O BNG PIDE HOXE NO CONCELLO QUE ARAGUNDE ACLARE O TEMA
Estes do PP teñen un morro que se o pisan,a ultima que se descubre é que a Vicepresidenta
do Goberno Soraya Saez de Santamaria veu a dar varios mitins no Salnés come en Cambados nun restaurante e a comida pagamolla todos os cambadeses, ao menos isto é o que denuncia hoxe o BNG mediante un escrito presentado por Victor Caamaño que di que, no mes de outubro con motivo das pasadas eleccións galegas, os medios de comunicación recollían a noticia de que a Vicepresidenta do Goberno e membro do Comité Executivo Nacional do PP, Soraya Sáenz de Santamaría, veu a realizar diferentes actos políticos á circunscrición de Pontevedra (entre as vilas visitadas estivo a de Cambados). Ademais é público, porque circulou a noticia a través das redes sociais, que na visita realizada a Cambados xantou, xunto a membros do PP local, no restaurante Casa Rosita.

Así mesmo, ao consultar a Acta da Sesión Extraordinaria celebrada pola Xunta de Goberno Local do día 31 de decembro do ano 2012, no apartado 3 (facturas), encontramos a factura nº de rexistro 001786, polo concepto de CASA ROSITA/XANTAR INSTITUCIONAL CON VICEPRES. E por valor de 266´50 €, que sospeitamos se corresponde co xantar que tivo lugar no citado restaurante por membros do PP local e a Vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría. Debe aclararse que a visita da Vicepresidenta a Cambados foi realizada por motivos exclusivamente electorais, dentro da campaña electoral do seu partido político. Polo tanto non veu en calidade de Vicepresidenta do Goberno senón como Membro do Comité Executivo Nacional do PP. Iso implicaría que debería ser o PP quen se fixera cargo dos gastos realizados por Soraya Sáenz de Santamaría na súa visita electoral a Galiza e, en ningún caso, se deberían pagar con cartos públicos os gastos das campañas electorais de ningún partido político. Como ademais somos coñecedores de que as finanzas do PP están moito mellor cas do noso concello é polo que os nacionalistas solicitan que se lle aclare ao BNG se dita factura se corresponde co pago, por parte do noso concello, do xantar de Soraya Sáenz de Santamaría na súa visita electoral a Cambados nas pasadas eleccións galegas. En caso de que a nosa sospeita se confirmara, esta Alcaldía debería esixir ao PP o reintegro da citada factura por ser un gasto que se corresponde cun acto exclusivamente partidista e, en ningún caso, foi un acto institucional.
Fonte da foto: Facebook.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.