“MOLUSCADA AO ALBARIÑO” UN MANXAR PARA MOI POUCOS.
Os irmáns do Restaurante "Can Roca" sito en Girona-Catalunya acaban de mostrar un plato no Fórun Gastronomic de Girona en homenaxe a Galicia chamado "moluscada de albarinho".
![]() |
| Moluscada do Albariño |
O “Can Roca” está situado como o segundo mellor restaurante do mundo, conta con tres estrelas Michelin e, sobre todo, materializa unha historia “gastroempresarial” de éxito que suma varios ingredientes: unha negocio familiar, un modelo que aglutina un restaurante de alta cociña, un negocio de eventos e unha xeladeria; e un reparto equilibrado de papeis entre tres irmáns desde o punto de vista gastronómico. GASTROECONOMY “conta” a través de imaxes algúns dos pratos actuais do restaurante de Joan, Josep e Jordi Roca.
Para moitos foodies( clase moi particular afecionadas a comida e bebida) ultraexigentes, O Celler de Can Roca é o restaurante perfecto. Digamos que como a perfección é máis un anhelo que unha realidade, este negocio de Girona podería ser cualificado como o restaurante cuasiperfecto. O mellor é o motivo de semellante perfección: pura xenética.
Joan, Josep e Jordi Roca asinan a terceira xeración dun negocio familiar que ten o seu primeiro antecedente histórico en 1920, cando Joan Roca e Angeleta, os seus avós, inauguraron unha fonda en San Martín de Llémena, na Garrotxa. Os seus fillos Montserrat e Josep (pais da actual xeración) abriron en 1967 unha casa de comidas que hoxe segue funcionando e onde, por certo, cada día o equipo do Celler de Can Roca acode a xantar a comida da “familia” (é dicir, na xerga culinaria, a comida do persoal). En 1986, Joan e Josep Roca, o maior e o mediano da saga, arrincaron O Celler de Can Roca co soño de construír un restaurante gastronómico. Anos despois, sumouse o menor da familia, Jordi, que acabou seducido polo mundo doce. Aquel soño cumpriuse ou máis aínda. O Celler de Can Roca, con tres estrelas Michelin desde 2009, está situado como o segundo mellor restaurante do mundo, na Lista S. Pellegrino, publicada anualmente na revista británica “Restaurant”.
Ben xa sabedes que se queredes ir tedes que reservar, e levar moitos, pero que moitos cartos.



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.