22 de xul. de 2012

www.cambados.tk PREPARA UNHA ACCIÓN ORGANIZADA CONTRA A ESTATUA DE FRAGA

Cambados(tk) está a preparar unha actividade ou “acción” orixinal entorno a esta cuestión. Poden  adiantar que non se tratará dunha manifestación ou concentración, é dicir, non será unha protesta ao uso, senón algo orixinal. Non lles atinxe o
escurantismo do alcalde xa que eles si temos decido cando ocorrerá esta acción (como Aragunde, de momento tan só din  que será durante as Festas), e foi deseñada para poñer de relevo a disconformidade dunha boa parte da poboación con esta estatua dun xeito que non se dane a imaxe da Festa, do sector do viño ou do propio Cambados. Isto, claro está, non será motivo para que poidan darse outro tipo de protestas non vinculadas organizativamente con CTK cando se inaugure a estatua ou durante o Xantar do Albariño, que segurammente sexa o momento elixido para o acto de Fraga.

Ningún comentario: