17 de xul. de 2012

“THE TETAS VAN” EN CONCERTO NO ENCONTRO EN BARRANTES

Este venres a partires das 12 da noite o “Encontro” contará coa actuación de “The Tetas Van”. Un grupo de música mairitariamente feminino que fan versións de temas
misturando o rock, o swing, o blues etc. Coas súas músicas pretenden defendar o papel da muller no escenario e transmitir a súa idoloxia defensora e crítica con temas que nos importan e nos interesan a todos. O concerto é de pago e vale 3 € a entrada.
Chega  a revolución en feminino!!! The Tetas’ Van son un grupo de rapazas na súa maioría (ainda que contan con marabillosos músicos rapaces nos seus cabaréts) que pretende revolucionar as salas de concertos coas súas músicas.
Ainda que son especialistas en versións o seu obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que lles tocan a todas, a través da sua língua galega. Pretenden  ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que canten os seus poemas, textos ou melodías e por iso contan ca colaboración de poetisas que lles regalan as súas verbas encantadas.
The Tetas’ Van son artistas e malabaristas xa que combinan a sua vida de profes, estudiantes, nais, irmás, tías e amigas ca de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas.
Como se definen elas mesmas “The Tetas Van”:
Lore: Gústanme as telas e as mil e unha variedades que se poden facer con elas. Non me gusta a decoración navideña, por min sempre sería antroido. O meu esquelete axítase e colle vida propia con calquera ritmo e a sonrisa e o meu mellor agasallo. Son fan dos haikus e das láminas de madeira. Gustaríame teñir de violeta os ollos da humanidade.
Paula. Dende nunca adoitei facerme un cocho no fantástico mundo imaxinario de escuma de caramelo, feito co lume dun par de zapatos náuticos ó ritmo dun bo “calypso”, pero… ao final tan só me queda este último baile degustador dunha boa fumata blanca espacial. Todo falacias e crónicas del “Hola”. Inspirador o cheiro a gasolina!
María. Exemplar único de mona chita; unha verdadeira bomba de reloxería concentrada en 1’57”, para o bo e para o malo; a chica das mil caras, agarda que nunca se derreta o xeo do seu iglú de Islandia, do que sae de cando en vez para ver a luz do sol.
Lucre. De pequena cantaba no meu cuarto e investigaba sobre músicas raras nos elepés que atopaba pola casa. Disfruto cantando e adoro rir. Non me gustan nin os petardos nin os domingos pola tarde e nunca sei que facer mentres me cantan no meu aniversario. Son unha amante das sorpresas, dos clowns e das cousas absurdas que andan pola miña imaxinación.

Ningún comentario: