24 de dec. de 2012

“TEATRO NO GARAXE” O 29 DE DECEMBRO NO AUDITORIO ÁS 19 H.

COA OBRA “A BOA PERSOA DE SEZÚAN”
A compañía cambadesa de teatro “No Garaxe”, vai representar no Auditorio de Cambados, o vindeiro 29 de decembro ás 19 horas a obra de Bertold Brech “A Boa persoa de Sezúan”,
unha adaptación da súa directora Noelia Toledano.
Bertold Brecht foi entrando pinga a pinga xa nos tempos do franquismo, malia non comulgar coa ideoloxía imperante. Tras abrirse as fiestras coa democracia Brecht foi o autor ao que todo grupo independente que se preciar tíñao no seu repertorio ou soñaba con representalo. A Ópera dos tres centavos (1928) e Nai Coraxe (1939/1941) foron os títulos máis socorridos e non digamos A voda dos pequenos burgueses. A Boa persoa de Sezuan (1940/1943), menos. Tamén ao longo de todos estes anos han ir caendo outros títulos emblemáticos. 
Brecht invítanos a un percorrido a través dunha paisaxe chinesa xa desvastado pola cobiza occidental, que termina por ser un axuste de contas con todas as nosas certezas morais sobre o ben e o mal. Pero esta chamada de atención está vista baixo o prisma do humor. 
Brecht sempre foi asociado ao mundo da ideoloxía. Era un autor político, cun teatro político, que en certos ambientes sería a encarnación do propio diaño, si é que este existe. 



Ningún comentario: