POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Quizais se por algo se caracteriza a sociedade actual e pola facilidade do acceso á información; nese senso foi fundamental os avances en informática (tanto no campo do
hardware como do software) e sobre todo na aparición dunha ferramenta, que hoxe en dia xa se converteu en imprescindible, como é internet.
hardware como do software) e sobre todo na aparición dunha ferramenta, que hoxe en dia xa se converteu en imprescindible, como é internet.
Con internet, temos acceso a, practicamente, calquera tipo de información por moi rara que esta poda ser ou, como no meu caso, acceso a información da miña patria chica, a través das edicións dixitais dos principais xornais ou da variada oferta de blogs (empezando por este mesmo), que engloban, por exemplo, Asoblog.
Atopábame o outro dia buscando unha noticia a través do Google, cando non sei porque (misterios dos algoritmos polos que se rexe este popular buscador) apareceume unha entrevista que lle realizaron ao noso “querido” alcalde uns meses antes das eleccións municipais de 2011 (en concreto o 21 de febreiro do 2011), a entrevista en cuestión, amosada na edición dixital do xornal “Faro de Vigo”, e vista hoxe en dia dende a perspectiva do que entón dixo Aragunde e do que rematou facendo, é unha clara mostra de ata onde chega o descaro e o cinismo de este personaxe.
A entrevista podería pasar, tranquilamente, como o “perfecto manual para rirse dos cambadeses na súa cara dicindo a primeira parida que se che poida pasar pola cabeza”, e aínda que poida parecer esaxerada esta afirmación, unha vez que vexades a sarta de bobadas que contesta ás preguntas do xornal, xa me contaredes si non parece que este individuo quere tomarlle o pelo a todos os seus veciños.
Para que non se faga moi longo só poñerei tres preguntas coas súas respostas pero totalmente representativas de toda a liña do artigo, irei comentando unha a unha e como non quero nin cambiar unha coma, transcribo as mesmas en castelán tal como veñen escritas. Pero antes non me resisto a comentar o titulo da entrevista : “Impulsaré el traslado de los pubs del casco histórico al entorno de la plaza de abastos” ..... Non sei Luís, pero eu a derradeira vez que estiven en Cambados e, salvo que o posto da churreira a carón da praza de abastos sexa un pub, non vexo que o teu impulso servise pra moito ¿non?, debe ser como cando viaxaches a Alemaña (pasándolle relixiosamente as dietas ó concello) para impulsar a promoción de Cambados en este pais, vamos, que en Santiago están pensando en ampliar o aeroporto pra facer fronte ó elevado numero de voos que chegan (despois o teu viaxe “promocional”), dende Berlín, Frankfurt ou Munich...... pero vaiamos coas preguntas en si:
PREGUNTA – Es usted candidato por vez primera pero ya se ha bregado como alcalde durante dos años ¿Este proceso lo conocía hace cuatro años?
RESPOSTA –Cambados es un modelo en el recambio de alcaldes. Siempre se prepara con suficiente antelación y, de hecho, los cuatro alcaldes, Pillado, Tirado, Tourís y yo nos llevamos de maravilla. Son relevos que se llevan con mucha naturalidad.
Hai que recoñecerlle ao sr. Alcalde que empeza forte: “modelo en el recambio de alcaldes”, “siempre se prepara con suficiente antelación”, “relevos que se llevan con mucha naturalidad”........ Luís , agora que non nos escoita ninguén ¿que estabas fumando cando contestaches a esta pregunta?
A resposta que da Aragunde é mais falsa que unha moeda de madeira, simplemente, hai que ir a historia recente de Cambados pra desmentila : Pillado Montero, o primeiro alcalde “popular”, pouco despois de gañar as eleccións municipais, alegou problemas de saúde pra deixar a alcaldía (problemas que parece ser que non foron inconveniente para ser concelleiro de xustiza da Xunta cando o chamou Fraga) polo que foi substituído por Santiago Tirado, este a súa vez tivo que deixar, antes de tempo, á alcaldía, a raíz dos problemas xudiciais que tivo cunha funcionaria do concello polo que o seu lugar, ocupouno Tourís, o cal, a súa vez, tamén deixou antes de tempo a alcaldía para responder a chamada de Feijoo, sendo esta ocupada polo personaxe que nos ocupa; é dicir: os tres antecesores de Aragunde, non chegaron a finalizar o mandato, sendo substituídos antes de tempo; sinceramente, queridos lectores ¿ a vos parécevos que foron relevos preparados con suficiente antelación e levados con moita naturalidade? ¡non me quero nin imaxinar como serian se fosen feitos a correr!.
Si ata en iso a oposición danvos clases: cando Xosé Antonio Pillado Silvoso decidiu que non se volvería a presentar a alcalde fíxoo coa antelación suficiente, esperando a que finalizase o seu mandato, iso si é un relevo con naturalidade.
Pero agarrádevos os “machos” porque a resposta que da a seguinte pregunta aínda e mellor:
R –El Ayuntamiento de Cambados se caracteriza porque no derrocha y en que se optimizan los recursos. De todos modos, se va a encargar un plan a una empresa especializada para hacer rendir al máximo los Presupuestos. Consistirá en ahorrar en energía, en teléfono, en personal... Toca porque estamos en una época muy difícil. Habrá reducciones en algunas partidas, salvo en servicios sociales, deportes y actividades culturales. En esto no se quitará ni un céntimo.
Sinceramente non teño palabras para definir a catadura moral de este pseudo político: “El Ayuntamiento de Cambados se caracteriza porque no derrocha y en que se optimizan los recursos (...), consistirá en ahorrar en personal (...)”; deixando xa ao lado gastos absurdos como estatuas a ex ministros franquistas, os mais de 35.000 euros que custa, soamente, a comida do domingo do albariño no Parador ou as indemnizacións millonarias ás que ten que facer fronte o concello pola mala xestión de estes individuos, permitirme, queridos lectores, que vos remita a un excepcional artigo publicado neste mesmo blog o dia catorce de xaneiro do ano en curso, o seu título xa vos da unha idea do que entende Aragunde por “aforrar en persoal”: “Cambados, un concello que duplica persoal cualificado”, repito,un artigo moi recomendable onde se di que hai cargos duplicados e ata triplicados, persoal de confianza do alcalde que non se sabe moi ben que fai; pois ben, estes cargos superfluos, e totalmente prescindibles cústanlle ao ano mais de 230.000 euros a tódolos cambadeses, con eses cartos podería, por exemplo, haberse abonado, perfectamente, a paga extra de Nadal dos funcionarios municipais que de seguro que a merecían mais.
Por certo, antes de que me esqueza, non puiden deixar de sorprenderme cando me dixeron, no seu dia, quen era un deses cargos de confianza do alcalde... alguén que recordo, fai anos, velo coller o autobús en Cambados, cos seus irmáns, pra ir a Vilagarcía e alí acudir correndo ao mitin do Bloque e deixarse as mans aplaudindo a intervención de Beiras (daquela membro do partido) e aí o tendes hoxe en dia, acompañando a o alcalde nos “saraos” que procedan, a o carón de Tourís e Rosa Oubiña o dia das eleccións, visitando os colexios electorais, ou cobrando mais horas extras que un reloxo; dende logo, persoalmente, penso que dende a conversión de San Pablo de Tarso ó cristianismo, no houbo nunca un cambio tan radical de mentalidade pero supoño que todo se pode mercar, incluso as inclinacións políticas.
Vaiamos agora a terceira resposta que da esta mente tan iluminada:
R–Lo que peor llevo en los dos años de alcalde es el problema de la gente que pierde su trabajo. Son muchos los padres de familia que han venido a mi despacho para decirme en qué situación se encuentran. En algunos casos hasta me cuesta comer al llegar a mi casa. Es muy duro.
Simplemente conmovedor, que bo corazón tes, Luisiño, vasme facer chorar.
Fai tempo, lin en algún sitio, non recordo agora onde, que unha teoría defendía que a personalidade de cada ser humano tiñan o seu reflexo en animais da natureza, de ser certo esta teoría non teño a menor dubida que o animal que mellor se asemellaría a o noso alcalde é o crocodilo.
O crocodilo cando esta devorando ás súas vítimas, por un proceso fisiolóxico , derrama unhas bagoas, dando a sensación de que chora de pena por comelas, de aí a famosa expresión “bágoas de crocodilo” para expresar cando alguén manifesta un sentimento que realmente non sinte. Con Aragunde pasa o mesmo, di que lle custa comer ó chegar a casa despois de que lle contan o mal que o están pasando moitos ......... pois calquera o diría! porque polas avultadas dietas de restaurantes que lle pasa ó concello no so non parece que perdera o fame senón que cada cada vez que vai a comer a conta das arcas municipais amosa un bo dente.
A Aragunde impórtalle un “bledo” o mal que o está a pasar a xente. Fai uns dous meses, en Sanxenxo houbo unha reunión entre os afectados polas preferentes e membros do PP, incluso había algún alcalde de este partido; entre os afectados polas preferentes hai moita xente humilde, xente que inverteu, enganada, neste produto os aforros de toda unha vida, entre eles, moitos cambadeses ¿onde estaba o noso alcalde?, aquí é onde verdadeiramente se aprecia o que sinte Aragunde pola xente que está a pasalo mal. ¿onde esta a política municipal social en pos da xente que de verdade o está a pasar mal? En outros concellos recortaron en partidas prescindibles como festexos pra intentar botarlle unha man a xente que non ten nin pra comer, aí é onde se nota de verdade a preocupación dun alcalde polos seus conveciños, e non dicindo que che quita a fame os problemas dos demais, pero claro, unha cousa é predicar e outra moi distinta dar trigo.
Supoño que algún pode pensar que Aragunde non tivo o seu dia cando lle fixeron esta entrevista, pero o mellor de todo é que non foi a única; outro dia podemos analizar outras igual de substanciosas que esta e que tamén podedes atopar en internet, simplemente amósovos os titulares, para que vexades que o personaxe promete:
- “Substituír a Tourís foi o mellor adestramento para ser alcalde (La Voz de Galicia, 2 de maio do 2009) : Se o teu exemplo a seguir é Tourís, pois si que están apañados os cambadeses.
- “Vengo del sector del mar y jamás haré nada que perjudique a sus trabajadores” (Faro de Vigo, 26 de maio do 2011): Xa llo fixeches, apoiando publicamente ó actual patrón maior da cofradia de Cambados.
- “Non vou pasar á historia como o alcalde que arruinou o Concello” (La Voz de Galicia, 30 de setembro do 2011): Cambados ten unha débeda de case 4 millóns de euros (un 50 % do seu orzamento anual) e se atopa entre os 1000 concellos mais endebedados do estado, ¡eu non estaría tan seguro, Luís!
Dende logo, a modo de resumen, a vista de todo o que se analizou anteriormente e das tonterias que di o alcalde nos medios, eu pregunto para que necesita o Concello de Cambados un xefe de prensa; non é que queira mandar ó paro o meu admirado Benito Leiro, pero coido que unha das súas funcións debería ser orientar ó seu xefe nas cousas que di porque, mal que nos pese, está representando a tódolos cambadeses.
RICARDO DOMINGUEZ REY







.jpg)

.jpg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.