Páginas

3 de mar. de 2013

O GRUPO “7 SETENTA” NO PUB PILÓN DE CAMBADOS

O vindeiro día sábado 9 de marzo  a iso das  once corenta e cinco da noite no Pub Pilón de Cambados, poderemos
gozar dunha fenomenal actuación músical, concretamente o grupo vilagarciá 7 SETENTA quen nos ofrecerá música en directo de Pink Floyd, Eric Clapton, Deep Purple, Rosendo, M Clan, Luz Casal, Bon Jovi, Rolling Stones, Beatles etc. 
7 SETENTA nace como grupo, en febreiro de 1997 en Vilagarcía de Arousa, cando un grupo de amigos e amantes da música dos setenta decididiron  unirse para recrear os temas lexendarios daquela época. 
A formación orixinal estaba formada por sete compoñentes (de aí o seu nome) que formaran parte de diversas bandas na década dos setenta. 
A primeira actuación foi no verán dese mesmo ano, actuando como teloneiros de Rodrigo, Adolfo e Guzmán (representantes de España no Festival de Eurovisión nos anos 80), e obtendo un gran éxito de público e crítica. 
A partir dese momento sucedéronse as actuacións, sobre todo na zona do Salnés (O Grove, a Illa de Arousa, Cambados, Sanxenxo, Portonovo, Vilagarcía, ), na zona do Barbanza (Boiro, Sta Uxía de Riveira, Rianxo, ),  
Durante os seguintes anos, ademais da grabación do seu primeiro CD en “A Neveira” e das referidas actuacións nas diferentes poboacións mencionadas, realizaron innumerables concertos en distintos Pubs e Discotecas tanto na provincia de Pontevedra como na da Coruña e Ourense, actuando nas festas do Sar en Santiago de Compostela, na Semana Grande das festas de Vigo, na Praza de Curros Enriquez de Pontevedra, nas festas patronales de Ribadeo, en Ponteareas, na Carballeira de Brión, no I Edición da Festa do Mexilón de Vilanova, nas festas patronales da Laxe e Rubiáns (onde tamén actuaron para a inauguración do Centro Cultural) e seguindo as actuacións por diferentes locais musicais de Galicia, compartindo escenario con grupos de renombre como Os Módulos, M Clan ou Presuntos Implicados. 
En febreiro de 2006 celebraron o décimo aniversario da formación do grupo no pub Sama Sama de Vilagarcía, concerto en que se integraron voces femininas. Estas compoñentes do grupo (profesoras as tres), pertenceran a un grupo de música coral e reencontráronse tras algúns anos cando as chamamos para integrarse na nosa formación. O que nos permitiu ampliar o repertorio incluíndo temas de voces femininas, aportando máis variedade interpretativa nos concertos que ofrecemos. 
No ano 2007 pecharon as festas patronales de Vilagarcía de Arousa cun multitudinario concerto na Praia de Compostela, a noite do Combate Naval. 
Mención especial é a actuación do verán nas festas patronales de Vilagarcía (ano 2008) cando realizaron, xunto coa Banda Municipal e ao longo de hora e media, un concerto monográfico de PINK FLOYD.  
NADAL
Actualmente a banda consta de sete compoñentes interpretando un amplo repertorio composto de versións de músicos como Pink Floyd, Eric Clapton, Deep Purple, Rosendo, M Clan, Luz Casal, Bon Jovi, Rolling Stones, Beatles.
Non fai moito incorporouse o grupo un guitarrista excepcional que enseguida se acoplou a banda, trátase dun mozo de Godos chamada Nadal,  que fai verdadeiras marabillas coa guitarra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.