28 de ago. de 2012

CRISIS, WHAT CRISIS? OU POÑA UNHA VOLTA CICLISTA NA SUA VIDA , Por Ricardo Domínguez Rey

      Fai un par de semanas neste mesmo medio e baixo este mesmo titulo Xaquín “Chon”, nos presentaba un interesante artigo onde, despois de numerar toda unha serie de
despilfarros por parte do concello,   se preguntaba onde estaba a crise para Aragunde e os seus adlateres, porque dende logo algún dos gastos (por non dicir todos) son prescindibles e, sobre todo, algún son realmente vergonzosos. 
Dende logo o titulo dino todo, polo visto para o sr. alcalde non existe crise porque senón no se explica a forma estúpida de tirar os cartos. Eu quería engadir a toda esa serie de despropósitos, un novo, que humildemente, me parece vergonzoso como e a etapa de contrarreloxo da “Vuelta Ciclista a España” que tera lugar no noso amado pobo.
       Ante todo deixar ben claro que quen suscribe isto e un gran aficionado os deportes en xeral, e ao ciclismo en particular, polo que non vexades na miña critica, aversión algunha contra este grandísimo deporte senón que considero que unha gota mais na política de despilfarro sen fin que caracteriza ao goberno do Sr. Aragunde.    
      Segun os datos oficiais estas tres etapas na provincia custara sobre uns 150,000 euros, aínda que a estes gastos hai que sumar outros propios de cada concello, en Cambados, por non ir mais lonxe, vaise a instalar un  cartel de 30 metros de longo por 6 de ancho a carón da Torre de San Saturniño e , ademais, unha bicicleta xigante con boias, sobre todo, para as tomas aéreas da televisión; tamén hai que sumar gastos de loxística, seguridade e un longo etc. derivados da propia volta. 
      Loxicamente para todo este desembolso Aragunde e Louzán, ampáranse na suposta gran promoción que supón  a Volta, sobre todo, en televisión e que dará moita publicidade ao noso pobo e comarca, vamos, que despois da etapa do mércores, Cambados vai ser conocido no mundo e parte do estranxeiro  e non vamos ter que botar fora tanto turista coma vai vir (perdoade o meu sarcasmo), ademais falan dun suposto estudio de Unipublic (empresa organizadora da Volta) segun por cada euro invertido recuperaranse 10 (que van a dicir senón , teñen que venderse).  
      Por empezar por unha  orde, os que somos aficionados o ciclismo e temos un mínimo de idea de retrasmisions deportivas, sabemos que nas probas de contrarreloxo (coma a de este mércores en Cambados), priman as cámaras no punto de saída e meta, mais cámaras en puntos intermedios (para ir sacando as diferenzas entre os distintos corredores) e finalmente as cámaras en motos, sobre todo para seguir a evolución    dos favoritos no traxecto, digo todo, isto, porque as imaxes dende o helicóptero quedan nun segundo plano, sendo mais importantes nas etapas en liña, nas cales si son relevantes pois marcan a diferenza visual entre os escapados e o pelotón, entre os distintos grupos etc. ; e dicir, as mentes brillantes do concello han feito unha inversión  brutal nun cartel e figura de boias xigante ¿para que?, ¿para unha toma xeral nada mais comezar e rematar a etapa? , ademais son tan rematadamente inútiles que gastan unha animalada no cartel xigante e, encima, e vez de colocalo nun punto polo que pase a proba para entrar no plano televisivo cada vez que que pase un ciclista por dito punto , van, os moi burros, e colócano na zona mais lonxe do pobo con respecto a carreira..... dende logo os asesores de Aragunde que lle aconsellaron colocar o cartel na Torre non viron na súa vida unha proba ciclista (polo menos por televisión). 
      En canto a suposta promoción do noso pobo por saír na televisión, deixádeme que vos dea uns datos correspondentes as tres ultimas etapas desta actual Volta e a continuación explícovolos:  

   Fecha                                Etapa                                       Audiencia                                Share

24 agosto                   Jaca  = Alcañiz                 1.230.000  espectadores                   10 %     
25 agosto                  Lleida = Andorra              1.378.000  espectadores                       13 %
26 agosto                 Andorra = Barcelona        1.156.000  espectadores                   10, 7 %

  A vista de estes datos, dicirvos que calquer audiencia inferior de  17 %  ou 18% de share considerase moi pobre, incluso programas de televisión con audiencias superiores a 20 % de share foron retirados da parrilla televisiva as dúas ou tres semanas, a titulo anecdótico  dicir que incluso algún capitulo de “ Amar en tiempos revueltos” (que e a serie que ocupa esta franxa horaria o resto do ano) a superado con creces estas audiencias. 
      Non hai que ser moi listo par ver que unha retransmisión deportiva un 29 de agosto (en plena operación retorno para moita xente), cun verán saturado de deporte televisado (primeiro coa Eurocopa de Nacións e despois cos Xogos Olímpicos), tendria unha audiencia moi pobre.
      Todo isto desmonta a farsa de Aragunde e Louzán  en canto a gran promoción  televisiva  da nosa comarca coa volta ciclista (Aragunde os teus asesores non te han sabido aconsellar), pero que mais da, pagan os pontevedreses, o alcalde e o presidente da Deputación tendran, iso si, os seus cinco minutos de gloria. 
      Por certo dicirvos que o domingo baixei hasta Barcelona a ver o final de etapa e , dende logo, non vin ningún cartel xigante de 30 metros nin figura de boias no porto olímpico e non creo que sexa porque Barcelona non ten mais recursos que Cambados, ou,  quizás,  e porque nin o alcalde nin o Presidente da Deputación de Barcelona teñen o afán de protagonismo ou,  porque non dicilo, a chulería, que caracteriza a Aragunde e Louzán.
      Sinceramente cando vexo a Rajoy e os seus ministros pedíndonos a todos os cidadáns austeridade, me pregunto que pensara un xubilado de Cambados que lle fan pagar as mediciñas, un parado de  Arousa que lle van a retirar o subsidio de desemprego ou un funcionario de calquer concello do Salnés que lle acaban de quitar a paga extra do Nadal, cando ven coma derrochan os cartos os seus gobernantes e dende logo unha cousa está clara para ser alcalde, ou presidente da Deputación,  vale calquer zoquete, hasta o mais torpe do lugar,  Cambados  e Pontevedra e unha boa proba de elo, outra cosa moi distinta e ser un bo gobernante, un bo dirixente entre os teus cidadáns, sobre  todo a hora de ter claro cales son as prioridades. 
      Un saudo a todos. 
      RICARDO DOMINGUEZ REY
      
   
   
   
   
   
     

1 comentario:

Anónimo dixo...

... as mentes brillantes do concello han feito unha inversión brutal nun cartel e figura de boias xigante.. discrepo,¿pero ti vixes o cartel ou a figura da bici?veña non me fodas home,inversion brutal disque,si son todos materiais aproveitados,as boias aposto a que as deixa a cofradia,gasto cero en boias,a botella todo son materias usados,eo da illa das goritas area,que me imaxino que a aproveitaran pa outros traballos,gasto minimo,dime donde esta o gasto brutal niso,porque eu de verdade que no vexo.TIÑAS QUE VER MAIS ART ATACK E,AQUEL HOME QUE CON CATRO TRAPOS FACIA FIGURAS QUE VISTAS DENDE ALTO QUEDABAN UNHAS IMAXES BOISIMAS.