Hoxe domingo 24 de febreiro (Día de Rosalía e 176 aniversario do seu nacemento), celebrouse a “Alborada para Rosalía”, un acto promovido pola
Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos.
Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos.
En Camnbados e tal como asnunciamos neste blog o acto tivo lugar o pe do monumento a Ramón Cambanillas no Paseo da Calzada alí Xaquin Xesteira deu lectura o Manifesto por Rosalia que era lido o mesmo tempo en toda a nosa nación e Faiscas interpretou varios temas adicados a nosa ilustre escritora. De seguido podeves ver e oir o manifesto lido por Xaquin:
Pero outro grupo tamén se sumou a estes actos e non foron outros que os rapaces de Xironsa que tamén interpretaron unhas pezas polas rúas cambadesas, parando especialmente na Praza de Alfredo Brañas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario