O CONCELLO DE CAMBADOS PAGA CADA MES 23.500 EUROS EN SOLDOS INÚTILES.
Hoxe lemos na prensa unha nova que nos deixa outra vez mais que sorprendidos, e non é outra que os alcaldes do Salnés, agás o da Illa, non están dispostos a conxelar taxas aos comerciantes por falta de ingresos. Isto é realmente abraiante, os alcaldes teñen un morro “que se o pisan” comezando polo noso Luís Aragunde e o cal nos imos referir expresamente.
Xa dixemos varias veces por activa e por pasiva, claro que se poden conxelar certas taxas en Cambados sobre todo os comerciantes que están coa auga o "cuello", e incluso mais diríamos que se lle poden rebaixar , de feito o BNG opúxose a todas as subas das taxas por que non é o momento. Imos pór un exemplo práctico no concello de Cambados. Por exemplo o noso alcalde ten tres asesores persoais que cobran uns soldos de 4.500 mensuais. O noso alcalde contratou un arquitecto a maiores do do aparellador municipal o cal teno traballando baixo mínimos sen razón aparente algunha, cobrando dito arquitecto 2.500 euros mensuais.
O noso alcalde ten un arqueólogo municipal que cobra 1.500 euros mensuais, labor que podía facer perfectamente o aparellador municipal, é mais está entre as súas funcións. O noso alcalde ten un asesor xurídico que cobra 3.000 euros mensuais, labor que podería facer perfectamente e así o di a lei o Secretario do Concello. Hai una serie de persoal achegado o partido do alcalde que non está facendo practicamente nada e están destinados nos museos, pero úsanos por exemplo para facer o enterro da sardiña, iso seria en soldos botándolle polo pouco uns 12.000 euros mensuais.
Si sumamos veredes que nos unha cifra case que astronómica nada mais e nada menos que o noso Alcalde Luís Aragunde tira polo retrete todos os meses ¡¡¡VINTETRÉS MIL CINCOCENTOS EUROS!!!. Con esta simple manifestación está claro que podía salvar e activar o comercio cambadés pero para Luís é prioritario ter contentos os seus amigos políticos mantendo os seus recomendados no concello antes de baixar as taxas aos comerciantes e se quixera Luís podería aforrar moitos mais cartos ao concello.
Claro que os comerciantes están afogados, pero están así grazas ao Partido Popular , pero en cada declaración ou manifestación sempre omiten os comerciantes os culpables, e estes como xa dixemos neste blog teñen nome e apelidos e son entre outros Luís Aragunde, José Manuel Cores Tourís, Rafael Louzán Abal, Feijoo e Rajoy e hai que dicilo.
Xa dixemos varias veces por activa e por pasiva, claro que se poden conxelar certas taxas en Cambados sobre todo os comerciantes que están coa auga o "cuello", e incluso mais diríamos que se lle poden rebaixar , de feito o BNG opúxose a todas as subas das taxas por que non é o momento. Imos pór un exemplo práctico no concello de Cambados. Por exemplo o noso alcalde ten tres asesores persoais que cobran uns soldos de 4.500 mensuais. O noso alcalde contratou un arquitecto a maiores do do aparellador municipal o cal teno traballando baixo mínimos sen razón aparente algunha, cobrando dito arquitecto 2.500 euros mensuais.
O noso alcalde ten un arqueólogo municipal que cobra 1.500 euros mensuais, labor que podía facer perfectamente o aparellador municipal, é mais está entre as súas funcións. O noso alcalde ten un asesor xurídico que cobra 3.000 euros mensuais, labor que podería facer perfectamente e así o di a lei o Secretario do Concello. Hai una serie de persoal achegado o partido do alcalde que non está facendo practicamente nada e están destinados nos museos, pero úsanos por exemplo para facer o enterro da sardiña, iso seria en soldos botándolle polo pouco uns 12.000 euros mensuais.
Si sumamos veredes que nos unha cifra case que astronómica nada mais e nada menos que o noso Alcalde Luís Aragunde tira polo retrete todos os meses ¡¡¡VINTETRÉS MIL CINCOCENTOS EUROS!!!. Con esta simple manifestación está claro que podía salvar e activar o comercio cambadés pero para Luís é prioritario ter contentos os seus amigos políticos mantendo os seus recomendados no concello antes de baixar as taxas aos comerciantes e se quixera Luís podería aforrar moitos mais cartos ao concello.
![]() |
| O BNG sempre se opuxo a subida de taxas aos comerciantes |
O máis sangrante de todo isto é que temos que ler que Alcaldesa de Ribadumia tivo coñecemento dos problemas e das peticións que fan os comerciantes a través da prensa, segundo publica hoxe Faro de Vigo. Lamentable como podemos ter personaxes como estes a cargo dunha alcaldía. Pero despois de oír onte a Cospedal que Barcenas beneficiouse dunha “indemnización en diferido”, podemos esperar calquer cousa destes impresentables.





si os comerciantes,os seis millons de parados,os das preferentes,os desauciados que como dixo beiras estan matamdo,funcionarios da educacion, sanidad, xusticia, que agora protestan , xente amontes que non ten que comer etce,etc,etc,non votara a estes comedores e bebedores non terian ni un voto, asi que amin no me dan as contas, o carallo e que como decia miña abuela pagamolas xustos por pecadores
ResponderEliminar