Páginas

12 de mar. de 2013

PP: ” BALÓNS FORA”

O BNG considera lamentable e penosa a xustificación do alcalde do PP sobre o caso da indemnización que o concello ten que pagar ao demandante de Vilariño por, primeiro, outorgarlle una licenza municipal e,
posteriormente, cando a obra estaba feita, retirarlle dita licenza.  Resulta irrisorio que na cuestión de outorgamento de licenzas municipais, o PP tamén lle bote a culpa ao bipartito.
Como nos ten acostumados o PP, unha vez máis non asume a responsabilidade que supón o exercicio de gobernar; a culpa sempre é dos demais. Pero nesta ocasión xa non é crible; as licenzas municipais outórgaas o concello e para iso deben pasar, non só polo informe técnico correspondente, senón ademais pola aprobación da Xunta de Goberno Local, composta exclusivamente por concelleiros do PP. Ademais, neste tipo de licenzas, a lei é moi clara: “Lei do Solo de Galiza” (Lei 9/2002: lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galiza: prohibe, expresamente, este tipo de construcións industriais nos núcleos rurais). 
Aragunte quere:........fodernos.
O que  ocorre  no concello de Cambados é que se está  moi mal acostumado e, en ocasións,  concédense  licenzas irregulares (como é o caso) ou non se esixen (como no “Pinal de Maza”) dependendo de quen sexa o solicitante da licenza e baixo a súa responsabilidade, agardando que ninguén se lle ocorra denunciar a citada irregularidade. E no caso de que haxa alguén que a denuncie, sempre se lle poderá botar a culpa ao BNG.
E por moitas xustificacións que queira dar o alcalde, en cuestións urbanísticas, nos últimos anos, hai demasiada “escuridade” e excesivas preguntas sen responder: Así  por exemplo, debe aclararse:
Foi esta metedura de pata, a razón pola  que o concello apartou ao técnico municipal de urbanismo das súas competencias no outorgamento de licenzas de obras? Por que posteriormente a esa decisión se contratou a un arquitecto técnico externo, pasando o concello a ter que pagar dous salarios por realizar un mesmo traballo? Por que razón foi despedido ese novo técnico un tempo despois? 
Porque na actualidade, nun momento onde hai moi poucas peticións de licenza de obras, o concello paga dous técnicos para realizar esta tarefa cando no momento do “boom” urbanístico este traballo o facía un só? Por que con dous técnicos e case sen demanda, as licenzas municipais tardan una eternidade en ser  concedidas, co prexuizo que isto está a supor para as poucas empresas da construción que sobreviven, nestes tempos, con dificultade? 
Ademais,  pagará o concello as costas deste contencioso perdido? Hai novas  demandas sobre este caso, esixindo unha indemnización maior por parte do concello?
En fin, que o tema é moito máis complexo do que nos quere facer ver o alcalde. Que Luís Aragunde debe asumir responsabilidades, dar moitas explicacións, e non botarlle as culpas a non se sabe quen. É dicir:  transparencia Señor Aragunde!
NOTA DO BNG DE CAMBADOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.