O PINAL DE MAZA É O EXEMPLO.
FAN UNHA CONEXIÓN OS SUMIDOIROS SEN LICENCIA E O CONCELLO NON PAROU A OBRA.
FAN UNHA CONEXIÓN OS SUMIDOIROS SEN LICENCIA E O CONCELLO NON PAROU A OBRA.
Recementente os nacionalistas cambadeses presentaron escrito no concello de Cambados dicindo que hai uns días, o BNG estivo a consultar os expedientes municipais relativos ás últimas actuacións realizadas nas propiedades que forman o “Pinal de Maza” debido aos continuos anegamentos producidos no Lugar de San Antón como consecuencia da transformación ilegal do bosque da citada propiedade nun cultivo de albariño (recordámoslle que a día de hoxe esta propiedade segue a estar considerada nas NNSS do noso concello como ORDENANZA 9: SOLO NON URBANIZABLE DE PROTECCIÓN DE ZONAS FORESTAIS, polo que actualmente hai aberto un proceso xudicial por posible delito contra a ordenación do territorio). Que, ademais, con data 17 de decembro de 2012 presentaron no concello unha batería de preguntas sobre a citada problemática, que foron respondidos no último pleno; respostas que requiren certas puntualizacións.
Seguen dicindo os nacionales que na visita ao concello se lles facilitaron dous expedientes, relacionados con dúas actuacións no Pinal de Maza, que tras ser consultados, producíronnos sensacións contraditorias. Nun deles, os propietarios solicitaban un permiso para a construción dunha caseta para gardar os aparellos de labranza. Resulta curioso, polos antecedentes deste caso, a sensibilidade manifestada polos peticionarios ao asegurar, na súa solicitude, que se ía construír unha caseta que se integraría perfectamente na paisaxe. O BNG pregúntase a que paisaxe se referían con respecto á integración da citada caseta: a actual plantación ilegal de albariño ou ao bosque que legalmente debería haber nese lugar (recordámoslle que o xulgado tamén ten abertas dilixencias por un posible delito contra os recursos naturais e o medio ambiente).
A información consultada no segundo expediente resulta aínda moito máis lamentable por reiterativa e porque demostra, novamente, a inacción e o amparo do concello contra as ilegalidades cometidas polos propietarios da plantación e porque, ademais, estes días veñen de comprobar as graves consecuencias que esta obra está a causarlle aos veciños/as, en forma de continuos anegamentos de auga, pedras e barro, así como aos continuados gastos que está a supor para as arcas municipais o acondicionamento do lugar por parte de empregados públicos.
Nese expediente se solicita unha conexión coa rede municipal de sumidoiros pero resulta que os peticionarios comezaron a realizar dita obra sen ter concedida a previa licenza municipal, polo que non se pode entender como o concello non actuou de inmediato paralizando ditas obras que, por outra banda, eran perfectamente visibles xa que se realizaban en plena beirarrúa, co agravante de que na citada propiedade traballa un concelleiro do PP que se supón, estaría ao tanto do estado da obra e debería haber informado ao concello. Así mesmo, a resposta do concello neste caso, consiste simplemente en deixar que fagan a obra e abrir un expediente de recuperación da legalidade urbanística, é dicir, o concello aplicará unha pequena sanción por facer unha obra que de ningún xeito se podería legalizar. En resumo, a sensación é que con esta actuación o concello tenta solucionarlle un problema máis a unha obra que foi feita de xeito ilegal e que agora todos/as estamos a sufrir as consecuencias de xeito directo ou indirecto.
Con anterioridade a esta obra non se producía o que hoxe está a ser habitual en San Antón cada vez que chove, pois agora as augas de chuvia que arrastran a terra e o barro desta propiedade (porque houbo movemento de terras previo, aínda que o concello prefire ocultalo) son depositadas diante das vivendas próximas e na estrada, o que incrementa a perigosidade viaria nesta zona. Non é razoable nin normal que as riadas que agora se forman no Pinal de Maza se canalicen á rede municipal de sumidoiros que, ademais, segundo determinadas informacións, trátase da rede de sumidoiros de augas fecais,

1.- Que medidas vai a tomar o concello con respecto á obra realizada (conexión de augas pluviais coa rede de sumidoiros no Pinal de Maza) sen licenza municipal? O feito de impoñerlle unha sanción será suficiente para legalizar a obra de conexión das augas pluviais á rede de sumidoiros?
2.- Existe rede de sumidoiros de augas pluviais onde se realizou a citada conexión?
3.- Inspeccionaron os técnicos municipais as características da conexión realizada polos peticionarios? En caso afirmativo: considérana adecuada?
3.- Que medidas vai a tomar o concello para impedir que cada vez que chova se sigan producindo anegamentos, no Lugar de San Antón, debido á transformación do Pinal de Maza nunha plantación de albariño?

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.