Hoxe tivo lugar en Cambados na Praza de Alfredo Brañas o primeiro e único encerro do “San Fermín” cambadés, organizado polas “pandillas”( e non dito en termos pexorativos, senón todo o contrario) de Cambados, que “pululan” en torno o Pub Cafetería “•A Leria”.
Tres bravos touros da gandaría “Manaco”, fixeron fuxir en estampida os bravos mozos cambadeses ataviados como se foron pamplonicas de toda a vida.
Tres bravos touros da gandaría “Manaco”, fixeron fuxir en estampida os bravos mozos cambadeses ataviados como se foron pamplonicas de toda a vida.
O acto deu comezo con certo atraso, como é normal en Cambados, sobre as 14.30 horas. O tradicional chupinazo deu lugar e un encerro vistoso, cachondo, delirante e sobre todo sen que tiveran intervención nin Protección Civil, nin o 061, nin tan sequera a xente de Garda que estaba no centro de saúde. O s participantes despois do espectacular encerro foron a un restaurante de San Miguel a dar boa conta dun suculento cocido. Por certo é unha magoa que preto de 200 persoas de Cambados teñan que ir comer fora porque ningún restaurante da vila lle ofreceu un prezo acorde coas circunstancias. “Gora San Fermín”. Podes ver todas as fotos do encerro na columna da dereita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.