27 out, 2012

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

O Centro Comarcal do Salnés - Exposalnés, en Cambados, acollerá o próximo martes 30 de outubro, en horario de 10:30 a 13:30, un curso de Manipulador de Alimentos. Dirixido a calquera persoa que traballe ou queira traballar no sector da alimentación: hostalería, tendas e supermercados, pesca e marisqueo, industrias, agricultura, etc. Está organizado por
Enatop e impartirase por entidade de formación autorizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, con número de rexistro 101/Ga. Os interesados poderán inscribirse e obter maior información no teléfono 654 25 24 50

Ningún comentario: