle a opinión pública a desfeita que o PP está a facer no pinal de Maza, unha cacicada en toda regla, pero non vaiades pensar que para aqui a actividade administrativa  a inda vai a haber mais, xa que a actividade a pe de monte e de rúa practicamente rematou. Premendo AQUI, podes ter accesos as duas denuncias presentadas hoxe. Como vedes na foto que lustra a nova, dun monte rico en diversas variadades de árbores, deixaron practicamente un deserto. Por certo nas columnas da dereita tes a comparativo de como estaba antes o pinal de maza e como o deixaron agora.

1 comentario:

Anónimo dixo...

e porque non deixades de denunciar en tantos sitios e denunciades no xulgado que donde hay que denunciar. en todos os sitios donde queredes denunciar mandan eles, ou acaso estades parbiños, o non me digades o conto de xudualizar a politica an de mexar por o bloque e habedes de decir que chobe, bailade cas belliñas como fixechedes cando estabades no bipartito. hala guapiños