Páginas

24 de feb. de 2013

LOUZAN A PUNTO DE SER AGREDIDO EN GONDOMAR O VENRES PASADO

OS DAS PREFERENTES, INDIGNADOS E CON RAZÓN, QUITARONLLE AS CORES O DE RIBADUMIA. 
PIDIRONLLE A DIMISIÓN E ESTE NEGOUSE.
IGUAL NON SE TARDA MOITO NO SALNÉS EN VER UNHA COUSA PARECIDA
Crónica dun "cara a cara" de máis de dúas horas entre os aforradores afectados polas preferentes e subordinadas con Rafael Louzán e os alcaldes do Val Miñor.
Membros das plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas tiveron un especial cara a cara co presidente da Deputación, Rafael Louzán, este venres en Gondomar. Ao rematar un acto cultural abordáronlle ca fin de que asinara unha declaración na que se comprometía a dimitir do Partido Popular se os "xefes populares" non mudaban a súa actitude con respecto ao conflito das preferentes e subordinadas para que os afectados poidan recuperar todos os seus cartos. Declaración que fora asumida polo alcalde popular de Oia  durante a mañá. 
 O presidente negouse, máis mantivo un diálogo cos afectados no que non faltaron os rifi-rafes entre as partes. Por máis de dúas horas, os afectados esixíronlle a Louzán e mais aos alcaldes de Baiona, Gondomar e Nigrán que o acompañaban, para que cumpriran as promesas electorais do PP, nomeadamente unha solución que non implicara quitas na devolución dos seus aforros.



“Onde están as promesas da campaña, Louzán?”, gritaban os das preferentes.
Rafael Louzán: “Iso de, Que estades facendo? me soa como se eu e estes señores foramos os propietarios do banco”.
Nada mais dicir esta frase tivo que oir de todo, unha frase dita con chuleria como fai Louzán. Pero nosabia o de Ribadumia que para el o Val Miñor e terreo perigoso, iso non é o Salnés.
A outra esixencia plantexada durante a improvisada audiencia foi que o Partido Popular axeitara o ritmo das arbitraxes de consumo, e acadaran o mesmo ritmo que tiveron durante o período da campaña electoral das eleccións autonómicas, cando eran próximo ás 300 citas diarias, o triplo das actuais.



Os afectados lembraron a Louzán que hai unha resolución do pleno da Deputación para non admitir quitas aos aforristas.
Aínda que non acompañaron a iniciativa política presentada polos afectados, os alcaldes miñoranos e máis o presidente da deputación de Pontevedra e presidente do PP provincial, Rafael Louzán, prometeron aumentar as presións e dilixencias cara a axilizar a solución ao tema das preferentes e subordinadas. Á vez que insistiron que eles estaban "do lado dos seus veciños".



Amigos, non!
Os afectados pola estafa das preferentes marcharon da Aula de Cultura Ponte de Rosas sobre a media noite coa certeza de que o encontro non aportaría nada novo á situación, segundo declararon a Valminor.info. Tanto os voceiros de Gondomar, como os de Vigo e o Baixo Miño, entenden que a negativa dos parlamentarios populares a aumentar o número de arbitraxes –manifestada nunha votación no parlamento galego- é a verdadeira "cara" do Partido Popular neste tema.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.