POR ANTÓN LUACES
O presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, Benito González Sineiro, abriu as portas á discusión sobre a retribución do seu cargo ou o dos patróns
maiores dos pósitos galegos.
maiores dos pósitos galegos.
Acusado ante a Fiscalía por un presunto delito de cobros de retribuciones de forma ilegal -percepción indebida de caudales públicos, malversación, ocultación de datos económicos ao Tribunal de Contas e de dispoñer dunha conta corrente á que se derivaban importes percibidos e non declarados, e de cobrar de forma presuntamente ilegal 3.000 euros mensuales durante oito anos a unha asociación de bateeiros para abonar os custos de vixilancia paga pola Consellería do Mar-, Benito González compareceu a principios de mes ante o xulgado de Instrución número 1 de Santiago para tan só responder ás preguntas do seu avogado e manifestar que as cantidades denunciadas por Agamar (Asociación Galega de Mariscadoras) foron percibidas en concepto de "indemnización". Para González Sineiro as funcións de presidente da Federación Galega ou as de patrón maior dunha cofradía de pescadores han de ser retribuidas como o son as dos funcionarios.
Sendo un e outro cargos electos e as cofradías entidades de dereito público sen ánimo de lucro, parece fóra de lugar -e máis nun momento de serias dificultades económicas para todas as cofradías galegas- que se suscite a percepción de salarios ou "indemnizacións" -non así o cobro de dietas e quilometraje por asistencia a reunións convocadas por si ou por outra entidade ou organismo-. Será o xulgado de quenda o que interprete unha norma que prevé a posibilidade dunha compensación económica -gratificación en concepto de gastos de representación- polos días de traballo perdidos na mar por mor da dedicación á cofradía ou federación de cofradías.
Agora ben, a compensación ha de ser, necesariamente, aprobada polo cabildo da entidade como xunta directiva que é da mesma. Recibir, como parece ser o caso, importantes cantidades de diñeiro á marxe das formulacións do cabildo de cada pósito ou do órgano competente da Federación Galega, non parece unha aceptación do reglamento das citadas entidades consideradas estas, como xa se dixo, corporacións de dereito público sen ánimo de lucro.
Agora ben, a compensación ha de ser, necesariamente, aprobada polo cabildo da entidade como xunta directiva que é da mesma. Recibir, como parece ser o caso, importantes cantidades de diñeiro á marxe das formulacións do cabildo de cada pósito ou do órgano competente da Federación Galega, non parece unha aceptación do reglamento das citadas entidades consideradas estas, como xa se dixo, corporacións de dereito público sen ánimo de lucro.
Sendo así, pódense xustificar as "indemnizacións" dun patrón maior ou presidente de federación, á marxe desoutros conceptos de percepción de cantidades para atender os gastos que xa sufraga a Consellería do Mar?
Benito González Sineiro aparece ante os xuíces como un home sen o apoio dos seus propios compañeiros de federación. E á marxe de si houbo ou non convocatoria para ese efecto, tampouco no xuízo celebrado o mes pasado produciuse a concurrencia presumible de patróns maiores por canto só 2 dos 72 existentes na comunidade galega fixeron acto de presenza no mesmo.
Un artigo de ANTON LUACES, PUBLICADO O 09/03/13 NA PERIODICO "LA OPINIÓN DE CORUÑA".





Ningún comentario:
Publicar un comentario