28 de out. de 2012

O PP POR MEDIO DE SEU ALCALDE PENSA QUE OS CAMBADESES SON PARBOS

LUIS ARAGUNDE DISTORSIONA A REALIDADE POR MEDIO DE UN INFORME TÉCNICO DE PARTE.
Luis Aragunde e o PP raian o “traxico-comico” polo acaecido o outro día no pleno do concello, primeiro por prohibir que se graven os plenos impedindolle así os cambadeses acceder a
eles e segundo por dicir en sede plenaria que no Pinal de Maza non houbo momementos de terras. Estes do Partido Popular querennos facer creer entre outras cousas  que:

ISTO NON FOI UN HOLOCAUSTO...ESTABAN A DIETA


ISTO NON FOI RECORTAR GASTOS...FOI UN SIMPLE ACCIDENTE

ISTO NON FOI UNHA INVASIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA POR PARTE DE VARIOS ALCALDES DO PP ENTRE ELES TOURIS...ESTABAN DE EXCURSIÓN

E POR ÚLTIMO ISTO NON É UN MOVEMENTO DE TERRAS...E UN ACONDICIONAMENTO DO TERREO


Grazas a páxina web www.cambados.tk e grazas a ún “anónimo” que lles envoiu a gravación podemos escoitar  as preguntas do BNG e as respostas do Alcalde de Cambados, a quen Pinocho quedalle pequeno, e  con un morro mais grande co de Carmen de Mairena. Aqui vos deixamos as preguntas e as respostas de Luis Aragunde
1.- Teñen licenza municipal as obras (expediente nº 46/2012 e expediente nº 81/2012), de movemento de terras para  plantación de viñedos solicitadas por Dismaterra SL e por Cancelo CB, no lugar denominado “Pinal de Maza”, na Modia (Vilariño)?
Luis Aragunde resposta. NON
2.- Contan, ditas obras, cos preceptivos informes favorables de organismos con competencia na materia: Consellería de Medio Rural, Consellería de Medio Ambiente e Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra?
Luis Aragunde Resposta: NON
3.- Encargou o concello algún tipo de estudo do lugar denominado “Pinal de Maza”, na Modia, que xustifique por razóns de interese público  (artº 94 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia) a modificación dunha zona de protección forestal, como a citada,  noutra de usos agrarios?
Luis Aragunde resposta: NON.
4.- Iniciou algún trámite o concello para proceder a unha modificación puntual das Normas Subsidiarias actualmente vixentes no espazo ocupado polo “Pinal de Maza”?
Luis Aragunde resposta: NON
5.- Se estas obras no “Pinal de Maza” (expediente nº 46/2012 e expediente nº 81/2012) carecen de licenza municipal, ditou o concello orde de paralización das mesmas?
Luis Aragunde resposa: NON
6.- Abriu o concello, se procede,  o correspondente expediente de legalización das mesmas?
Luis Aragunde resposta: NON
7.- En caso de que non proceda a legalización das citadas obras, iniciou o concello o  expediente sancionador e de reposición ao estado en que estaban os terreos con anterioridade das actuacións ilegais que se fixeron no “Pinal de Maza”?
Luis Aragunde resposta: NON.
8.- Se a Policía Local de Cambados ten aberto algún atestado ou expediente por algunha  actuación irregular nas citadas obras? E, en caso afirmativo, o grupo municipal do BNG podería consultalo?
Luis Aragunde resposta NON e a segunda pregunta Si.(Houbo intervención da Policia Local xa se denuncio neste blog). 

É aqui o documento sonoro publicado primeiramente en www.cambados.tk








Segundo o diccionario de Construcción e Arquitectura,  Movemento de Terras, son operacións que se realizan nun terreo e que implican un movemento da terra por medios mecánicos.

Segundo informe emitido polo perito agricola Julio César Reboredo Froid, perito que traballa a instancia de parte do PP( poderiamos atopar centos de peritos que informarian en sentido contrario) , e o Alcalde de Cambados, din que  nas fotos seguintes non hai movemento de terras, hai acondicinamento do terreo:









Ningún comentario: