10 de mar. de 2013

RECEITAS DE TODA A VIDA PARA COMBATER A DEMENCIA SENIL

OS SABORES DA INFANCIA AXUDAN AOS ENFERMOS A RECORDAR
Ter un lugar no que contar o que lle estaba pasando e, de paso, no que deixar as receitas de cociña que sempre lle pedían os seus amigos.
Con esta intención naceu "A cociña do meu avó", un blogue que hoxe é dos máis coñecidos na rede e que recibe dúas mil visitas diarias. A súa autora é Rocío Garrido, unha veciña de Vilalonga que un bo día tivo que deixar de traballar para facerse cargo do seu avó, ao que un ictus lle causou demencia senil. En Internet bautizouno como Yayo, e aproveitou o seu blogue para contar a súa enfermidade e como a comida é tamén unha forma de terapia. Yayo faleceu fai xa un mes pero a súa esencia segue viva grazas á súa neta. E aos seus fans, que se contan por miles na rede.
«Creei o blog coma unha vía de escape, unha fiestra para saír da casa», reconoce ahora Garrido. Quería «facer un recetario e un pouco de terapia. Contar a evolución da enfermidade do meu avó», engade. A paixón pola comida vénlle a esta veciña de Vilalonga de familia e, por iso, enfermidade e gastronomía maridaron á perfección. «El contábame de cando era pequeno e pedíame comidas. E aproveitei o blog para recuperar todas esas receitas», afirma.
Deste pacto beneficiouse sobre todo Yayo, pois Rocío sostén que «ás persoas con estas enfermidades axúdalles a mellorar. Intentamos que a través da comida o cerebro se active». O seu sistema consistía en preguntarlle que comía de pequeno, «porque eles queren recuperar eses sabores». Con iso lógrase «que estas persoas volvan ter unha vida» e, ao mesmo tempo, garántese que estean ben alimentados. «O médico díxome que aguantou tanto porque estaba moi ben alimentado, estaba forte».
O seu blogue pronto se converteu, ademais dun recetario de cociña, nunha guía que axudaba a outros coidadores. Nela ensináronse trucos «para esconder as proteínas que tanta falla lles fan» ou para variar os sabores «cando teñen que comer papilla, para que non se aburran». Había receitas de xelatinas aromatizadas e remedios naturais contra o estreñimiento. Yayo pronto se fixo famoso. «Moita xente sentíase identificada porque tiña dependentes na casa, Ás veces vos coidadores facemos a estes enfermos máis dependentes do que son. E por iso está ben recibir consellos», relatas Rocío.
O mellor de todo é que Yayo dábase conta de todo e, de cando en vez, preguntaba polos seus fans do computador. «Dicíame ¿que me mandaron esta vez?», explica. E encantáballe saber que era tan famoso. Tiña a máis de dous mil persoas pendentes da súa saúde.
Un  artigo de Maruxa Alfonso.

Ningún comentario: